31 de out. de 2018

RISCOS TIC

  O uso das novas tecnoloxías é un gran avance en todos os ámbitos das nosas vidas. Pero tamén entraña riscos que debemos coñecer.
  Como cada ano, a garda civil, amosa a parte máis perigosa de internet.

29 de out. de 2018

CHEGA O SAMAÍN


"Mouchos, coruxas, sapos e bruxas; demos, trasnos e diaños; espíritos das neboadas veigas, corvos, pintegas e meigas; rabo ergueito de gato negro e todos os feitizos das menciñeiras".


  Estes días tócanos bailar con esqueletos, demos e bruxas a canción de Uxía Lambona e a Banda Molona " O Samaín ".




25 de out. de 2018

AMBIENTAZO NA BIBLIOTECA

  O alumnado estaba desexando ter a biblioteca aberta...






24 de out. de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro  é o día das Bibliotecas,  para celebralo a nosa biblioteca abre as súas portas!!!
Foi un día moi especial, un grupo de voluntarias e voluntarios lectores de 6º de Primaria, dramatizaron "La Cenicienta", pero non pensedes que foi a historia clásica... non. Esta historia recítase e cámbiache o conto... A dramatización baseouse no primeiro conto de "CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS" de Roald Dadhl.



Repartimos as Mochilas Viaxeiras ás titorias para que inicien a súa andaina e compartir lecturas en familia.





O alumnado de novo ingreso recibiu o seu carné da Biblioteca.


FOI UN DÍA FANTÁSTICO!!!
GRAZAS A TODAS E TODOS POR CELEBRALO CONNOSCO!!!

22 de out. de 2018

A RITMO DE JAZZ

Esta semana rendemos homenaxe á cantante de jazz  BILLIE HOLIDAY.



 Eleanora Fagan; Filadelfia, 1915 - Nova York, 1959. Cantante de jazz estadounidense.
Tras participar nun casting para un posto de bailarina no Pod' s & Jerry' s, onde, tras un estrepitoso fracaso, o pianista do local convidouna a cantar, o cal permitiu que o crítico e produtor John Hammond descubrise nela unhas extraordinarias calidades vocais, a pesar da súa nula formación musical.
 O seu particular timbre de voz e a súa liberdade rítmica fixeron dela una das cantantes máis persoais e influentes do mundo do jazz.
                              DISFRUTADE COA MÚSICA

DEREITOS HUMANOS

   Temos expostas no colexio varias das obras de arte feitas polos participantes, o pasado 29 de setembro,  no obradoiro proposto por Gabarrón.




DISFRUTA COS LÁCTEOS


    Concienciar da importacia dunha boa alimentación é tarefa de todos. Así que no colexio traballamos este tema a diario.
   OS LÁCTEOS son un alimento básico nestas idades. Para informar destos productos, o Ministerio de Agricultura ten un programa escolar "DISFRUTA CON LUCY Y LA PANDILLA LÁCTEA"

FORMACIÓN DE USUARIOS

  Como cada curso, antes da apertura da Biblioteca, levamos a cabo a Formación de Usuarios.
Todo o alumnado participa nesta actividade, que axuda a coñecer mellor a nosa biblioteca, a localizar rapidamento o libro que estamos a buscar...

16 de out. de 2018

PREMIO PLANETA 2018



Santiago Posteguillo, gañou a 67ª edición do premio Planeta, recreando a vida dunha emperatriz e filósofa romana chamada Julia Domna, nunha novela histórica titulada: "YO, JULIA".




A finalista, "UN MAR VIOLETA OSCURO", é a historia sobre tres xeracións de mulleres, escrita pola periodista Ayanta Barilli.

 

15 de out. de 2018

CANTANDO CONTRA O CANCRO DE MAMA








  Dende o CEIP Plurilingüe Montemogos unímonos ao Día Mundial do Cancro de Mama (19 de outubro), escoitando  da man de Rozalem e Estopa a canción 'Vivir', que poñerá voz á iniciativa musical 'Por ellas'.
    Como di o lema da AECC:
 “A túa loita é a miña loita. A vosa  loita é a nosa loita ”.