28 de feb. de 2023

Día Mundial das Enfermidades Raras

  O Día Mundial das Enfermidades Raras celébrase o último día do mes de febreiro, desde o ano 2008, por ser «un mes raro».

 O obxectivo da súa conmemoración é crear conciencia e mellorar o acceso aos tratamentos xa que, ao afectar a un reducido grupo de poboación, investígase pouco, co cal o tratamento é insuficiente e non se crean unidades especializadas para atender a estes enfermos.

 As enfermidades raras ou pouco frecuentes son aquelas que teñen unha baixa prevalencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada enfermidade específica só pode afectar a menos de 5 de cada 10.000 habitantes. Con todo, as patoloxías pouco frecuentes afectan a un gran número de persoas, xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), existen preto de 7000, por tanto entre o 6 e o 8% da poboación mundial estaría afectada por estas enfermidades. Máis de tres millóns de españois padecen este tipo de patoloxías.

Calquera persoa pode sufrir unha enfermidade rara, nalgunha etapa da vida, por tanto é importante coñecer a existencia delas e da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) para poder colaborar e contribuír a crear conciencia.

Únete ao movemento internacional das enfermidades raras!

Móstralle ao mundo o/a marabilloso/a que es!

Visita de Paco Nogueiras!

Esta mañá gozamos na biblioteca dunha sesión de contos e música con  Paco Nogueiras.

Escoitamos e cantamos: "Cos brazos abertos", "Chibos, chibóns", "Esperando o Amencer", "Imos cazar un oso" e "Míster Magnolia"

Pasámolo xenial!

Mil grazas Paco por visitar a nosa escola!






26 de feb. de 2023

Minutos musicais!

 Este ano os Camiños de Poesía olen a flores, a herbas, a follas, a árbores... Olen á Natureza na poesía de Rosalía de Castro

Iniciamos semana, iniciamos  camiño co grupo Astarot versionando o poema "Negra sombra" de Rosalía de Castro incluído na súa obra Follas Novas.

Astarot é un grupo de rock formado en Cangas no ano 1983. 


Feliz semana!

24 de feb. de 2023

Contacontos con Charo Pita!

Esta actividade queda aprazada ata o martes 28 de marzo. Mil disculpas.

Toda a comunidade está convidada a gozar cos contos da man de CHARO PITA o martes 28 de marzo, ás 17:00 h, na nosa biblioteca. 


Esperámosvos!

Contos e música con Paco Nogueiras

 O martes 28 visitarános Paco Nogueiras para compartir música e lectura da man da editorial Kalandraka.



19 de feb. de 2023

Minutos musicais!

Durante esta semana de Entroido, o xoves 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía para conmemorar o seu nacemento un 23 de febreiro do ano 1837.

Rosalía de Castro é unha galega universal, precursora da poesía española moderna e do Rexurdimento da poesía galega iniciado coa publicación da súa obra Cantares Gallegos (1863).

O grupo galego De Vacas versiona unha canción de Rosalía, Malamente, co poema da nosa Rosalía.

Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabóu para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei qué quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. O meu corasón che mando cunha chave para o abrir. Nin eu teño mais que darche, nin ti máis que me pedir.




 SEMPRE ROSALÍA!


17 de feb. de 2023

Entroido 2023!

 Somos uns artistas e pintamos o mundo de cores!

Neste venres de Entroido desfilamos pola rúas de Beluso cos nosos disfraces relacionados co proxecto documental deste curso "imaxinARTE": paletas de pintores, botes de pinturas, cadros de Pablo Picasso, porcelana de Sargadelos, arlequíns, grafiteiros, pintores... acompañados pola carroza elaborada por familias da Anpa Cabo Udra.

No patio interpretamos as coplas de Entroido compostas nas titorías.





Merendamos doces típicos destas datas: chulas, orellas... e xogamos todos xuntos no patio.










 FELIZ ENTROIDO!

15 de feb. de 2023

Lemos xunt@s!

 Martes 14 cita con Acompañamentos Lectores!

Durante a Hora de Ler, corredores, aulas, patio enchéronse de nenos e nenas lendo xuntos, emocionados coa lectura, compartindo sorrisos, caras de asombro e intereses.

Cada vez gústanos máis compartir LECTURAS!

Encántanos que os nenos e nenas maiores nos veñan a ler! Cada día fanno mellor!

Estamos ansiosos e ansiosas pola próxima cita cos acompañantes lectores!
















 Mil grazas por compartir tempo e lecturas!

12 de feb. de 2023

Minutos musicais!

Semana de Entroido, semana de festa!

Para ir quentando motores escoitaremos "O Entroido move o corpo" de Paco Nogueiras do seu libro disco Brinca Vai! 

Animádevos a bailar!


Grazas á aula de Música do CEIP San Tomé por compartir!


Mandados Entroido 2023!

Iniciamos a semana de Entroido cos mandados de Belusiña. 

Estades preparados e preparadas para o MANDADO DO LUNS?



Para o luns o primeiro mandado:

na cabeza levaremos algo colocado!

Anímate e participa!

10 de feb. de 2023

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Ven pola biblioteca e participa no concurso MULLERES CIENTÍFICAS!

Cantas máis respostas máis posibilidades de premio!

Deposita a túa resposta na urna, podes facelo durante os recreos ou pola tarde en horario de biblioteca. Non esquezas escribir con letra clara e de poñer o teu nome e apelidos.

Atréveste?











Anímate e participa!


Os gañadores foron... Alexa e Rodrigo!

Estade atentos e atentas proximamente haberá novos retos na biblioteca!