29 de nov. de 2022

Ciencia con... Mª Elvira

Esta mañá no laboratorio Ciencia con... Mª Elvira, mamá de Mª Elvira e José Manuel. Observamos a densidade, a importancia da limpeza para loitar contra os virus, fixemos un volcán e creamos electricidade estática.

Mil grazas por acercarnos a Ciencia!

Visita o blog de Infantil para máis información!

28 de nov. de 2022

Coñecendo a Dani Piñeiro Ferradás!

Dani é un antigo alumno que padece unha enfermidade muscular grave ligada ao cromosoma X:  a distrofia muscular de Duchenne(DMD).

O nome desta enfermidade débese a Duchenne de Boulogne que definiu as súas características en 1868. É a distrofia muscular máis frecuente na infancia e afecta a 1/3500 recén nados homes. Débese á ausencia da distrofina, proteína fundamental para o mantemento da fibra muscular. Caracterízase pola debilidade muscular na infancia que segue un curso progresivo.

Dani, non fai moito tempo, concedeu unha entrevista ao xornal La Voz de Galicia que podes ler no seguinte enlace.

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/lavozdelasalud/enfermedades/2022/09/06/dani-pineiro-paciente-duchenne-me-frustra-cabeza-quiera-sepa-fui-capaz-hacerlo-pueda/00031662477401306934730.htm

Escoita esta canción do cantante Dani Martín para colaborar cos enfermos de Duchenne:


«A primeira vez que fun consciente da enfermidade foi xogando no patio cos meus amigos»

A medida que Dani foi medrando o noso colexio tamén foi crecendo en accesibilidade e inclusión!

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ciencia con... Noelia, Ángeles e Jose

 Noelia, Ángeles e Jose son as mamás de Elena, Noa e Héctor e hoxe estiveron compartindo experiencias científicas relacionadas co Proxecto Documental deste curso: "imaxinARTE".

Simetrías, arcos da vella, movemento nos fluídos, as cores, a ausencia de cor, a serpe do faraón... Ciencia que nos deixou marabillados e marabilladas!

Foi unha mañá moi intensa para 4º e 5º de Primaria no laboratorio.











Mil grazas por compartir tempo e ciencia con nós!

25N: Día internacional para a eliminación da violencia de xénero

Durante toda a semana realizamos diferentes actividades para concienciarnos de que a violencia non é o camiño; da importancia do respecto a todas e todos, aceptar a liberdade dos demais... 

E, sobre todo, que nenas e nenos, nenos e nenas temos que facer o que máis nos gusta, que non hai xoguetes de mozos nin de mozas, que non hai deporte de homes nin de mulleres... 

O límite poñémolo nós, non o noso sexo.

  • No corredor da bibliotecas hai unha mesa con bibliografía para lecturas nas diferentes aulas que tuvo moito movemento:


  • Visionamos a curtametraxe realizada, fai uns cantos anos, no centro en colaboración co FIC de Bueu:  "Sara e Bruno".


  • Diferentes murais, traballos colaborativos realizados nas titorías.         


  • III Marcha contra a Violencia de Xénero.

Toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias fomos andando ata o parque Novas na III Marcha contra a Violencia de Xénero onde asistimos a unha representación por parte do alumnado de 6º de Primaria. Citaron o nome dalgunhas das vítimas deste ano 2022, leron un pequeno manifesto e participamos na convocatoria do Observatorio Galego da Violencia de Xénero dun minuto de silencio.


Foi unha xornada moi emotiva!

27 de nov. de 2022

Minutos musicais!

Esta semana escoitaremos "Vois Sur Ton Chemin", a canción máis famosa da banda sonora da película francesa "Los chicos del coro" (2004). Foi composta por Bruno Coulais e escrita por Christophe Barratier.

O cine é unha forma diferente de contar historias, polo que é considerada a sétima arte.

1ª Arquitectura, 2ª Escultura, 3ª Pintura, 4ª Música, 5ª Danza, 6ª Literatura, 7ª Cine.

Clement Mathieu, un mestre de música empeza a traballar como vixiante nun internado de reeducación de menores. Nos seus esforzos por achegarse aos mozos entrégase á tarefa de familiarizalos coa maxia do canto.

Ao longo da película utiliza unha fantástica frase: Non cantan ben, pero cantan. O que quere é transmitirnos unha mensaxe de esperanza e unha visión positiva da vida. 

Todas as persoas, sexan como sexan e veñan de onde veñan, merécense o beneficio da dúbida e apostar por elas.

Se podes, non deixes de ver unha película adecuada a túa idade nun cine!

Feliz semana!


Premio de Poesía Xuventude Crea 2022!

 Dani Durán Chapela, ex alumno do noso centro, logrou o segundo premio de Poesía no Xuventude Crea, convocatoria que premia a creatividade de mozas e mozos entre 16 e 30 anos en diferentes especialidades artísticas.

A súa obra titúlase "Biscoito de laranxa".

Parabéns Dani por este premio!



CIENCIA CON... 1º e 2º de Primaria

 O alumnado de 1º e 2º intercambiaron coñecementos científicos. Foi moi emocionante!




Ciencia con... Ramona e Lorena

Ramona e Lorena, avoa e mamá de Xián, estiveron o venres no laboratorio dinamizando experiencias científicas con público de Infantil.

Observamos líquidos de diferentes densidades, creamos neve artificial, demostramos e tocamos como son os fluídos non newtonianos...

Foi unha gran experiencia científica!

Grazas por compartir o voso tempo con nós!

Visita o blog de Infantil para ver un precioso vídeo!



25 de nov. de 2022

HOXE CONTA... Antía e Mara

Antía e Mara, de 4º de Primaria, durante a Hora de Ler do xoves, leron moi ben o conto "El pez Arco Iris" para Infantil.


Gozamos coa súa lectura e agradecemos os peixes tan bonitos cos que nos agasallaron!




 Mil grazas por ler para nós!

Mochilas viaxeiras e novos carnés!

 As mochilas viaxeiras iniciaron a súa andaina polos nosos fogares!

Desexamos que gocedes co seu contido e compartades momentos de lectura e conversas en familia.

Este ano conteñen  unha sorpresiña!

O alumnado recibiu os novos carnés da biblioteca.


                                        









Felices lecturas!





24 de nov. de 2022

Ciencia con... 3º e 4º de Primaria

O alumnado de terceiro e cuarto fixeron uns experimentos e investigacións que despois  expuxeron no laboratorio.

Os nenos e nenas de terceiro investigaron a tres mulleres científicas, matemáticas, María Montessori, María Andresa Casamayor e Maryam Mirzakhani. Son tres mulleres que cambiaron a forma de comprender as matemáticas.

Tamén prepararon un experimento sobre as densidades de diferentes líquidos, formando una fermosa "Marmelada arco da vella". Saíu tan ben, que incluso apetecía probala! 

As nenas e nenos de cuarto, fixeron dous experimentos que utilizaban a auga e a cor. O primeiro nos ensinaba que ao pintar un arco da vella nun papel de cociña e poñer despois o papel conectando dous vasos con auga, o arco da vella se volvía visible. O segundo experimento amosaba como ao conectar varios vasos con auga e colorante, unidos por papel, ían subindo as cores polo papel ata mesturarse e formar as cores secundarias. 

Foi unha experiencia moi interesante ensinarnos uns aos outros! 

Agardamos que vos gusten os nosos experimentos e vos animedes a facelos na casa! 







 Moita ciencia no laboratorio!

22 de nov. de 2022

Ciencia con... Adriana!

Esta mañá visitou o noso laboratorio, Adriana, mamá de Clara. 

Usou: acite, auga, colorante, bicarbonato sódico, vinagre, botellas de cristal, funil... Mostrounos unha fermosa lámpada e inflamos globos.

Observamos, expuxemos hipóteses, experimentamos e sacamos conclusións... empregamos o método científico



 Mil grazas por compartir ciencia e tempo con nós!
 

21 de nov. de 2022

Ciencia con... Lupe e Alejandro

 Esta mañá estiveron no laboratorio os pais de Alejandra e Leo realizando varias experiencias científicas relacionadas coa densidade, o poder da auga e a transmisión do son. 

Utilizaron balanza, pipetas, probetas, copas de cristal, auga, aceite, xabón, alcohol, moedas, un tambor artesanal...

Moitas grazas por compartir coñecementos e tempo con nós!

20 de nov. de 2022

Minutos musicais!

 Esta semana, que iniciamos conmemorando os Dereitos da Infancia (20 de novembro) e rematamos coa III Marcha contra a Violencia de Xénero, escoitaremos unha fermosísima canción de Guadi Galego titulada "Matriarcas" do seu disco " Lúas de outubro e agosto".


Continuamos coñecendo a diferentes artistas e obras. Esta semana presentámosvos a Amadeo Modigliani (Livorno, Italia 1884, París 1920) foi un pintor e escultor vanguardista que revolucionou a arte do seu tempo. Creou unha linguaxe visual propia. Modernizou a pintura a base de experimentación e atrevemento. Foi amigo de Pablo Picasso.

Jeanne Hébuterne. Museo Metropolitano de Arte de Nueva York

20 de novembro: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 Cada 20 de novembro, coincidindo coa data da aprobación pola ONU dos Dereitos dos Nenos e Nenas en 1959, celébrase o Día Mundial da Infancia.


Os nenos e nenas de 6º de Infantil investigaron sobre cales eran eses dereitos.

Para ver o seu fermoso traballo visitade o blog de infantil.

Hoxe luns realizarán unha exposición oral. 

Estade moi atentas e atentos!

19 de nov. de 2022

Ciencia con... Irene

Seguindo con experimentos no laboratorio, este venres 18 de novembro, os nenos e nenas de Infantil recibimos a visita de Irene, antiga alumna de prácticas.

Primeiro leunos o libro " Virus y vacunas" escrito por Carlos Pazos, editado por Beascoa.


A continuación, explicounos en que consistía o Método Científico.

Fixemos pompas de xabón con diferentes utensilios.

Observamos que o xabón rompe a tensión molecular.

Explicamos cientificamente o que observamos.



Moitas grazas Irene por compartir lectura, ciencia e tempo con nós! 

17 de nov. de 2022

CIENCIA CON... 6º de Primaria

 Co gallo do Mes da Ciencia o alumnado de 6º de Primaria expuxo, no noso laboratorio, un traballo de investigación que fixeron seguindo o método científico.

ABELLA OU AVESPA? 

Investigaron para saber se un insecto voador que entrara pola fiestra da clase era unha abella ou unha avespa, xa que non había consenso.

Partindo desa premisa, en equipos de catro contaron ao resto de nenos e nenas de Montemogos a súa experiencia e as diferenzas e similitudes entre estes dous insectos. Así, os pequenos, ademais de aprender dos maiores, pasaron un bo rato con eles, interactuaron e ata aportaron ideas e información nova. 

Para saber máis pincha nas presentacións, verás que sorpresa!

Que viva a Ciencia! 













Presentación do grupo de Sara, Roi, Uma e Raúl