31 de mar. de 2022

VISITA DO PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU!

Hoxe, na nosa biblioteca, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de escoitar a José Manuel Rosas, patrón maior da Confraría de Pescadores de Bueu e actual presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, que se achegou ata o colexio para dar unha interesantísima charla sobre diferentes artes e aparellos de pesca: "Can de navalla","Can de ameixa", "Nasas" ,"Raña", "Pandullo", "Raposa"... foron algúns deles.

Rematou a charla facendo unha defensa en prol do mar e do medio ambiente, así como da importancia do "coidado do noso".






 O noso máis sincero agradecemento!

30 de mar. de 2022

PACO NOGUEIRAS

Hoxe tivemos unha actividade no colexio que todos e todas estabamos agardando  e que botabamos moito de menos.

Paco Nogueiras, por xentileza da editorial KALANDRAKA, contounos : "O can de Milu", "Selva", "Ratos na escola", "Elmer" e "Quen é ese becho".Todos eles acompañados da música do seu acordeón e do seu ukelele.

Unha fantástica sesión na que todos e todas gozamos escoitando, cantando e aplaudindo ao compás.




Grazas Paco por ser tan divertido e contarnos contos tan fantásticos!!


29 de mar. de 2022

PACO NOGUEIRAS!

 Grazas á Editorial Kalandraka visitará a nosa biblioteca Paco Nogueiras coa súa música e unha sesión de contacontos!👏



PRECISO UNHA APERTA!

As nosas benqueridas voluntarias Candela, Neves e Sabela representaron unha adaptación do álbum ilustrado "Necesito un abrazo", escrito e debuxado por Aaron Blabey, editado por Anaya.

Unha historia que nos transmite o verdadeiro valor da amizade e da autoestima.





Mil grazas por compartir con nós estas fermosas historias!

Parabéns polo traballo feito con dedicación e cariño!

28 de mar. de 2022

Visita de Andrea Maceiras!

 Por xentileza de Editorial Xerais, visitará o Club de Lectura, Os Belulectores, a autora Andrea Maceiras.

Conversaremos arredor da súa obra "A folla azul", libro que nos gustou moito. 

Fantástico encontro onde conversamos arredor da Amazonia e das impresións do seu libro.

Bibliolab: "A morfoloxía dos peixes"

 

Neves, Candela, Álvaro, Sabela, Carlota e Anxo están desenvolvendo as súas habilidades científicas no laboratorio. 

Hoxe procederon a disección de diferentes peixes da nosa ría para coñecer a súa morfoloxía.

Moito ánimo científicas e científicos!

Exposición de escultura

 Folerpas de papel

caen 

 devagar

      sobre

         fachos

            prendidos

Fermoso e poético título para unha "Exposición de escultura" do noso exalumno Ramiro Agulla.

Animámosvos a visitala na Sala de Exposicións Amalia Domínguez en Bueu, durante este mes de marzo.

Xa quedan poucos días!

É un gozo para os sentidos! Observa e escoita moi atentamente durante a túa visita. As formas, os elementos, a música, a luz... forman parte da exposición.

Entras como un espectador... e acabas formando parte deste universo escultórico.


 



27 de mar. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 A audición desta semana será a canción de Nil Moliner "TAL VEZ".

Unha canción que invita a reflexionar sobre as inxustizas sociais, as guerras... cunha mensaxe esperanzadora: "Tal vez la vida nos responda con ganas de amar".


     FELIZ SEMANA!!

 

21 de mar. de 2022

21 de marzo: Día Internacional da Síndrome de Down

 Leva en préstamo os libros do expositor para coñecer que é a Síndrome de Down.

 Sabes por que aparecen calcetíns diferentes?

Visita o blog de Orientación para saber máis.

"DANIELA PIRATA"

Luns de Conto na nosa biblioteca grazas a Raquel. 

Cunha magnífica posta en escena gozamos do conto "DANIELA PIRATA" escrito por Susanna Isern.

Como nos gustan as túas historias! Mil grazas.

RECICLAMOS!

 Como nos gusta RECICLAR!

Recorda que no noso colexio recollemos tapóns, pilas, utensilios de escritura para a súa posterior reciclaxe!

Un mundo mellor é posible!

Cal é a túa opinión sobre as estatísticas da reciclaxe? Observa, analiza, reflexiona, opina...



Horto escolar: preparación

Grazas aos nenos e nenas de 6º o noso horto xa vai estando case listo😀.

Mirade como enchen os bancais coa terra preparada co noso compost!







MIL GRAZAS!

Estade moi atentos e atentas xa que proximamente empezaremos a plantar!


NON Á GUERRA!

O venres 18 de marzo, no parque Joe Novas, representantes do Concello e a comunidade escolar manifestou o seu NON rotundo a todos os conflitos bélicos actuais.

Comezamos pegando mensaxes de paz coa música de John Lennon, as nenas e nenos de 6º escribiron e leron un manifesto e recitaron un poema de Celso Emilio Ferreiro titulado "Irmáus". A continuación gardamos un minuto de silencio en memoria de todas as persoas que sufren as guerras. Rematamos cantando "Los niños queremos la paz".













GRAZAS POR MANIFESTAR O TEU NON Á GUERRA!

A PAZ É O CAMIÑO.

Para rematar a Semana da Prensa, nós tamén fomos noticia en:


20 de mar. de 2022

MINUTOS MUSICAIS!!

 Comeza a primavera e celebramos o "Día Mundial da Poesía" .

 Escoitaremos o poema "Dorna" de Manuel María cantado por Uxía Senlle.


Deixámosvos tamén on poema de Celso Emilio Ferreiro "IRMÁUS" interpretado polo grupo Fuxan os Ventos. Este poema é un canto solidario co ser humán de calquera latitude que estea a padecer dor, opresión ou sexa vítima das inxustizas sociais.




                                          FELIZ SEMANA !!
  

18 de mar. de 2022

8M: VISITA AO MUSEO MASSÓ

 "AS MULLERES E O TRABALLO DO MAR EN TERRA"

Co gallo do Día Internacional da Muller, o alumnado de 6º visitou o Museo Massó para coñecer de preto o seu fondo relacionado co traballo da muller no sector marítimo.

As mulleres galegas afiliadas ao Réxime Especial do Mar é do 67%, seguidas nun segundo lugar polas mulleres vascas.

A presenza da muller é maioritaria no marisqueo, reparación de redes, comercialización e industria conserveira. Intermedia na acuicultura (bateas) e nos equipos biolóxicos. Ínfima na extracción de embarque e entre os armadores.

Visualizaron un vídeo explicativo e visitaron as instalacións do Museo.

Si o queres ver visita http://museomasso.blogspot.com/2022/03/8-de-marzo.html




O Museo Massó agarda a túa visita. Anímate!

16 de mar. de 2022

Encontro con ANA CABALEIRO!

 O pasado martes 15 de marzo, gozamos no Club de Lectura de Adultos da compañía da escritora Ana Cabaleiro.

Conversamos arredor da súa novela "Deixádenos remar".

Foi un encontro moi divertido no que houbo momentos para as risas e tamén para falar dos noso espazos de vida, da soidade, do Alzheimer, da dignidade das persoas e do respecto á sabedoría popular. Da necesidade de expresar moitas cousas con poucas palabras. 

Mil grazas por compartir o teu tempo e o teu espazo!


14 de mar. de 2022

"A COELLIÑA MARCELA"

Iniciamos esta Semana pola Paz e a Tolerancia coa nosa alumna en prácticas Raquel, que nos contou un libro titulado "A coelliña Marcela" de Esther Tusquets, editado por Kalandraka. 

Nun mundo dividido, Marcela reivindica a súa diferenza para que prevalezan a IGUALDADE e a TOLERANCIA.

Preciosa posta en escena!

Mil grazas!



                                                                      Parabéns!

 

13 de mar. de 2022

REFUXIADOS

En 2020, a cifra de desprazados forzosos superou os 82 millóns de persoas, según ACNUR. Nas últimas tres semanas estímase que máis de 2,5 millóns de persoas fuxiron de Ucraína.

A invasión de Ucraína impactou na nosa sociedade e no noso alumnado. Falar na casa, na clase axuda a combatir o estrés e a desinformación.

Ler e comentar noticias é unha boa forma de introducir temas de actualidade.

RECURSOS

1.- Selección de materiais informativos e didácticos, elaborados por docentes en EL DIARIO DE LA EDUCACIÓN. 

2.- Recursos de ACNUR (Axencia da ONU para os Refuxiados).

-Videoteca: a medida que avanza o conflito, incorporan novos vídeos que axudan a entender a situación das persoas refuxiadas.


-Programa: Enseñar sobre as persoas refuxiadas. Materiais para entender os diferentes casos que se dan: desprazados internos, migrantes, refuxiados, apátridas e cómo axudalos.

-Historias: testimonios que dan unha visión da situación des distintos puntos de vista: refuxiados, voluntarios...

3.- Recursos de CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado).

-Guía CEAR sobre protección en España para persoas afectadas pola guerra.

-Materiais de sensibilización: guías, libros, audiovisuais, música...

4.-Recursos UNICEF: 

-"Como falar aos nenos e nenas sobre desastres, emerxencias e catástrofes"

5.-"MIGRANTS", 2021,  curta de animación premiada en diferentes festivais, que tamén visionamos no FIC en Bueu.



6.- Selección de lecturas de CEAR:

-EL VIAJE, Francesca Sanna, Impedimenta


-LOS NIÑOS MIGRANTES NO VIENEN DE LA LUNA, Montserrat Álvaro, Hontamar


-EL MAPA DE LOS BUENOS MOMENTOS, Fran Nuño e Suzanna Celej, Cuentos de la Luz


-MIGRANTES, Issa Watanabe, Libros del Zorro Rojo



-EL NIÑO QUE NO PODÍA VIVIR LEJOS DEL MAR, Anna Ferrer, Salvatella



-¿QUÉ ES UN REFUGIADO?, Elise Gravel, Anaya


- POR QUE? , Nikolai Popov, Kalandraka



-DJAJI, EL NIÑO REFUGIADO, Peter Härtling, Anaya


Empatizamos e solidarizámonos cos pobos que están a sufrir guerras!

Grazas a Teachers for Future Spain por compartir estos materiais tan interesantes!

PAZ E DIÁLOGO!

NON Á GUERRA!