Despedimos o curso con recomendacións lectoras para pasar un verán Dcine!!!
FELIZ VERÁN!!!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
23 de xuño de 2017
REMATAMOS!!!
Chegou o verán e con él as ansiadas vacacións!!!
Como colofón ao proxecto de centro, antes do acto de graduación, o alumnado de sexto de primaria despedíuse coa representación da obra de teatro "PICADURA MORTAL".Unha parodia Dcine!!
Como peche do acto, dous compoñentes da Banda de Música de Bueu, deleitáronnos con música Dcine!!!
Rematou a xornada cunha sesión de maxia, no salón de actos, e xogos de animación no patio organizados pola ANPA.

BO VERÁN!!!
21 de xuño de 2017
CARLOS CASARES!!!
Hoxe, na biblioteca, asistimos a unha dobre presentación:
O alumnado de 3º de Primaria expuso o seu traballo colaborativo realizado en torno a vida e obra de Carlos Casares.
E o alumnado de 6º de Infantil e 5º de Primaria elaboraron un vídeo coa técnica de stop-motion a partir do conto "A GALIÑA AZUL" . Foi unha experiencia interniveis moi positiva e interesante.

19 de xuño de 2017
LOS CHICOS DEL CORO!!
Hoxe o alumnado de 5º de primaria, na Hora de Ler expuxo un traballo, que fixeron na aula de música despois de ver a película "LOS CHICOS DEL CORO", sobre as voces humanas e as distintas agrupacións vocais.
Remataron tocando coa frauta un fragmento da canción "Voir sur ton chemin", tema principal da Banda Sonora da película.

GRACIAS POR COMPARTIR!!!
16 de xuño de 2017
FIADEIRO 2017
Hoxe todo o alumnado levou para as súas casas o FIADEIRO (revista escolar) onde se amosan algúns dos traballos do noso Proxecto de Centro .
Deixamos o enlace :
Deixamos o enlace :
Preme na imaxe |
CONTACONTOS E ENTREGA DE PREMIOS!!
A piques de rematar o curso e as actividades na nosa biblioteca, hoxe Uxía, Yanira e Eva (3º de primaria) sorprendéronnos coa representación do conto "Elmer y sus amigos", un conto sobre a amizade e a tolerancia.
Aproveitamos a ocasión para facer entrega dos premios aos gañadores do concurso "FRASES DCINE" que repartiron os axudantes da biblioteca (Voluntarios Lectores).

PARABÉNS!!!!
13 de xuño de 2017
DO CINE MUDO AO CINE SONORO!!!
Hoxe,na Hora de Ler , o laumnado de 6º de primaria expuxeron un traballo de investigación que fixeron na aula de música "DO CINE MUDO AO CINE SONORO": Contáronnos cómo comenzou o cine cos Irmáns Lumiêre,cando aparece a que se considera a primeira película sonora, que é a Banda sonora, a importancia da música, o cine musical... Estivo moi interesante!!!
Grazas por compartir!!!
12 de xuño de 2017
"OS BELULECTORES"
Rematamos o Club de Lectura cunha charla, en torno a un biscoito, sobre os libros deste curso e as películas :"Oliver Twist" e "La isla de NIM".
Charla que nos serve de avaliación do Club, onde xorden suxestións que temos en conta para vindeiros anos !

GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN E AGARDAMOS SIGADES GOZANDO COA LECTURA!!!
7 de xuño de 2017
CADERNO DE BELUSO 2017!
O alumnado participante no programa de Titoría entre Iguais (TEI) realizarou unha andaina ata a Praia de Beluso para coñecer o lugar que inspirou a Maruja Mallo o seu "CADERNO DE BELUSO".
Pintamos colaborativamente diferentes vistas: a praia da Roiba, a
Pedra Branca, a fábrica de salazón, a casa con forma de barco de Vázquez Molezún, o porto, os barcos, as rampas, a praia, o mar... elaborando o noso propio CADERNO DE BELUSO 2017.
Antes de saír (para comparar a Praia de Beluso no tempo de Maruja Mallo e hoxe) visionamos todos xuntos unha parte do documental"GALICIA" rodado no ano 1936 por Carlos Velo e recuperado no 2010 grazas a unha copia atopada no Arquivo Ruso de Cinema Documental e Fotografía, no que se aprecian diferentes lugares da nosa vila. Esta información está recollida no blog de Miguel García García, historiador e ex-alumno do noso centro http://aernobriga.esy.es/ii-republica/jose-suarez/

Unha xornada entre iguais INESQUECIBLE!!

6 de xuño de 2017
A MELLOR SOPA DO MUNDO!!
Hoxe, na Hora de Ler, o alumnado de PROA representou na biblioteca o conto "A mellor sopa do mundo" Ed.OQO .
Un conto que nos fala da importancia da amizade e de compartir.
Recomendamos a súa lectura!!!

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!
5 de xuño de 2017
HISTORIAS DE CINE
Con motivo do "Día do Libro" desde a Biblioteca propuxemos un traballo colaborativo de relatos curtos baseados nun fotograma.Con todos os traballos realizados polo alumnado do colexio,editamos un libro que temos catalogado na biblioteca á vosa disposición.
Aquí volo deixamos con todas as "historias Dcine".
2 de xuño de 2017
PECHAMOS A BIBLIOTECA!!!
Hoxe pechamos a biblioteca para o préstamo (abriremos a última semana para o préstamo de verán). Como actividade de clausura, na Hora de ler, todo o alumnado e profesorado do colexio poidemos ver as CURTAS realizadas polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria pola igualdade estreadas o Día da Muller no Centro Social do Mar .
Antes de proxectalas os nenos e nenas protagonistas presentáronnos os seus traballos: a realización do guión ,o casting, as escenas, o atrezzo ,a rodaxe...
O alumnado de 5ª presentou SARA E BRUNO(preme para ver) e do 6º IGUALDADE SEN FIN, IGUALEDADE INTERMINABL
Tivemos entre nós a unha invitada de excepción:MIRIAM FERRADÁNS !!
a quen lle regalamos o poemario feito cos poemas escritos polo alumnado de 5º e 6º no obradoiro dirixido por ela na Semana da poesía.
Miriam correspondeunos con dous poemarios seus para a nosa biblioteca: "Deshabitar unha casa"(XX Premio Francisco Añon de poesía) e "Nomes de Fume" (XXIX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé).

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS E TODAS POLO TRABALLO TAN FANTÁSTICO E A MIRIAM POR ACHEGARTE ONDA NÓS E COMPARTIR O TEU TEMPO E TRABALLO!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)