30 de abr. de 2019

AS FAMILIAS CONTAN 7

Esta mañán, Pepi e o seu fillo Paulo, léronnos entre os dous, un conto escrito por Pepi. Decidimos o título entre todas e todos de 3º e 4º, entre varias opcións,  a elexida foi "LA ÚLTIMA NIÑERA".
A continuación, entre todos inventamos un conto fantástico con final feliz.



MOITAS GRACIAS POR CONTAR CON NÓS E PARA NÓS!
 

29 de abr. de 2019

AS FAMILIAS CONTAN 6

O MUSICAL
 Esta mañàn disfrutamos moitísimos con Elena. Noa, Sabela e as súas mamás.
Presentáronnos un musical exclusivo, cantado e bailado por elas narrándonos o dereito o voto feminino(Clara Campoamor), a asistencia a Universidade (Concepción Arenal), os problemas de hoxe en día coa forma de vestir e o control dos móbiles...
Son unhas grandes artistas.
No control de sonido contaron con Cris, a mamá de Sara e Iria.







FOI UN ESPECTÁCULO GRANDIOSO!
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR SEMPRE!

AS FAMILIAS CONTAN 5

OIHANE, a nai de Unai, compartiu con nós a primeira hora tres contos:" La vaca que subió a un árbol"  de Gemma Merino,  "Quen pode vencer o vento" de Charo Pita e Marion Arbona de OQO editora e "El libro de los abrazos".







MOITAS GRAZAS POLO TEMPO COMPARTIDO!!

28 de abr. de 2019

AUDICIÓNS MUSICAIS

  Para festexar que esta semana imos de Correlingua, que mellor maneira de escoitar unha canción da nosa terra, un baile propio do noso pobo " A MUIÑEIRA GLOBAL ".


ANIMÁDEVOS A BAILAR CON ELA!!!

26 de abr. de 2019

AS FAMILIAS CONTAN 4

O xoves 25 de abril, Tery , a nai de Óliver estivo con nós contándonos dous contos de Gloria Fuertes: "La gallina que no sabía poner huevos" y "La plancha mágica" e tamén recitando dous poemas da mesma autora.
Foi un ratiño máxico!



MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR O VOSO TEMPO!!

23 de abr. de 2019

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Nun lugar de Beluso, cuio nome quero recordar...
hai unha mesiña con libros para disfrutar un ratiño coa lectura.


Hoxe, no recreo estivemos xogando cuns crebacabezas XIGANTES


Saberías dicir quen son?


AS FAMILIAS CONTAN 3

Hoxe, 23 de abril, DÍA DO LIBRO, a primeira hora estivo con nós  Delia, mamá de Abel, contándonos WONDER, TODOS SOMOS ÚNICOS de R.J. Palacio.
Fixemos un xogo donde todos e todas eramos pedras dun camiño, todas diferentes en forma, tamaño, color... pero todos e todas necesarios para formar ese camiño.



GRACIAS POR COMPARTIR ESTA DINÁMICA CON NÓS!

AUDICIÓNS MUSICAIS

  Despois deste merecido descanso... seguimos coas audicións á entrada do cole.
 Esta semana  para festexar o DÍA DO LIBRO, e que xa estamos en primavera, danzamos coa música de ROZALÉN e a súa canción " GIRASOLES ".

 

 GOZADE  COA MÚSICA !!!

IDA VITALE. PREMIO CERVANTES

   Hoxe , 23 de abril, recolleu o  Premio Cervantes a quinta muller que o recibe, dun total de corenta e catro premiados.
 Ida Vitale,naceu en Montevideo o 2 de novembro de 1923. Na súa familia, os seus tíos e tías, estudaron sin discriminación de sexo. Polo que pensaba  que en Uruguay non había machismo.
  Todo cambiou en 1974 co golpe militar. Cando a policía entrou na casa buscando a súa filla Amparo. A poeta tomou camiño de México. Onde traballou  como mestra.
   Ningún dos cinco libros que escribirá, dende La luz de esta memoria (1949) a Jardín de sílice (1980), lle permitían vivir da literatura, por eso sempre publicou en prensa.
 Foi quen de  actuar de negra "autorizada" de García Márquez.
 No Léxico de afinidades,  recolle una definición de poesía que parece un autorretrato: “Las palabras son nómadas; la mala poesía las vuelve sedentarias”. Con preto de 96 anos segue a escribir cada día.

 Un poema de Ida Vitale:

"La palabra"


Expectantes palabras,
 fabulosas en sí, 
promesas de sentidos posibles,
 airosas, 
aéreas, 
airadas, 
ariadnas.

Un breve error
las vuelve ornamentales.
Su indescriptible exactitud
nos borra.

CRISTÓBAL GABARRÓN


   O artista Cristóbal Gabarrón, foi entrevistado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria sobre a súa vida, a súa obra, a súa implicación na defensa dos Dereitos Humanos.
A continuación no Salón de Actos todo o alumnado disfrutamos dunha charla-coloquio e o alumnado de 1º fíxolle entrega dunha reproducción en plastilina da súa obra Universo de Luz.






 
A nosa queridísima poeta MIriam Ferradáns adicoulle un poema en galego e castelán:


MOITÍSIMAS GRACIAS A MIRIAM POR COLABORAR CON NÓS NESTA SORPRESA E A CRISTÓBAL GABARRÓN POR VISITAR O NOSO CENTRO.

 
Un libro con pinturas: RETABLO DE CAÍN
  O libro reflexiona sobre os males do século XXI a través das súas pinturas e dos poemas de Carlos Aganzo. Con prólogo de Sami Naïr e textos traducidos ao inglés e francés, defende o diálogo como un ben irrenunciable.






12 de abr. de 2019

MÚSICA NA BIBLIOTECA!

Hoxe disfrutamos dun magnífico concerto na biblioteca.
Ainara, clarinete e Lucía, oboe convertiron a Hora de Ler en música.
Tocaron para nós obras de Mozart e Beethoven e ata bandas sonoras. Explicaron moi ben os seus instrumentos e responderon cordialmente as nosas preguntas.





MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR O VOSO TEMPO CON NÓS!

11 de abr. de 2019

QUENTANDO MOTORES PARA A II FEIRA DA CIENCIA!!

Alumnado voluntario no LABORATORIO!!!

RECITAL DE POESÍA INTERXENERACIONAL

Hoxe celebramos no cole un fantástico RECITAL DE POESÍA, donde recitamos poemas e máis poemas porque ... VIVA A POESÍA!!!

As primeiras en recitar foron un grupo de mulleres do Taller de Memoria que se celebra na casa do pobo. Poemas que facían referencia o mar, a contaminación, os animais, O gato Honorato, o piollo e a pulga, o arco da vella...Canta emoción!

A continuación fomos recitando por grupos, ata houbo varios espontáneos que se animaron a recitar.
FOI UN GRAN DÍA POÉTICO!















MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR!!