23 de mar. de 2018

MÁIS POESÍA!

Como peche á semana da poesía e da auga.  Hoxe , na bibioteca, despois de que o alumnado de 5º de primaria expuxese o seu traballo sobre o Pergamiño Vindel e  recitasen as Cantigas,os nenos e nenas de infantil,1º e 2º de primaria recitáronnos uns fermosísimos poemas.





 

Despedimos a actividade coa interpretación do poema "Pola unha medía lúa" de Ana Mª Fernández cantado por  Eva e Yanira !

22 de mar. de 2018

VISITA AO MUSEO MASSÓ: "Orientarse no Mar"

Poñendo fin ás actividades que se engloban dentro do Club de Lectura, como remate da lectura do libro "20 000 leguas de viaxe submarino", o alumnado de 6º de primaria achegouse ata o Museo Massó para realizar o obradoiro "Orientarse no mar".
Antes visitaron distintas salas do museo onde poideron ver diferentes instrumentos de navegación, bitácoras, esferas, astrolabio...Dentro da colección de libros viron  o manifesto orixinal de Isaac Peral e un exemplar da novela de Verne. Observaron a evolución da construcción naval e dos equipos de mergullar.
Disfrutaron dun vídeo explicativo da batalla de Rande. Batalla que aparece no libro e  que este ano, febreiro 2018 , cumplíronse 150 anos da entrada do Nautilus  na ría de Vigo para rescatar os tesouros desta batalla ."Señor Aronnax,estamos na bahía de Vigo e só de vostede depende que poida coñecer os seus secretos"
(Xulio Verne. 20.000 leguas de viaxe submarino).



UNHA VISITA MOI INTERESANTE!!!

EXPERIMENTAMOS CON AUGA

Nesta semana na que estamos a celebrar o "Día mundial da auga" o alumnado de infantil puido  experimentar  a densidade e a solubilidade de distintos  elementos da vida cotiá: auga, alcohol, aceite, gaseosa,vinagre, ...en compañía de Eva, Graduada en Enxeñería Química,



GUSTOUNOS MOITO FACER CIENCIA!! GRACIAS EVA!!!

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, nada máis chegar, alumnado, profesorado e familias participamos nun acto simbólico polo "Día Mundial da auga".Unha celebración que este ano ten especial importancia polo proxecto que estamos a desenvolver no centro que, como sabedes, xira en torno a AUGA.
Na entrada do colexio, diante da exposición de botellas de auga que moitos nenos e nenas trouxeron, ao longo da semana, con augas de distintos lugares da contorna: auga da praia de Bon,da praia de Ancoradouro, auga do río Bispo, do lavadoiro de Ouril, da Fonte Nova, do lavadoiro de Laxes, da chuvia... lemos un DECÁLOGO DE BO USO DA AUGA , pegámolo no taboeiro e rematamos cantando (3º e 4º de primaria) a canción "Agua es".
A exposición quedará ata a volta das vacacións, despois devolveremos a auga aos seus lugares e reciclaremos as botellas de plástico no contedor amarelo e os tapóns os botaremos no contedor de recollida  que temos no colexio para donar a distintas causas solidarias.








"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo" 
(Eduardo Galeano).

COIDEMOS A AUGA!! PON A TÚA PINGA !!
MÓLLATE!!!

21 DE MARZO "DÍA DA POESÍA"

 Auga e poemas para celebrar o "Día da poesía" na biblioteca !
 Hoxe foron os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de primaria os encargados de recitar poemas nos que a auga forma parte dos seus versos.
Comenzaron os de 5º de Primaria coas cantigas do Pergamiño Vindel, despois de explicarnos que era un pergamino, falarnos da época medieval, e, como non, do Pergamiño Vindel, que tiveron ocasión de ver na exposición do Museo de Mar de Vigo durante unha saída que fixeron no primeiro trimestre.







Despois tocoulle a quenda ao alumnado de 4º de primaria,que por grupos, recitaron poemas de Ana Mª Fernández e Antonio García Teijeiro,




 
Remataron catro alumnos "Voluntarios" de 6º de primaria con poemas de Antonio García Teijeiro e de Paula Carvalleira.
 
 
Finalizamos a actividade cunha cortametraxe baseada no conto "O home de auga" da editorial Kalandraka. Libro que temos na biblioteca e que recomendamos a súa lectura. Mañán é o ´"Día Mundial da Auga" e teremos máis celebracións!
 

20 de mar. de 2018

"A AVENTURA DUNHA GOTA DE AUGA"

Hoxe o alumnadode 3º de primaria saíu ata a Casa do Pobo para representar  ás integrantes do Taller de memoria e ás familias "A aventura dunha pinga de auga"Adaptación a teatro do libro da editorial S.M co mesmo título, que fala da importancia da auga para o planeta.
Esta é unha das actividades coa que iniciamos as celebracións polo "Día Mundial da Auga"(22 de marzo). Día no que faremos máis fincapé por ser o tema do noso PDI. Continuaremos ao longo da semana con máis actividades, que xa vos iremos contando.

 A representación foi todo un éxito!! O público aplaudiu con forza en agradecemento aos rapaces e rapazas pola boa actuación.
Como lles gustou tanto,os nenos e nenas prometeron voltar no terceiro trimestre con outra obriña que teñen preparada.






Remataron a saída entrevistando á señora Pura para unha noticia de "Faro da Escola".


Un verdadeiro placer !!!

19 de mar. de 2018

ABRACADABRA!!!

O venres os nenos e nenas de 4º de Primaria sorprendéronnos cunha formidable sesión de MAXIA na biblioteca.
O público axistente (alumnado de infantil,1º e 2º de primaria) quedou realmente impresionado cos trucos de maxia que realizaron. Un espectáculo fantástico!!







                            UN FORTÍSIMO APLAUSO!!!

9 de mar. de 2018

SEMANA DA PRENSA

Nesta semana traballamos coa prensa: noticias relacionadas coa auga, lecturas, traballos...
Ademais os nenos e nenas de 1º,2º e 3º de primaria visitaron as instalacións do Faro de Vigo!


"DÍA DA MULLER"

Ao longo de toda a semana desenvolvemos actividades en torno ao "Día da muller":  lecturas, murais, cancións,  traballos de investigación(mulleres científicas), microrrelatos , poemas e, como colofón, charla de mulleres do "Taller de memoria da Casa do Pobo" que se achegaron ata o noso colexio, en compañía da monitora, para falarnos das súas experiencias nos seus tempos de infancia e mocidade coa AUGA.
Fixemos tres sesións simultáneas: un grupo de mulleres estiveron co alumnado de infantil e 1º de primaria, outro grupo con  2º e 3º, e un terceiro con 5º e 6º de primaria.
Sen dúbida unha actividade gratificante onde pequenos e adultos disfrutamos e compartimos !!!



Grupo de mulleres que deron a charla na biblioteca!








Alumnado de 6º participante no concurso literario organizado polo CIM.

Poema de Lucía Pretel galardonado co 1º Premio Literario de relato individual:
Parabéns !!

Máis actividades nos outros blogs do colexio!