27 de feb. de 2019

"O MONSTRO DE CORES VAI Á ESCOLA" BY EVA AND YANIRA

Hoxe, durante a Hora de Ler, Eva e Yanira léronnos o conto " O monstro de cores vai á escola", axudadas por marionetas

PARABÉNS RAPAZAS!!
MOITAS GRACIAS

25 de feb. de 2019

CONTACONTOS

Hoxe, seguindo coa celebración do Día de Rosalía, Carlota, unha compañeira de 3º de Primaria, contounos un conto escrito e ilustrado por ela titulado Irene e a cámara desaparecida.
Unha historia moi bonita, moi ben narrada e fermosamente ilustrada que foi un éxito de acollida polo público.
Foi presentada e acompañada por tres amigas do seu curso. A continuación, houbo concurso de preguntas e agasallos para os que estiveron moi atentos.






 ESTAMOS AGARDANDO POLO SEGUINTE CONTACONTOS!!!
MOITAS GRAZAS!!

VISITA AO CLUB DE LECTURA DO INSTITUTO!!

O venres 22 foi un día completiño para o alumnado de 6º, cheo de actividades. Celebramos o Día de Rosalía, e ó rematar as clases marchamos para o instituto Illa de Ons en Bueu para compartir co alumnado do Club de Lectura  unha xornada moi interesante.
Comemos no instituto e compartimos diferentes xogos en grupo. A continuación, na biblioteca,  Antía e Carla dramatizaron Mándame un Whatsapp e os nosos antiguos compañeiros leron a obra Misterio no Instituto. Visualizamos un book trailer  protagonizado por profes do instituto da obra La ratonera de Agatha Christie.
Podedes ver a entrada e un vídeo no seu blog:
http://bibliotecailladeons.blogspot.com/2019/02/visita-dos-belulectores.html








 MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS A COMPARTIR CONVOSCO ESTA FERMOSA EXPERIENCIA!!!

RECITANDO POLA RÚA

O venres, o alumnado do Voluntariado de 6º, saiu a recitar e a agasallar o poema "Paseniño, paseniño" de Rosalía de Castro pola rúas de Beluso a todas as persoas que íamos atopando.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que durante estos anos nos está resultando moi educativa.
Colocamos na rúa os carteis coa conmemoración do Día de Rosalía e o poema "Campanas de Bastabales"




























É MARABILLOSO COMPARTIR POESÍA!!
GRACIAS A TODOS E A TODAS POR ESCOITARNOS!!

RECITANDO A ROSALÍA

O venres 22, a primeira hora recitamos o poema de Rosalía "CAMPANAS DE BASTABALES", estrofa a estrofa desde Infantil ata 6º.
As pandereteiras do colexio pecharon o acto cantando tres pezas.
As familias asistiron e disfrutaron moito!!!
























MOITAS GRAZAS!!!