28 de xan. de 2024

Minutos musicais!

 Esta semana na que remata o primeiro mes do ano, xaneiro, conmemoramos o día 30 o Día da Paz e Non violencia.

Neste día celebramos o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India 1869-1948) líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica frente ás inxustizas e foi asasinado por defender estas ideas.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz refórzanos como persoas críticas e comprometidas cos nosos dereitos e cos de outras persoas.

Ser distintos é diversidade!


Escoitamos a canción "O mundo é grande" do grupo Mamá Cabra, canta a súa importante mensaxe.

Feliz semana!


26 de xan. de 2024

Club de Lectura: Alma de elefante

Rematando Alma de elefante, escrito por Andrea Maceiras. Investigamos sobre os lugares, os animais, a cultura que dá soporte ao libro.

Como nos gusta compartir lecturas e tempo!







Regala palabras para a paz!

Ven, colle un papel e escribe PALABRAS pola PAZ! Leva a que necesites!

Porque a paz constrúese cada día con fermosas palabras, pequenos xestos, saudando, axudando, sorrindo, con amabilidade, xenerosidade, empatía, escoitando...


Visita a biblioteca ou o recuncho de lectura da entrada con bibliografía seleccionada polas voluntarias da biblioteca e relacionada coa Paz e Non violencia.






22 de xan. de 2024

Construíndo na biblioteca!

 Que grande éxito ten este novo xogo de construción na biblioteca!












Voluntarios na biblioteca!

Axudando na biblioteca... 

O grupo de voluntarios e voluntarias da biblioteca seleccionaron bibliografía relacionada co Día da Paz e Non Violencia.

A continuación, dous voluntarios deseñaron, durante o recreo, coa axuda dunha app, un cartel.



 Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

 

Mochilas viaxeiras 2024

 As mochilas viaxeiras xa iniciaron a súa andaina polos fogares do noso alumnado!

Gustaríanos que vos axudaran a crear momentos para compartir lectura, música, conversa arredor dos libros e das outras dúas sorpresas que conteñen as mochilas.

No caderno viaxeiro, que as acompaña, podedes escribir a vosa opinión sobre a actividade, sobre o contido, cal é o voso libro favorito, comentar sobre o tema dos deportes e os xogos do proxecto anual... e suxestións de mellora cara ao futuro.








Lecturas e aventuras con Belusiña!

21 de xan. de 2024

Minutos musicais!

 Esta semana escoitaremos unha canción que desprende optimismo Happy do cantante estadounidense Pharrell Williams.

Este tema gozou de éxito mundial durante o ano 2014. Forma parte da banda sonora da película "O meu villano favorito 2".

A felicidade está en ti. Sé moi FELIZ!

Boa semana!


9 de xan. de 2024

Minutos musicais!

Iniciamos trimestre e semana con moita alegría por estar todas e todos xuntos de novo no colexio.

Escoitaremos a canción Sonríe da cantautora canaria Rosana cunha mensaxe alegre e positiva para empezar este novo ano!

Moito ánimo e a por todas!


"Tú sonríe y veras,
como todo lo que hay en tus ojos parece que brilla.
A poquito,
que sonrias se contagia la mía.
Y los ratos oscuros se harán de colores."

7 de xan. de 2024

Calendario colaborativo 2024

Xa está aquí o Calendario colaborativo anual! 

Ilustrado coa práctica de diferentes deportes e xogos por todo o alumnado do colexio.

Este curso o Proxecto anual está adicado aos deportes, aos xogos, aos contos motóricos... Leva por nome En xogo. 

É moi importante que os nenos e nenas desenvolvan modos de vida saudables. Desde o centro promovemos hábitos deportivos e contribuímos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da Axenda 2030.

A práctica de exercicio axuda ao desenvolvemento integral da persoa. Mellora a concentración o que facilita a consecución das competencias básicas de lectura, escritura e habilidades investigadoras.









Podedes mercalo na secretaría do centro ou en calquera libraría do noso concello.