26 de set. de 2022

Minutos musicais!

A finais do verán, principios do outono empeza a recollida de produtos agrícolas.

Esta semana escoitaremos ao grupo Migallas e a súa canción PAN DE MILLO, na que nos narran todo o proceso de como un pequeno gran de millo pode chegar a ser un riquísimo pan de millo.


Este cuadro titúlase "Cosecha de maíz en Provenza" pintado por Vincent van Gogh, pintor postimpresionista holandés. Está no Museo Van Gogh en Ámsterdam, Países Baixos.

FELIZ SEMANA!



22 de set. de 2022

Día Internacional da Lingua de Signos

O venres 23 de setembro conmemoramos o Día Internacional da Lingua de Signos, é unha oportunidade para coñecer e valorar a diversidade lingüística e cultural desta lingua.

Canta en LSE:


 Conto cantado: "A mellor sopa do mundo". Grazas a Escola Infantil Abelliñas

 

Conto: " A ratiña presumida" na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Conto: "A que sabe a Lúa?, da organización FEDAPAS.






 A lingua de signos, únenos!

21 de set. de 2022

FIC Bueu 2022

 Esta mañá de martes, as nenas e nenos de Infantil e Primaria asistiron á proxección das curtametraxes do FIC (Festival Internacional de Curtametraxes) de Bueu no Centro Social. 

Visualizamos curtas de varios países ( Francia, Alemaña, Países Baixos, EEUU, Bélxica...) con temática diferente, por exemplo, solidariedade, medo, contaminación, amizade, convivencia, superación, medio ambiente...







 
Antes de asistir á visualización debuxamos e ao regresar ao centro valoramos as curtas.





Foi unha experiencia de cine!



19 de set. de 2022

Minutos musicais!

Setembro é mes de inicio de curso pero tamén de recollida de produtos agrícolas.

É tempo de recollida do millo, de mazás, de uvas, de vendimar... 

As tarefas agrícolas teñen o seus cantares.

A ver si adiviñades de que trata este canto de Treixadura...

 

O pintor impresionista valenciano Joaquín SOROLLA, coñecido como o Pintor da Luz pintou en 1914, dez bocetos ao óleo, titulados VENDIMANDO EN JÉREZ sobre todos os traballos relacionados coa vendima. Estas obras están na Casa Museo Sorolla en Madrid.


FELIZ SEMANA!

16 de set. de 2022

Somos artistas!

Este curso o novo Proxecto Documental de centro versará arredor das Artes Plásticas e a súa relación con outras ciencias, co nome de imaxinARTE. 

Estades preparados e preparadas pois... 

Todo o que poidades imaxinar é real! (Pablo Picasso)








12 de set. de 2022

Minutos musicais!

 Iniciamos o curso demostrando que somos uns auténticos artistas.

Esta semana escoitaremos "Eu son un artista" do grupo Mamá Cabra, canción incluída no seu libro, CD, DVD "ola, ola, la!" , editado por Galaxia, que está a vosa disposición na biblioteca.

Desexámosvos unha FELIZ SEMANA!



7 de set. de 2022

Un día especial!

Fainos moita ilusión comezar de novo e queremos convertelo nun día especial para ti.

Canta, baila, brinca e goza deste novo curso que imos iniciar!

Escoita "Un día Especial" de A Gramola Gominola.

Feliz inicio de curso!


BENVIDAS e BENVIDOS!