Amosando publicacións coa etiqueta Concurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso. Amosar todas as publicacións

14 de xul. de 2023

Finalista no VI Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega!

 O microrrelato escrito por Nerea Villanueva de 6º de Primaria, titulado "Somos mulleres" resultou finalista da categoría Infantil do VI Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal.

Os relatos gañadores e finalistas serán publicados proximamente na revista Luzes.

Parabéns para Nerea e para todas e todos os participantes neste concurso, especialmente aos nenos e nenas do noso centro!

Grazas pola ledicia e a motivación que dá acadar por segundo ano consecutivo un premio neste certame!

Ánimo e a seguir escribindo, contando, emocionando...

Máis información en:

2 de xuño de 2022

Gañadora do V Concurso de Microrrelatos!

Para nosa ledicia unha das alumnas da clase de 4º, Elena,  é a gañadora na categoría Infantil do V Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal.

Durante o mes de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria leu e escribiu microrrelatos na biblioteca nun obradoiro de escritura creativa, como podedes ver nesta entrada do blog:

https://bibliomontemogos.blogspot.com/2022/02/microrrelatos.html

Seleccionaron oito pequenas historias para enviar ao V Concurso de Microrrelatos  e chegou a gran noticia!

Podes ler a noticia neste enlace: https://academia.gal/-/premios-quinta-edici-c3-b3n-do-concurso-de-microrrelatos?redirect=%2Fcomunicacion%2Fnovas

PARABÉNS para ela e para toda a clase!

As nosas felicitacións tamén para Antía, alumna do IES Johan Carballeira, gañadora da categoría xuvenil!




24 de out. de 2021

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS,  recordando a destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

Alberto Moital, concelleiro de Patrimonio, Arquivo e Bibliotecas, invitounos a participar no xogo "Cita co libro" na biblioteca Torrente Ballester de Bueu.

Trátase dun xogo de pistas que consiste en adiviñar que libro se agocha nunha serie de caixas.

Anímate e participa do 21 ao 29 de outubro!



4 de mar. de 2020

CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN

Co motivo da celebración do Día da Muller o concello de Bueu organiza, o venres 6 de marzo, o II Pleno pola Igualdade e o luns 9 o acto institucional, no Centro Social, onde o noso alumnado fará a declaración conmemorativa.
No concurso de viñeta e ilustración deste ano presentáronse máis dun centenar de ilustracións e máis de 60 microrrelatos, biografías e poemas.
Rosana, de 6º de Primaria, recibirá unha mención especial polo seu poema.
PARABÉNS! 

Máis información:
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2020/03/04/bueu-celebra-segundo-pleno-igualdad/2257129.html
https://concellodebueu.gal/o-concello-elixe-os-traballos-ganadores-dos-certames-educativos-a-igualdade-no-traballo/

28 de feb. de 2020

PREGUNTA

Cal é o nome da escritora galega que estivo de aniversario esta semana?

14 de feb. de 2020

PREGUNTA

Le as entradas do blog desta semana e responde:
-Que escritora gañou o  PREMIO MATILDE BARES que concede o Concello de Bueu?

7 de feb. de 2020

PREGUNTA

Le a noticia publicada no blog e responde:
Como se chama a investigadora  que pasou máis tempo na Estación Espacial?

3 de feb. de 2020

PREGUNTA

-Por que se celebra o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA o día 30 de xaneiro?

16 de dec. de 2019

PREGUNTA

Busca nas entradas antigas:
-Cando se celebra o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL? Que é a DIVERSIDADE FUNCIONAL? 
Non esquezas pór o teu nome.

5 de dec. de 2019

PREGUNTAS

  1. En que cidade se está celebrando a reunión internacional sobre o cambio climático?
  2. Enumera tres accións que podemos facer no teu día  a día para frenar o cambio climático

22 de nov. de 2019

PREGUNTA DA SEMANA

Le a noticia desta semana 200 ANOS DO MUSEO DO PRADO e responde:
-TÍTULO DUNHA OBRA QUE ESTÉ NO MUSEO DO PRADO QUE CHE GUSTE.

15 de nov. de 2019

PREMIO CERVANTES

O poeta catalán Joan Margarit gañou o  Premio Cervantes 2019, o galardón máis importante das letras en español que concede o Ministerio de Cultura. Está considerado como o Nobel das letras hispánicas, será entregado o 23 de abril, Día do Libro.


Le a noticia pinchando no nome do poeta e responde:
Como se chama o poeta catalán gañador do Premio Cervantes?

8 de nov. de 2019

MARGARITA SALAS, CIENTÍFICA



A bioquímica Margarita Salgas (Canero, Asturias, 1938), faleceu en Madrid aos 80 anos.
Foi unha das maiores científicas españolas do século XX.

Investigadora do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, en Madrid, Salas seguía traballando no seu laboratorio. "Non concibo a vida sen investigación”, sinalou Salas ao recoller o pasado xuño en Viena o Premio Inventor Europeo concedido pola Oficina Europea de Patentes e Marcas.

Entre os logros da súa carreira, Salas conta co descubrimento da ADN polimerasa do virus bacteriófago phi29, que ten unha aplicación crucial en biotecnoloxía: permite amplificar o ADN de maneira sinxela, rápida e fiable. Por iso úsase en medicina forense, oncoloxía e arqueoloxía, entre outras áreas. Esta tecnoloxía foi ademais a patente máis rendible do CSIC.

https://www.csic.es/es/actualidad-del-csic/fallece-margarita-salas-una-de-las-mayores-cientificas-espanolas-del-siglo-xx


PREGUNTA:
NOME DO CIENTÍFICO ESPAÑOL, GAÑADOR DUN PREMIO NOBEL, CON QUEN TRABALLOU MARGARITA SALAS.
(Non esquezas responder como si fora un comentario. Pon o teu nome)