Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

24 de maio de 2020

Día 70: 24.05.20 CINE EN FAMILIA "UNA NOCHE EN EL MUSEO"

Este domingo recomendamos unha película de acción que se desenvolve nun museo.








Título orixinal
Night at the Museum
Ano
Duración
108 min.
País
Estados Unidos
Dirección
Shawn Levy
Guio
Música
Alan Silvestri
Fotografía
Reparto
, , , , , , , , , , , , , , , , 

Xénero
Comedia. Acción. Fantástico. Aventuras. Cine familiar.

Sinopsis
Larry Daley ( Stiller) é un soñador de bo corazón que se cre destinado ao éxito. Cando acepta un traballo de garda de seguridade nun museo, empezan a ocorrer cousas extraordinarias: gladiadores, guerreiros, toda clase de personaxes épicos empezan a cobrar vida. Para resolver o caos, Larry pídelle consello á figura de cera do Presidente Teddy Roosevelt (Williams), que tentará axudalo a salvar o museo.

10 de maio de 2020

Día 56: 10.05.20 Cine en familia: GORILAS EN LA NIEBLA

Hoxe recomendamos a película "GORILAS EN LA NIEBLA"  (para maiores de 7 anos) que narra a vida de Dian Fossey, unha das primeiras primatólogas do mundo, xunto con Jane Goodall e Birut Galdikas.

No ano 1983 Dian Fossey publicou "Gorilas en la niebla", libro no que narra as súas observacións e a súa relación cos gorilas. Combatiu aos cazadores furtivos.

Desperta a túa conciencia ecolóxica, tan necesaria nestes tempos de deforestación e extinción de fauna e flora salvaxe.

Tráiler:

DISFRUTA DUNHA PELÍCULA EN FAMILIA!




3 de maio de 2020

Día 49: 03.05.20 Cine en familia: BILLY ELLIOT. QUIERO BAILAR

Billy Elliot é unha película sobre a autoestima, a necesidade de ser como un queira, afrontar as dificultades e superalas. Cuestiona as funcións atribuídas ao xénero masculino e ao feminino.
Narra a historia dun neno que terá que loitar contra os estereotipos e os prexuízos por non querer ser boxeador e querer ser bailarín.
Tráiler:
Ficha técnica: 
Título: BILLY ELLIOT. QUIERO BAILAR
Dirección: Stephen Daldry.
País:  Reino Unido. 2000. 110 min.
Intérpretes: Julie Walters (Sra. Wilkinson, profesora de danza), Jamie Bell (Billy Elliot), Jamie Draven (Tony Elliot), Gary Lewis (pai, Jackie Elliot), Jean Heywood (avoa), Stuart Wells (Michael), Mike Elliot (George Watson), Janine Birkett (nai de Elliot), Nicola Blackwell (Debbie Wilkinson).
Guión: Lee Hall.
Música: Stephen Warbeck.
Fotografía: Brian Tufano.

Tamén existe un musical de moito éxito, votado polo público como o mellor musical na historia dos premios Broadway World 2018.     
FELIZ DOMINGO!

26 de abr. de 2020

Día 42: 26.04.20 CINE EN FAMILIA: "O PRINCIPIÑO"

Hoxe convidámosvos a gozar en familia cunha película de animación en 3D e stop-motion: O PRINCIPIÑO, baseada no libro de Antoine Saint-Exupéry.
Foi dirixida por Mark Osborne (que tamén dirixiu Kung-Fu Panda) e estrenada no ano 2015.  
Conta unha historia dentro doutra historia...
Tráiler oficial:
FELIZ DOMINGO!
FELIZ PRIMEIRO PASEO DESTA CORENTENA!

19 de abr. de 2020

Día 35: 19.04.20 CINE EN FAMILIA: " EL NIÑO QUE DOMÓ EL VIENTO"

















Título orixinal
The Boy Who Harnessed the Wind
Ano


Dirección
Chiwetel Ejiofor
Guión
Chiwetel Ejiofor (Libro: William Kamkwamba, Bryan Mealer)
Música
Antonio Pinto

Reparto
Chiwetel Ejiofor, Maxwell Simba, Joseph Marcell, Aïssa Maiga, Noma Dumezweni, Lemogang Tsipa, Kelvin Maxwell Ngoma, Lily Banda, Beatus Ble Msamange
Xénero
Drama. África. Adolescencia. Pobreza. 
Sinopse
Un neno da República de Malaui  axuda ás persoas do seu pobo construindo unha turbina despois de ler un libro no que se explican os pasos para a súa creación. 
Basada en feitos reais.


Para o diálogo:
É importante o valor da educación. Os pais de William queren darlles unha educación a el e á súa irmá. Unha e outra vez aluden á falta de estudos como un problema. E imos vendo a dificultade, o esforzo e o privilexio que supón o poder ir ao colexio desde a primeira escena co uniforme escolar, ao acceso a unha biblioteca...
Tamén é unha película sobre a familia. Sobre a necesidade de loitar uns por outros, e sobre o amor.
A película está baseada na historia real de William Kamkwamba, e mostra a capacidade dalgunhas persoas de perseguir metas que van máis aló do establecido.
GOZADE CO VISIONADO DESTA FERMOSA PELÍCULA!

12 de abr. de 2020

DÍA 28: 12.04.20 CINE EN FAMILIA: "BABE, O CERDITO VALENTE"

Hoxe recomendamos unha película divertida e con ensinanza para ver en familia.

Ficha técnica:
Título orixinal: Babe
Ano: 1995
Duración: 91 min.
País: Australia Dirección: Chris Noonan
Guión: George Miller, Chris Noonan (Novela: Dick King-Smith) Música: Nigel Westlake Fotografía: Andrew Lesnie Reparto: James Cromwell, Magda Szubanski, Paul Goddard, Zoe Burton, Marshall Napier, Brittany Byrnes. Produtora: Universal Pictures / Kennedy Miller Productions Xénero: Comedia. Drama. Cinema familiar. Vida rural.
Animais. Contos

Sinopse: Na granxa Hogget vive toda clase de animais. Cada un ocúpase dun traballo que trata de facer o mellor posible. Á granxa chega Babe, un cerdito que o granxeiro gañou nun concurso e que é moi especial. Decide ensinarlle o oficio de can pastor.
Para pensar... A vida está chea de prexuízos. Babe quere ser can ovelleiro. Nunca será un can, pero termina sendo o que quere ser con esforzo e perseveranza. Podes ser todo o que che propoñas sen límites? Ou o importante non só está en poder chegar senón en tentalo?

Babe caracterízaselle pola súa bondade e a súa educación. As ovellas fanlle caso porque ningún outro animal dirixiuse a elas con tanto respecto. Na vida ás veces pasa un pouco o mesmo: desmerecemos ao bo e educado porque pensamos que hai que impoñer respecto ao outro por encima de todo o demais, deixando claro quen manda, quen está arriba e quen está abaixo. Pasouche algunha vez que destacases por xestos pouco habituais pero realmente merecedores de recoñecemento e respecto?
Hai moitas cousas que se deixan de facer por vergoña. Polo “que dirán”. Con todo, moitas desas cousas son diferentes, son esenciais para ser como ti es. Algunha vez deixaches de facer cousas ou deixaches pasar oportunidades por ese motivo?

17 de set. de 2018

FICBUEU 2018


 O xoves 13 e o venres 14 de setembro asistimos á  Sección Infantil do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
    Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria, visionaron seis curtas e  4º, 5º e 6º de primaria disfrutaron  doutras cinco diferentes.
DISFRUTAMOS MOITO  DAS CURTAS!!!