Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

3 de xuño de 2023

As matemáticas do Universo

 Esta tarde de martes gozamos dunha sesión de actividades creativas e lecturas relacionadas cos números e os libros, fiada polas Matemáticas e as Ciencias na Literatura.

Unha sesión de narración oral e estimulación a través do xogo, da man de Sonia Hermida, xornalista especializada en literatura infantil e xuvenil, literatura e inclusión, estimulación, lectura e pensamento crítico...

Unha tarde en familia na biblioteca escoitando, lendo, falando, creando...



























Grazas por compartir esta tarde de lecturas e creación na biblioteca en comunidade!


19 de maio de 2023

Exposición: eXXperimenta en feminino.

 Durante esta quincena podemos ler e aprender coa exposición itinerante:

Catorce paneis informativos que contan a historia de mulleres  destacadas na historia da ciencia, da tecnoloxía, da enxeñaría; científicas, investigadoras, pioneiras que todos e todas deberiamos coñecer.

Esta iniciativa está patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Ten como obxectivo espertar en rapazas e rapaces a vocación científica no campo STEM.







Empezamos a investigalas!

Estade atentos e atentas ao próximo concurso de preguntas...

4 de maio de 2023

Visita de Susana Bastón, oceanógrafa

Hoxe falamos coa oceanógrafa Susana Bastón Meira, nada en Cela, experta en enerxías renovables mariñas.

Viaxamos pola súa traxectoria como investigadora e tratamos o tema da loita contra a basura mariña, importantísima para protexer a biodiversidade dos océanos

É unha gran fan das mates e apaixonada da praia.

 

Escoita a entrevista realizada polo alumnado de Infantil:

https://open.spotify.com/show/6mY4bhZZhrAZl89TyUGeSv

Podcast elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e a mestra Raquel.

30 de abr. de 2021

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º de Primaria quere mostrarvos os seus fantásticos circuítos eléctricos. 
Podedes visitar a exposición o día que vos corresponda no laboratorio.

PARABÉNS A TODAS E TODOS!





19 de nov. de 2020

O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR 4

 Continuamos coas exposicións orais do Sistema Solar polo alumnado de 5º de Primaria. Nesta ocasión son Álvaro e Xulián.

Prestade atención!!!


 

MOITÍSIMAS GRAZAS! PARABÉNS




12 de nov. de 2020

O SISTEMA SOLAR 3

 Continuamos, neste Mes da ciencia, coas exposicións orais sobre "O Sitema Solar" polo alumnado de 5º de Primaria.

Hoxe a quenda foi para Iria, Sheila e Neves, que  aproveitaron o bo tempo para mostrarlle no patio o seu traballo aos nenos e nenas de Infantil.



GRAZAS E PARABÉNS!!!!

10 de nov. de 2020

"O SISTEMA SOLAR" 2

 Carlota, Lucía, Asier e Hugo preséntannos o seu traballo de investigación sobre O SISTEMA SOLAR. Prestade moita atención!

 

PARABÉNS! MARABILLOSO TRABALLO!

Hoxe, aproveitando que o sol brillaba, relizaron unha magnífica presentación para os compañeiros e compañeiras de 2º no patio.

MIL GRAZAS!


8 de nov. de 2020

"O SISTEMA SOLAR"

 O alumnado de 5º de Educación Primaria inicia, esta semana, unha serie de Exposicións Orais sobre O SISTEMA SOLAR apoiándose nas maquetas realizadas.

 

          Moi bo traballo Candela e Sabela! Parabéns!

3 de nov. de 2020

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA 2020

O mes de novembro é moi especial porque é o MES DA CIENCIA.

No manifesto escrito por Xurxo Mariño di:

"Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos..."

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares comparten unha recompilación de recursos relacionados coa ciencia:

Recompilación de materiais de ciencia en galego.

Libros informativos en galego.

Ven á nosa biblioteca e goza coa lectura de libros de ciencia, ficción e non ficción!

Esperámoste!