Compartiron a súa dramatización musical do libro A MELLOR SOPA DO MUNDO!
E ti, tes os ingredientes necesarios para elaborar a túa sopa?
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Compartiron a súa dramatización musical do libro A MELLOR SOPA DO MUNDO!
E ti, tes os ingredientes necesarios para elaborar a túa sopa?
Noelia e a súa filla Elena escribiron en forma de conto rimado o seu paso polo colexio e o de todos os nenos e todas as nenas deste nivel. Pequena gran biografía acompañada de imaxes e o mesmo tempo relacionada co Proxecto Documental deste curso A MEMORIA DO NOSO.
MOITAS GRAZAS POR ESTA HISTORIA QUE NOS EMOCIONOU!
Laura, a tía de Alba e de Iria, visitounos esta mañá con gran emoción porque ela tamén foi alumna do noso cole.
Gozamos cos libros que nos leu en compañía de Alba.
Marina, a nai de Mario de 4º de Primaria e o seu irmán pequeno Iván, estiveron lendo un conto hoxe na biblioteca.
Un conto de lobos: " El Lobo gris y la mosca"
Moitísimas grazas por participar nas actividades!
O sábado 30 esperámosvos en Bueu, na carpa ao lado do concello con diferentes actividades.
Ven e participa!
Xoves, club de lectura OS BELULECTORES, iniciamos un novo libro A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN escrito por Eva Mejuto, editado por Xerais.
Un novo libro, unha nova aventura!
Mª Elvira e Manuel estiveron hoxe con nós acompañados pola súa filla Mª Elvira e polo seu fillo José Manuel.
Gozamos con varios libros diferentes:
Arantxa e Tomás, pais de Vega de 5º de Infantil, estiveron na biblioteca para ler dous libros en compañía.
MARUXA, escrito por Eva Mejuto e Ana Mafalda, editado por OQO.
ROSA CARAMELO de Adela Turín da editorial Kalandraka.
Mil grazas por compartir lecturas!
Hoxe, na nosa biblioteca, grazas a Faro da Escola e a editorial Xerais, poidemos gozar da visita de Xosé Tomás.
É autor e ilustrador do proxecto de banda deseñada infantil "Animalia", que conta cos títulos «Animalia 1. Verde» (2018), «Animalia 2. Branco» (2019) e «Animalia 3. Azul» (2021), publicados na colección Merlín Cómics de Xerais.
Con el, mergullámonos na creación de personaxes a partires de figuras xeométricas e na creación de animais humanizados.
Oihane, nai de Unai de 4º de Primaria, compartiu con nós tres fermosos libros:
LEOPOLDO O PEQUENO MONSTRO de Estefanía Padullés, editrorial Hércules.
BAILAR NAS NUBES, escrito por Vanina Starkoff, editorial Kalandraka.
¿SALVAMOS EL MAR? de Patricia Fernández-Patiño Pérez, editorial Círculo Rojo.
Moitísimas grazas por compartir tempo e amor pola LECTURA!
Bea, a nai de Marco de 5º de Infantil, estivo con nós para lernos dous fermosos libros que teñen en común o valor da amizade.
Iniciamos este martes con María, a mamá de Aixa, que nos veu ler: O LIBRO DA ILLA DE ONS, escrito por Amalia Pérez e ilustrado por Miguel Casado, editado por A nosa terra.
Sariña e Mario fanse amigos na illa de Ons. Era a illa que Sariña ollaba desde a súa casa e sempre quixo coñecer.
Moitísimas grazas por compartir con nós este libro que nos enseña a querer o noso!
Os nenos e nenas de 5º de Infantil, guiados pola alumna en prácticas Raquel, ilustraron e narraron esta fermosísima historia coa mesa de luz: UN FELIZ DÍA NA FAMILIA ROEDOR!
Magníficas ilustracións!
Fantásticas e fantásticos contadores de historias!
Nenas e nenos voluntarios de 6º de Primaria, contáronnos dun xeito moi fermoso o álbum ilustrado BOAS NOITES, BUFO! de Pat Hutchins, editado por Kalandraka.
Asier, Iria, Carlota, Yoel, Hugo, David e Lucía empregando diferentes instrumentos (castañolas, cunchas, xilófono, carillón, cascabeis, frauta de émbolo...) narraron este conto acumulativo cheo de sonoridades, sendo os protagonistas os animais do bosque, onde o bufo é o rei da noite.
Parabéns!
Sodes uns grandes contadores de historias!
Mil grazas por compartir o voso tempo!
Tery e David, os pais de Óliver de 5º de Primaria, estiveron esta mañán con nós para ler un libro altamente recomendable: POR LO MENOS UN MILLÓN, escrito por Elena Alonso Frayle, editado por algar.
Unha historia que trata sobre o Alzheimer e, sobre todo, a amizade e a complicidade entre unha avoa e o seu neto.
Mil grazas por compartir historias e tempo!
Continuamos celebrando o MES DOS LIBROS coa visita dunha familia de 5º de Infantil.
Andrea, a mamá de Antía, veu ler para nós: