30 de xuño de 2022

Diploma Recreos Residuos Cero

 Aquí está, un ano máis, o diploma concedido polo Ministerio de Transición Ecolóxica pola participación no programa Recreos Residuos Cero, da man de Teachers For Future Spain.

Moitas grazas pola vosa concienciación e colaboración! Sin elas non sería posible!

Seguiremos o próximo curso e todos os días procura Reciclar, Reducir e Reutilizar. 

29 de xuño de 2022

Obradoiro de Booktrailers

Este curso fomos un dos centros seleccionados dentro da iniciativa "Voluntariado de lectura-A", por iso tivemos a oportunidade de gozar de dous obradoiros diferentes.

As nenas e nenos de 5º de Primaria gozaron con todo o proceso de elaboración dun booktrailer guiados por María, profesional da Comunicación e Educación de Gingko





Visualiza os booktrailers: 


 


 


27 de xuño de 2022

VI CROSS CABO UDRA

 O domingo 26 de xuño celebrouse o VI Cross Cabo Udra con gran éxito de participación.

Grazas á Asociación ASBEL por dinamizar o deporte no noso pobo!


23 de xuño de 2022

GRADUACIÓN 6º PRIMARIA

O mércores 22 celebramos todos xuntos no salón de actos a graduación dos nenos e nenas de 6º de Primaria. 

A continuación gozamos dunha festa de fin de curso por xentileza da ANPA Cabo Udra.

Desexámosvos unhas felices vacacións a todas e todos! 

Cargade as pilas de enerxía positiva para o próximo curso!

Unha aperta moi especial aos nenos e nenas de 6º de Primaria que se despiden do centro e desexarlles moita sorte na súa nova andaina!

FELIZ VERÁN A TODAS E TODOS!









21 de xuño de 2022

Recollida solidaria

Parabéns aos nenos, nenas, familias e a toda a comunidade!

Xa son máis de 200 kg de tapóns recollidos ao longo deste curso!

Seguiremos o curso que vén coa RECOLLIDA SOLIDARIA DE TAPÓNS.

Grazas a todas e todos por colaborar!




Recomendacións verán 2022

 Remata o curso, chega o verán e aquí están as RECOMENDACIÓNS DE LECTURA:



 
"Ler é unha forma de vivir, soñar, viaxar, comprender e aprender" Carmen Rebollo 4º Primaria

Arte efímero: Alfombras florais

 O domingo 19 de xuño celebrouse en Bueu a festa de Corpus, moi popular pola elaboración de alfombras florais polas rúas do noso pobo.

A Anpa Cabo Udra, con colaboración de familias e alumnado fixeron durante a tarde-noite unha preciosa alfombra relacionada coa biblioteca e a maxia dos libros e o 50 aniversario do noso cole.

Parabéns! Moi fermosa!


 

 


19 de xuño de 2022

MINUTOS MUSICAIS!

Chegamos a última semana do curso e con ela a despedida das audicións, nesta ocasión  con unha canción da cantante vasca Izaro :"La felicidad".
 Só desexaros unhas boas vacacións e moita música (está demostrado que a música fai que as persoas nos sintamos máis felices). 


 

       FELIZ VERÁN!!!

16 de xuño de 2022

As familias visitan o centro!

 Esta mañá familias do alumnado de Infantil e de novo ingreso estiveron coñecendo as instalacións do centro.

As nenas e nenos de 4º de Infantil guiaron as súas familias por todo o colexio e, xa na biblioteca, cantaron "Nadando sen parar" e contaron coa mesa de luz "Veo, veo" de Antonio Rubio, ilustrado por Óscar Villán, en editorial Kalandraka.


Os nenos e nenas de 5º de Infantil, dramatizaron e bailaron " A voda da pulga e o piollo" para todas as súas familias e, a continuación, realizaron unha ruta guiada.


Moitas grazas, familias por asistir!

Mil grazas rapazas e rapaces polas fantásticas representacións!
Foi un  momento moi divertido!

Dar a nosa benvida ao alumnado novo e as súas familias!

15 de xuño de 2022

Clausura da biblioteca: contacontos e concerto

 

Esta mañá clausuramos oficialmente a biblioteca por este curso con dúas actividades moi solemnes.

  • A primeira hora todo o alumnado de Infantil asistiu ao contacontos realizado por Carlota e Lucía, dúas voluntarias de 6º. Utilizaron a mesa de luz para contarnos, moi ritmicamente, XOGUETES e VIAXES escritos por Antonio Rubio e ilustrados por Óscar Villán, editados por Kalandraka.



Durante a Hora de Ler, Carmen e Noa de 4º de Primaria, deleitáronnos cun concerto de piano e violín.

Interpretaron varias sinfonías, primeiro a catro mans co piano, a continuación Noa tocou o piano e para rematar Carmen executou unha peza con varias partes co violín.

Estivemos moi atentas e atentos aos silencios para aplaudir sen interromper.

Foi todo un pracer escoitarvos a todas!




Mil grazas por participar sempre nas actividades propostas e por suxerilas!👏👏👏👏

Camiñando ata o pazo de Santa Cruz!

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria acompañados por Noelia (representante da Asociación por Beluso, ASBEL) foron andando e gozando da camiñata ata o pazo de Santa Cruz situado no límite entre Beluso e Bueu.

Visitaron a capela de Santa Ifigenia e os xardíns do pazo onde Noelia nos falou da súa historia e anécdotas. 

 Pasaron polo lavadoiro de Ouril e atoparon con Lucía que viña de lavar a roupa e foi toda unha sorpresa ver o seu equilibrio coa canastra da colada sobre un mulido na cabeza!

Mil grazas a Efigenia e Martín pola súa amabilidade e bo facer!












Grazas a Noelia e a ASBEL pola súa colaboración nas actividades!

14 de xuño de 2022

Faro da Escola

Os nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria, asistiron á gala de entrega de xornais e premios do proxecto de Faro de Vigo, Faro da Escola.





Aliméntate ben!

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de Alimentación Saudable, dentro do Contrato-Programa EDUsaúde.

Despois de escoitar atentamente, elaboraron a súa proposta de menú equilibrado.




FIADEIRO 2022

Recén chegado, xa está aquí, o noso xornal escolar FIADEIRO!

Este curso 2021-2022 o Proxecto Documental versou arredor de A MEMORIA DO NOSO. 

FIADEIRO publícase desde 1978. Nunha primeira etapa dúas veces ao ano, polo Nadal e polas Letras Galegas. 

Recordades antigas seccións, por exemplo, Corren Rumores ou a Creación Literaria ou a Información Deportiva?


13 de xuño de 2022

Encontro con Eva Mejuto

 Hoxe, por xentileza da editorial Xerais, estivo con nós EVA MEJUTO, xornalista, tradutora, escritora. Amante dos libros, das historias ben contadas, das ilustracións que complementan o texto.

Viaxamos e imaxinamos historias con DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS.

Coñecemos que é un álbum ilustrado, as partes dun libro con CANDO LEO.

Gozamos dun tempo cos clubs de lectura de 6º para conversar arredor de A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN, dos seus protagonistas, dos lugares, das redes de axuda, da Historia contada a través dos ollos dunha nena e un neno e das mulleres silenciadas e imprescindibles.

MIL GRAZAS POR COMPARTIR TEMPO E LECTURAS CON NÓS!







12 de xuño de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Esta semana, na que estamos na recta final do curso, escoitaremos a música da película "Carros de fuego" como homenaxe a Vangelis, un dos grandes compositores cinematográficos, falecido recentemente.

 Ademais de "Carros de fuego" pola que acadou un Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal no ano191, é autor de bandas sonoras de películas  tan coñecidas  como "Blade Runner" ou  "1492:A conquista do paraíso".


                                                         FELIZ SEMANA

 

10 de xuño de 2022

DRAMATIZACIÓN HISTÓRICA POR CABO UDRA!

Hoxe, todo o colexio, como peche ao proxecto documental A MEMORIA DO NOSO,  acercámonos a cabo Udra para gozar dunha dramatización histórica en diferentes lugares. 

Pastores nos chouzos, pescadores na praia, traballadoras na fábrica de salgadura de Mourisca, soldados na batería militar e foliada en Chan en Esqueiros!

Foi unha xornada moi festiva!

Moitas grazas á Asociación por Beluso ASBEL e as nenas e nenos que participastes activamente na representación!