Os rapaces e rapazas da actividade extraescolar de teatro, invita a toda a comunidade a asistir á representación de dúas fantásticas obras o próximo domingo día 9 de xuño, ás 18,00h, no Centro Social do Mar en Bueu.
O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas,
continúa en xuño co programa“Ler conta moito”, no que se promoverán
diversos contacontos nas bibliotecas municipais co fin de achegar a
lectura a todas as persoas.
Os días 6, 12 e 18 de xuño desenvolveranse diversas actividades infantís nos espazos das bibliotecas municipais de Bueu, Cela e Beluso.
O xoves 6 de xuño, ás 18,30h estará Paco Nogueiras na biblioteca municipal de Beluso!Anímate a participar!
Este ano 2024 o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades é para MARJANE SATRAPI.
MarjaneSatrapi é, segundo os especialistas, un dos nomes máis destacados do cómic internacional, autora da que é, para moitos, unha das mellores novelas gráficas xamais publicada: Persépolis (2000), un relato autobiográfico que narra a súa infancia e adolescencia en Irán. Excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica Persépole converteuse nun cómic de referencia.
Está escrita e ilustrada en branco e negro.
Foi traducida ao galego por Eva Carrión e publicada no 2011 por Rinoceronte Editora.
O Instituto Johan Carballeira de Bueu organiza, por terceiro ano consecutivo, a súa festa solidaria coa participación dos centro de ensino da localidade.
A
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) foi a encargada de elaborar para
o Concello de Pontevedra unha homenaxe cunha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey,
candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen
2024, coñecido este último como o "Nobel da Literatura Infantil".
A
exposición, que se colocará na Praza da Ferraría, inaugurarase o vindeiro 18 de
abril, nun acto que comezará ás 12 da mañá e no que estará presente a autora.
Poderá visitarse ata o 18 de maio.
A
mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título Fina
Casalderrey: medrando entre historias e está composta por 20 paneis que narran a vida e a obra da escritora do Lérez.
Son as propias palabras de Fina as que
serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que
ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira. Desta maneira
retrátase unha autora referente da nosa literatura contemporánea que, xunto con
outras compañeiras e compañeiros de xeración, asentou as bases da literatura
infantil e xuvenil en galego. Tamén se presta atención ao seu traballo noutros
xéneros e, especialmente, ao seu labor como mestra, oficio ao que dedicou 40
anos da súa vida e que ela mesma recoñece que estivo intimamente ligado aos
seus inicios na escrita.
Dende
GÁLIX agradecen a iniciativa do Concello de Pontevedra e consideran esta
homenaxe un recoñecemento merecido que contribuirá a achegar á cidadanía a
palabra e figura de Fina Casalderrey.
O
Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas,
participa no programa “Ler conta moito” co que se dinamizará a lectura a
través de actividades variadas e atraíntes para a cidadanía, e que ten
lugar coincidindo coa efeméride do Día do Libro, que se celebra o
próximo 23 de abril.
O programa, que conta co financiamento da Xunta de Galicia,
estenderase durante tres días deste mes en diversos espazos municipais
das tres parroquias.
O 18 de abril, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal de Beluso. Inma Soto trae “Xela, a superheroína
de aldea”, unha proposta para nenos e nenas de 4 a 9 anos sobre a nosa
natureza, que pon en valor os recursos que temos e busca que as persoas
miúdas queiran coidar do territorio.
Carmen García, concelleira de cultura, mocidade e bibliotecas,
salienta que “estas actividades buscan dinamizar as bibliotecas como
lugares de encontro, ao tempo que se achegan ás novas xeracións”.
A idea
da concellaría é continuar con este programa no mes de xuño a través
dunha nova rolda de propostas.
Os premios Sofía Novoa, da Deputación de Pontevedra, premiaron, na modalidade de Traballos Fin de Máster a Raquel Álvarez Martínez, por "Mulleres, Arte e Literatura: 3 vértices posibles dunha intervención didáctica promotora do desenvolvemento sostible na Educación Infantil". Investigación que relaciona a metodoloxía STEAM coa sostibilidade, o medio ambiente e a igualdade de xénero.
O noso alumnado de Infantil foi protagonista das actividades deste proxecto!
Tivemos a oportunidade de gozar con libros, científicos e literarios, relacionados cos diferentes campos e entrevistar a cinco científicas:
Susana Bastón, oceanógrafa, veciña de Bueu con raíces en Beluso.
A nosa felicitación ao Club do Mar Bueu e a súa traiñeira Maruxía que acaban de ascender á ACT (Asociación de Clubes de Traiñeiras). É unha das doce mellores tripulacións de España.
Luís Davila, o noso veciño de Cela, recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo pola defensa da nosa lingua e a nosa cultura a través do humor gráfico.
Luís Davila é deseñador gráfico, ilustrador, pintor e viñetista. Coñecido, especialmente, polas súas viñetas de "O Bichero".
Esta fin de semana falláronse os Premios Xerais de Novela, e os xurados
escolleron as obras de Pedro Feijóo, María Reimóndez e Leticia
Barbadillo.
Pedro Feijóo gañou o Premio Xerais de Novela coa súa obra Ninguén contará a verdade,
unha novela sobre a corrupción política protagonizada por unha
xornalista en paro, Marosa Vega, que en colaboración cun xornalista
veterano, Salva Lamas, investiga un caso de corrupción política que
afecta ao presidente da Xunta e que está a deixar un regueiro de
vítimas.
María Reimóndez fíxose co Jules Verne 2023
de Literatura Xuvenil coa novela Furia. Nela abórdase a
incursión no mundo do boxeo de Cecilia, unha rapaza de 16 anos que se
muda de cidade a vivir coa súa tía avoa trala morte da súa nai. No seu
traxecto vital, Cecilia coñecerá a dúas mulleres de diferentes idades e
condicións sociais.
Leticia Barbadillo gañou o Premio Merlín 2023 con A botella de lentellas,
a historia sobre un neno que, tralo internamento da avoa nunha
residencia, decide facer por si mesmo as orellas doces que lle preparaba
a súa avoa, e imaxinar as historias escoitadas por esas orellas. Esta é a primeira
novela de Leticia Barbadillo.
En outubro realizarase o acto de entrega e os libros estarán
nas librarías.
O libro "Esperando o amencer" gaña o Premio Nacional á obra mellor editada de Literatura Infantil e Xuvenil.
Este álbum ilustrado é da artista peruana Fabiola Anchorena que denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios. Goza da súa mensaxe e das súas ilustracións
Esta obra é da editorial pontevedresa Kalandraka.
Busca este libro na nosa biblioteca (50 ANC esp). Estate esperando.