27 de feb. de 2018

SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA!

Abrimos os ollos e as orellas, pechamos a boca e sentámonos ben!
  A sesión vai comenzar!!!!
Álex e Sara achegáronse ata a nosa biblioteca e contáronnos, acompañados polo son da acordeón,  uns contos da editorial KALANDRAKA que nos gustan moitísimo: "Cores", "Frederick"
"A horta de Simón"e "Un máis!".




Rematamos cunha festa ao compás da música e das palmas!

MOITÍSIMAS GRAZAS A ÁLEX, SARA E 
KALANDRAKA POR AGASALLARNOS HISTORIAS QUE NOS FAN CRECER E DISFRUTAR!!!

23 de feb. de 2018

DÍA DE ROSALÍA!!!

Na entrada do colexio, alumnado e profesorado homenaxeamos a Rosalía!!
Primeiro escoitamos  "Adiós ríos ,adiós fontes", recitado polos Voluntarios Lectores de 6º de primaria e ao remate todos xuntos cantamos as cinco primeiras estrofas deste fermoso e emblemático poema.



Na Hora de Ler, na biblioteca,  poidemos escoitar  a Eva e Yanira recitar  "Paseniño, paseniño" e as "cantareiras do cole"acompañadas de  craves, cunchas e pandeireta que musicaron o poema "Has de cantar".


 Nas titorías, as fiestras ccubríronse de poemas rosalianos seguindo a iniciativa proposta pola Asociación de Escritores de Lingua Galega "Abride a fiestra".

 







Gracias a todos e todas pola  participación nas diferentes propostas.GÚSTANOS ROSALÍA!!!

22 de feb. de 2018

SEMANA DE ROSALÍA -VOLUNTARIADO LECTOR!!

Ao longo de toda a semana estamos a traballar en torno a Rosalía, poeta do Rexurdimento tan importante dentro das nosas letras .
Murais, versos, audicións, libros, cancións,... enchen o noso colexio!!










Ademais, hoxe os Voluntarios Lectores saíron polas rúas e locais de Beluso para ler e agasallar poemas da escritora. Despois, achegáronse  á Casa do Pobo onde lles agardaba un grupo de mulleres do Taller de Memoria que encantadas escoitaron os versos de Rosalía.
Finalizaron a actividade colgando o poema "Adiós ríos, adiós fontes" na alambrada do centro da vila para que todos os viandantes poidan disfrutar deste fermoso poema ao longo deste mes de febreiro.

Fotos da saída dos voluntarios lectores. Premer Día de Rosalía

16 de feb. de 2018

A MULLER NA CIENCIA!

Baixo o título As mulleres, inventaron algo? o alumnado de 5º e 6º poideron escoitar a Amelia Verdejo Rodríguez, profesora titular de Análise matemático do Departamento de Matemáticas na Universidade de Vigo, que se achegou ata o noso colexio para falarnos de tantas e tantas mulleres, descoñecidas moitas delas, que  ao longo da historia foron quen de idear inventos tan importantes para nós: Sara Mather, Josephine Cochran, Melitta Bentz,Nancy, Johnson...





OS NOSOS AGRADECEMENTOS A AMELIA POR AGASALLARNOS CUNHA CHARLA TAN INTERESANTE! MOITÍSIMAS GRAZAS!

15 de feb. de 2018

DÏA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL

Hoxe , "Día Internacional contra o cancro Infantil", no colexio sumámonos á iniciativa promovida pola Asociación Bicos de Papel . Fixemos un gran lazo dourado (símbolo contra o cancro infantil) no pavillón do colexio, por mor da choiva.  Alumnado, profesorado e algún pai e nai, mostramos o noso apoio e cariño para con aquelas familias que por causa da enfermidade están atravesando momentos difíciles.
 Os nenos e nenas de 6º de primaria leron  o manifesto escrito  pola doctora María Tallón, responsable de oncoloxía infantil no Hospital Álvaro Cunqueiro.
 
 
 
 
Todos e todas unidos en contra do cancro infantil!!
 

9 de feb. de 2018

ENTROIDO 2018!!

Un "entroido cheo de auga"!!!!

Hoxe no colexio celebramos o ENTROIDO,!! Todos e todas comandados polo barco da ANPA "Cabo Udra" saimos polas rúas  ao ritmo da música!
Cada curso deixou voar a súa imaxinación e vestíuse para a ocasión: gotiñas, arcos da vella, treboadas, mariñeiros, gardiáns da auga, piratas, ríos, peixes, plantas, mergulladores...fixeron que Beluso se enchese de auga!!










Rematamos a celebración cantando as coplas no salón de actos, que, como non podía ser doutra maneira, fixeron alusión ás goteiras que temos dentro do colexio.




MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA COLABORACIÓN E ENTUSIASMO!!!

5 de feb. de 2018

LEDICIA COSTAS DE NOVO ENTRE NÓS!!

Hoxe tivemos entre nós a unha das nosas autoras favoritas: Ledicia Costas!!!
Conversamos sobre  anécdotas do seu último libro: "A señorita Bubble", dos inventores e, sobre todo, das inventoras.
Rimos co parecido entre Bubble e Ledicia na portada do libro ilustrado por Andrés Meixide.
Estaremos moi atentos porque haberá continuación das aventuras da señorita Bubble...

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS A TÚA FANTASÍA!!!





















E MOITÍSIMAS GRAZAS POLO TEU CARIÑO, O PRACER FOI NOSO!!!

1 de feb. de 2018

DÍA DA PAZ: "TEÑO UN SOÑO"

Este ano o lema escollido para o" Día da Paz", en honor de Martin Luther King ao se cumprir 50 anos da súa morte, foi "TEÑO UN SOÑO" (I HAVE A DREAM). Partindo del, na entrada do colexio fixemos un mural colectivo onde cada curso expresou o seu soño.
Como colofón á semana da PAZ, onte no salón de actos, os nenos e nenas de 6º de infantil expuxeron un traballo realizado na sua titoría sobre a vida de Martin Luther King.










Rematamos o acto coa canción de Magín Blanco "TODOS SOMOS CAPITÁNS", canción que aprendemos en linguaxe de signos e coa que elaboramos un video que todos e todas poidemos disfrutar.