30 de set. de 2018

AUDICIÓNS MUSICAIS







     
   Esta semana rendemos homenaxe a María do Ceo , cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia.
    Fado : O fado é a expresión máis coñecida internacionalmente da música portuguesa.  No fado exprésanse as experiencias da vida a través do canto. Xeralmente cántao unha soa persoa, os temas máis cantados  son a morriña, a nostalxia ou pequenas historias do vivir diario dos barrios humildes.
    María do Ceo canta sempre de negro con dous ou tres instrumentos tradicionais, guitarra, viola, guitarra portuguesa e un acordeón. Empezou a cantar en 1988 pero non foi ata 1995 cando se creou Alfama, grupo ao que vai unido desde entón o seu nome e que a acompaña en cada un dos seus concertos.

26 de set. de 2018

AUDICIÓNS MUSICAIS


    Esta semana rendemos homenaxe  as mulleres máis importantes  do mundo enteiro, as nosas  AVOAS, coa canción  Miña abuela Manuela, a podemos atopar no libro- disco Pan de Millo.
   A compañía pontevedresa "Migallas Teatro" foi constituída como compañía profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de 1992.
   Os  arranxos e adaptacións están feitos por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.
DISFRUTADE COA MÚSICA!!!

20 de set. de 2018

RUTA POLOS DEREITOS HUMANOS


O ilustrador Marc Taeger e dous representantes da Asociación de Veciños da Banda do Río estiveron no noso centro para animarnos a coñecer e debuxar os Dereitos Humanos.
O vindeiro sábado, 29 de setembro, no estaleiro do Purro vaise celebrar un obradoiro cuns monitores moi especiais CRISTÓBAL GABARRÓN,  MARC TAEGER, LUIS DAVILA, ANA PEZ, FEDERICO FERNÁNDEZ, ALUMNADO DA FACULTADE DE BELAS ARTES de Pontevedra, onde nenos e nenas de 4 a 14 anos debuxarán a súa interpretación dos Dereitos Humanos.
Os traballos exporanse en outubro en diferentes espazos de Bueu e haberá unha selección para participar no concurso internacional.







 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!! 

17 de set. de 2018

FICBUEU 2018


 O xoves 13 e o venres 14 de setembro asistimos á  Sección Infantil do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
    Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria, visionaron seis curtas e  4º, 5º e 6º de primaria disfrutaron  doutras cinco diferentes.
DISFRUTAMOS MOITO  DAS CURTAS!!!

12 de set. de 2018

DESPEGAMOS!!!


Iniciamos un novo curso, cheo de ilusións e moitas ganas de aprender. Este ano imos investigar as aportacións das mulleres ao longo da historia en todos os ámbitos: científico, tecnolóxico, político, deportivo, artístico, literario, musical porque HABELAS... HAINAS. 

"Imos construír un mundo mellor para todos e todas".

Dra. Maggie Aderin- Pocock (Membro da Orde do Imperio Británico e científica espacial).

11 de set. de 2018

CHEGA O VERÁN!!

Chega o verán e con el as ansiadas vacacións!!
Para este último día a ANPA organizou unha festa de despedida na que a "espuma" puso o broche final refrescándonos a todos e todas!! Pasámolo xenial!
E coma todos os anos  despedímonos desexándovos unhas moi boas vacacións e moi boas lecturas!! Estas son as nosas recomendacións :