22 de xuño de 2015

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2015!!

Como remate final, aquí tendes unhas recomendacións para pasar un bo verán!



BELUSIÑA DESÉXAVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS!!

19 de xuño de 2015

MOITO QUE CELEBRAR!

Hoxe foi un día de celebracións por todo o alto! Por un lado,os nenos e nenas de 6º curso celebraron o seu acto de GRADUACIÓN coa representación da obra de teatro "O traxe do emperador",bailes e recollida de diplomas.
Por outro lado, celebramos o premio ao "Voluntariado de lectura" otorgado dende a Asesoría de  Bibliotecas Escolares polas actividades desenvolvidas ao longo deste curso por un grupo de nenos de 6º curso e polo cal a consellería lle otorgou uns Diplomas de recoñecemento e unhas camisetas chulísimas.
Todo un orgullo para a nosa biblioteca.Continuaremos para o vindeiro curso traballando nesa dirección.

Deixamos unha mostra  deste día cargado de emocións!!!








ENHORABOA A TODOS E TODAS !!!

18 de xuño de 2015

ARTISTAS!!

Temos na entrada do colexio unha mostra de cadros de nenos e nenas do colexio fermosísima!
Aquí tendes unha mostra:



ANIMÁDEVOS A VISITALA!!

17 de xuño de 2015

ÚLTIMO DÍA DE VOLUNTARIADO!

Hoxe os nenos e nenas "Voluntarios lectores" despedíronse dos seus afillados e afilladas, na Hora de Ler, con lecturas compartidas..









UN AGRADECEMENTO ESPECIAL AOS "VOLUNTARIOS" POLA SÚA LABOR, ESFORZO E CARIÑO DEMOSTRADO NESTA ACTIVIDADE  AO LONGO DE TODO O CURSO .

GRACIAS!!

OS PITIÑOS!!

Por fin naceron os pitiños!
Na entrada do colexio instalamos unha incubadora con ovos en relación ao proxecto  "conCiencia", os nenos e nenas de 2º curso de primaria levan o rexistro de días de incubación e de nacementos.
Hoxe cando chegamos pola mañán naceran oito pitiños!












10 de xuño de 2015

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS 2015!

O escritor cubano Leonardo Padura(A Habana, 1955) gaña o Premio Princesa de Asturias das Letras 2015.



 (Preme na imaxe para máis información)

UNHA GRAN CLARINETISTA!

Hoxe, os nenos e nenas de Ed.Infantil poideron escoitar ,en directo, o son  do CLARINETE da man de Ainara (alumna de 6º de Primaria).Un concerto estupendo, quedamos encantados!




MOITÍSIMAS GRACIAS , ESPERAMOS ESCOITARTE EN MÁIS OCASIÓNS!

5 de xuño de 2015

UN DRAGÓN A DIETA!

Hoxe, na Hora de Ler , o alumnado de 1º e 2º curso de primaria tiveron unha sesión de "contacontos" a cargo de dúas nais de alumnos de 2º curso ,a nai de Marcos e a nai de Jose, que viñeron acompañadas dun dragón moi tragón. Velaí os deixamos unha mostra da súa actuación:




Moitísimas gracias pola vosa fantástica participación!

AMANDA E O DRAGÓN !

Onte, os menos e nenas de infantil poideron escoitar unha preciosa historia da man de catro nenos de quinto de primaria: Carmen, Iris, Alex e Giovanni .


MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS AS VOSAS CREACIÓNS!!!

1 de xuño de 2015

DIA DA CIENCIA EN GALICIA

A Real Academia Galega de Ciencias(RAGC) celebra hoxe, día 1 de xuño, o "DÍA DA CIENCIA EN GALICIA" que este ano rende homenaxe por vez primeira a unha muller, a oceanógrafa ferrolana Ángeles  Alvariño(1916-2005), pioneira no estudo do medio mariño.

(Preme na imaxe para máis información)