29 de nov. de 2018

O SISTEMA SOLAR BY 2º DE PRIMARIA

Ao longo desta semana, os nenos e nenas de segundo de primaria pasaron polas aulas de infantil para expoñer todo o que aprenderon sobre o SISTEMA SOLAR. 
Damoslles as gracias por compartir as súas maquetas e os seus coñecementos . Un traballo precioso e moi científico!!!
Moitas gracias nenas e nenos de 2º!!

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

   O alumnado de 6º de primaria seguen a amosar o seu dominio da ciencia. O experimento desta semana foi sobre a tensión superficial dos líquidos.
  Como sempre, foi xenial!!!







28 de nov. de 2018

EXPOSICIÓN CIENTÍFICA

  O alumnado de 2º de primaria leva tempo aprendendo cousas do SISTEMA SOLAR.
  Despois dun longo traballo de investigación e elaboración de maquetas, chega por fin a hora de amosar todo o que saben.
  O alumnado de infantil foi o público escollido para amosarlle as maquetas e o seu gran dominio do tema.
   Ao remate preguntaron sobre os planetas, estrelas, satélites, o súas ideas...

MOI INTERESANTE




PARABÉNS!!!

26 de nov. de 2018

CIENCIA NA BIBLIOTECA

Continuamos coa actividade de CONTOS CON CIENCIA.
Esta semana un alumno de 6º contounos "CANTAS PINGAS NA CIDADE" de Eva Montanari da editorial OQO editora e outros compañeiros realizaron un experimento donde puidemos observar o ciclo da auga.





GRAZAS POLAS VOSAS EXPLICACIÓNS E  PARTICIPACIÓN !!!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



   O 25 de Novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a Violencia  de Xénero. Con motivo desta conmemoración esta semana escoitaremos a Rozalén coa  canción " La puerta violeta " interpretada en linguaxe de signos polos alumnos do CFGS Integración Social do IES Ben Gabirol.
                              DISFRUTADE COA MÚSICA!!!


 
 
 

  

Parabéns a Enara e os seus compañeiros de 6º de Primaria pola súa participación no concurso.

20 de nov. de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

   Continuando coas actividades do MES DA CIENCIA, hoxe inauguramos unha exposición temática sobre instrumental de laboratorio. Podedes ver: vasos de precipitado, morteiros, probetas...e ata unha pequena colección de microscopios!!!




Tamén sorteamos os premios da 1ª semana do concurso " A pregunta da semana " sobre unha das científicas galegas expostas nos paneis informativos do corredor da biblio.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR ESTA 2ª SEMANA DE CONCURSO!!!

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA




    

       Hoxe, conmemorando  O Día Universal da Infancia  puidemos disfrutar na entrada da escola dunha serie de contos sobre os dereitos e obligacións dos nenos/as. Teredes toda a semana para lelos.
       
                                                        ANIMÁDEVOS
 

18 de nov. de 2018

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

   
    O 20 de novembro celebramos O Día Universal da Infancia. Nesta data en 1989 a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos dos Nenos que consta de 10 principios nos que se recoñecen dereitos á liberdade,  contra a discriminación, a ter un nome, a unha nacionalidade, á educación, á sanidade, a ser protexidos...
   No noso colexio celebramos esta data concienciando ao noso alumnado na colaboración e na solidariedade cos máis desfavorecidos e que non gozan dalgúns dereitos recoñecidos.

16 de nov. de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

A biblioteca neste mes está convertida nun laboratorio!
Hoxe venres, o alumnado de Infantil asistiu o primeiro  obradoiro de CONTOS CON CIENCIA.
Un neno de 6º contou o conto: "Un monstro de cores" de Anna Llenas, editorial flamboyant, e a continuación, dividímonos en grupos para realizar un experimento de mesturas de cores cos padriños científicos.






FOI UNHA EXPERIENCIA MONSTRUOSA!!!
O PRÓXIMO VENRES MÁIS!!!

DÚAS POETAS DE PREMIO: FRANCISCA AGUIRRE E IDA VITALE!!!

Francisca Aguirre  (Alicante, 1930) foi galardonada co Premio Nacional das Letras 2018, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte. Distingue a un escritor/-a polo conxunto da súa obra literaria, en calquera das linguas españolas.
É unha poeta da Xeración dos 50. A súa obra completa está editada por Calambur  e titúlase "Ensayo general". Os seus poemas están traducidos ó francés, italiano, portugués e árabe.
Nun dos seus últimos poemas di que " a súa casa é unha vella enciclopedia".



Ida Vitale (Montevideo, 1923), premio Cervantes 2018. Está considerado como o Nobel da literatura en castelán.
Poeta vanguardista latinoamericana, caracterízase por escribir poemas curtos, cunha búsqueda do sentido das palabras, é representante da poesía esencialista.
 Escribiu varias obras, destaca "La luz de esta memoria", "Palabra dada", "Sueños de la constancia"...


HABELAS HAINAS!!! PARABÉNS!!!

12 de nov. de 2018

CIENTÍFICAS GALEGAS



Nesta entrada tendes unha pequena reseña informativa sobre as mulleres científicas expostas no corredor da biblioteca para solucionar os kahoots.
Enlace con información das científicas galegas.
Despois de ler as súas biografías podedes intentar resolvelos seguintes kahoots.

Mª Inmaculada Paz Andrade

9 de nov. de 2018

XORNADA DE XOGOS E CONVIVENCIA

   A falta dun magosto con castañas, tivemos unha xornada de xogos. Un ano máis, alumnos do XOÁN XXIII de Cangas compartiron con nos unha divertida mañá.
   Os pasillos do colexio enchéronse cos xogos de madeira elaborados por eles, que tamén exerceron de monitores.

8 de nov. de 2018

HABELAS...HAINAS

  Co título do PDI deste curso "HABELAS...HAINAS", as diferentes titorías, especialistas e departamentos fixeron carteis homenaxeando a unha muller destacada.
  Están expostos na entrada e servirán de ilustracións para o calendario 2019.

20.00 LEGUAS BAIXO DOS MARES

    Queremos agradecer o agasallo da asociación JUAN XXIII que loita pola inclusión das persoas con discapacidade.
     Esta adptación da obra de Julio Verne ten unha lectura fácil. Recomendada tanto para persoas con discapacidade como para maiores.
MOITAS GRAZAS!!!

CHARLA CONTRA LA VIOLENCIA

   O vindeiro 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. A garda civil acudiu ao noso centro para tentar concienciar ao alumnado de 5º e 6º de primaria deste enorme problema.

Foi moi axeitada ao nivel, dinámica e ilustrativa.

5 de nov. de 2018

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA

   Neste mes coñeceremos CIENTÍFICAS GALEGAS, que HABELAS...HAINAS

4 de nov. de 2018

CASTAÑA CASTAÑA DO CHAN SE APAÑA!!!


ADIVIÑA ... ADIVIÑANZA...

Son de cor chocolate
ábrese coa calor
e se as botas ao lume
estoupan con gran sabor.                                                                
Redondiña, moreniña...pódese comer crúa, asada ou cocidiña.
  
Semana de outono, semana de magosto
 no CEIP Plurilingüe Montemogos ao ritmo da cantiga " ARAO" .
            DISFRUTADE COA MÚSICA!!!

   
                                     

2 de nov. de 2018

Samaín 2018

O 31 de outubro celebramos  o  SAMAÍN que noutros sitios chámase Halloween.
exposición de cabazas, coa temática do proxecto deste curso, foi un gran éxito, grazas á colaboración das familias. Puidemos ver moitas diferentes e con diversos estilos; unha gravada con versos de Rosalía, mulleres traballadoras, Rosa Park, Teresa Portela, Frida Kahlo, Valentina Tereshkova,...



O centro estivo decorado de forma terrorífica... ata tivemos un photocall:

 



Os voluntarios lectores de 6º dramatizaron,  con marionetas, o conto "UN, DOUS, TRES, VAMPIRO TI ES", para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e  3º de Primaria.




O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria disfrutaron  da película "COCO"


A Anpa organizou unha gran festa de Samaín, os nenos e nenas viñeron disfrazados, pintados terrorificamente incluso recorreron o pobo xogando o "Truco trato".
FOI UNHA XORNADA ESPELUZNANTEEEEEE!!!!