21 de xuño de 2018

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º!

Hoxe tivemos o acto de graduación dos nenos e nenas de 6º curso que  se despediron coa  representación da obra de teatro "A clase de tócame Roque", coa que nos reimos moito.
Despois do teatro recibiron cadanseu diploma e todos e todas nos emocionamos moito coas palabras de despedida  por parte da directora e co poema da profe Merce.




PARABÉNS E MOITA SORTE A TODOS E TODAS!!!





12 de xuño de 2018

"PELOSTORTOS" NA CASA DO POBO!

Hoxe os nenos e nenas de 3º de Primaria quixeron acercarse á Casa do Pobo para dramatizar, como  prometeran na anterior visita ao Taller de Memoria, o conto "A figueira de Pelostortos" .
 Ademais das integrantes do Taller de memoria, invitaron ás familias e  ao alcade de Bueu, que se achegou xunto coa concelleira de educación. A obra foi do agrado de todos e todas, sendo correspondida con un forte aplauso. Uns verdadeiros artistas!!!















 Rematamos o acto repartindo a todos os asistentes o noso "Faro da Escola", no que aparecen entrevistados o Alcalde( ao que lle pedimos o banco-mirador para Cabo Udra) e Pura (Taller de memoria).

O Alcalde aproveitou para invitarnos á inaguración do banco, que terá lugar o póximo domingo, día que se celebra o CROSS Cabo Udra no que participará moito alumnado e mestres do colexio.



GRAZAS A TODOS E TODAS POR ACOMPAÑARNOS E COMPARTIR MOMENTOS TAN FELICES !!
UN VERDADEIRO PLACER!!!

7 de xuño de 2018

"DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS"

O pasAdo día 5 de xuño foi o "Día Mundial do Medio Ambiente" e mañán día 8 celébrase o "Día dos Océanos". Por este motivo , como remate ao proxecto de centro "Móllate" ,un grupo de nenos e nenas de distintos cursos quixeron agasallarnos coa dramatización, na biblioteca, do conto da editorial S.M "PELIGRO EN EL MAR" . Un conto que fala do problema da contaminación dos mares e da importancia de buscar solucións entre todos e todas.




FIXÉRONO MOI BEN. MOITAS GRAZAS!!

1 de xuño de 2018

PECHAMOS A BIBLIOTECA!!

Hoxe pechamos a biblioteca do cole para o préstamo e durante os recreos, xa que, precisamos facer reconto de fondos, actualizar datos e reorganizar os andeis.
Volverá a estar aberta para  o préstamo de verán, na semana do 12 ao 18 de xuño, nas horas de titoría e durante os recreos.
A despedida foi por todo o alto!
 A primeira hora da mañán, o alumnado  de infantil,1º e 2º de primaria disfrutaron das historias que  dúas nais nos contaron, acompañadas polos seus fillos e fillas.
Comenzou a nai de Iria, de 4º de Infantil, con : "Pato está sucio", "Un máis" e "A qué sabe a lúa?






















Despois continuou a mamá de Brais e Zaida (4º de infantil) cun conto que viña acompañado dunha canción en inglés moi chula que  todos e todas cantamos: "Pete el gato. I love my white shoes".

 
Rematamos a xornada cunha lectura , por parte da profe Sole, para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria de "Mi primer Principito", pois hoxe desmontamos a exposición que tivemos ao longo de todo este mes  "75 anos de O Principiño".


GRAZAS  A TODOS E TODAS !!!