30 de set. de 2019

GRETA THUNBERG, PREMIO NOBEL ALTERNATIVO

Greta Thunberg, activista medioambiental sueca de 16 anos, gañou o pasado 25 de setembro, o Premio Right Livelihood, coñecido como o "Nobel Alternativo" por "inspirar e amplificar as demandas por unha acción climática urxente baseada en feitos científicos".

Consulta a noticia no FARO DE VIGO.


CADA XESTO CONTA, COIDAR A TERRA É COIDAR A CASA DE TODOS!

29 de set. de 2019

DÍA MUNDIAL DOS MARES

O día 29 de setembro celébrase o Día Mundial dos Mares. Os primeiros seres vivos naceron na auga, hoxe en día os nosos mares están moi contaminados e sobreexplotados.
Aínda estamos a tempo de cambiar...

27 de set. de 2019

VENRES 27: MICROACCIÓNS SEMANA POLO CLIMA E OS MARES

Hoxe, ás 12,00 horas realizamos un parón no centro, coa participación das familias, para reinvindicar que temos que coidar o planeta e os mares.
O xoves realizamos cartaces para concienciarnos que temos que mellorar as nosas actitudes cara a Terra. De forma colaborativa explicamos as nosas propostas e o alumnado voluntario de 6º recitou un poema do libro POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro.











MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NESTA SEMANA POLO CLIMA!

23 de set. de 2019

LUNS 23. MICROACCIÓNS SEMANA POLO CLIMA

Hoxe, luns 23, inicio do outono e minuto de silencio pola Terra, sumándonos á iniciativa de teachers for future na semana de movilización polo clima, concertadas tamén, cos colectivos Madres por el Clima e Families For Future BCN.



Este pequeno encontro de concienciación ambiental, foi  presentado por Eva e Brais.




 O noso agradecemento ás familias pola súa participación. MOITAS GRAZAS.

AUDICIÓNS MUSICAIS

 Unímonos ás accións que levaremos a cabo na Semana pola Terra coa audición da canción " BAJO DEL MAR " da película  A SIRENITA.



19 de set. de 2019

Semana pola Terra

Únete ás accións que levaremos a cabo na Semana pola Terra. Convidamos ás familias a participar o luns 23 nun minuto de silencio polo noso planeta ás 09:00h na entrada do colexio e o venres 27 no parón que terá lugar ás 12:00h no patio.


16 de set. de 2019

OBRADOIRO: "CAMPIONATO DE XOGOS CON RISAS ASEGURADAS"

No local de Servizos Sociais do Concello de Bueu, todos os venres desde o 18 de outubro ata decembro podedes participar, adultos e rapazada, neste obradoiro interxeracional tan atractivo.



Podes inscribirte no seguinte enlace:
 

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

15 de set. de 2019

AUDICIÓNS MUSICAIS

  Bo comezo de curso!!!  A mellor maneira de festexar a volta ao cole é escoitando e movendo o corpo coa  canción  de SEPTEMBER, do grupo Earth, Wind & Fire.


Esperamos que vos guste!!!

13 de set. de 2019

Festival de Curtametraxes Bueu 2019

Hoxe, venres, asistimos á proxección de varias curtametraxes dentro da programación do FIC Bueu 2019.
Resultado de imaxes para fic 2019 bueu
Infantil visualizou nove curtas moi divertidas e diferentes https://www.ficbueu.com/irmandade/
1º, 2º e 3º asistiron a sete curtas con moito humor e maxia https://www.ficbueu.com/infantil/  
Visitaron o Museo Massó e participaron no obradoiro "En busca do tesouro".
4º, 5º e 6º  gozaron de seis magníficas curtas https://www.ficbueu.com/xuvenil/






 
Podedes visualizar máis fotos na páxina de facebook do FIC.

GRAZAS OS ORGANIZADORES E VOLUNTARIOS DESTE FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL.

#TEACHERS FOR THE FUTURE SPAIN

O proxecto de centro deste curso é "SOStibilidade, green future"
En consecuencia, levaremos a cabo medidas para mellorar a nosa contorna.
A primeira medida a adoptar é a reducción de residuos, por eso pedimos ás familias que o alumnado traia as merendas en envases reutilizables.
Cada xesto conta porque coidar a Terra significa coidar a casa de todos.
Seguiremos as iniciativas de Madres por el Clima, Families for Future Bcn y Teachers For Future Spain.
https://madresxelclima.org/ 
https://www.instagram.com/familiesforfuture.bcn/ 
https://teachersforfuturespain.org/inicio/
 Resultado de imaxes para imagen madres por el clima     Resultado de imaxes para familiesfor futureResultado de imaxes para teacher for future spain
                                                                                          

Moitas grazas por formar parte nesta iniciativa.

11 de set. de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS!!!

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e moitas ganas de aprender cun obxectivo claro SER MELLORES PERSOAS, COIDAR O NOSO PLANETA E FOMENTAR O DIÁLOGO.
O Proxecto Documental parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) creados polas Nacións Unidas.

Son un total de 17 obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro incluídos na Axenda 2030 que é un plan global para a erradicación da pobreza, loita contra o cambio climático, o dereito a  educación, igualdade, defensa do medio ambiente, prosperidade, paz universal.
Entre todas e todos crearemos un mundo mellor e unha sociedade máis xusta por eso o título do proxecto deste curso é:

SOStibilidade! 

"Moita xente pequena,
 en lugares pequenos,
 facendo cousas pequenas, 
poden cambiar o mundo". 
Eduardo Galeano (Xornalista e escritor uruguaio 1940-2015)