29 de set. de 2021

HOTEL DE BICHOS: produto final

Este documento é a exposición final da investigación feita polo alumnado de 4º de Primaria (curso 2020-2021) sobre os insectos e a súa importancia nos ecosistemas.
Goza coa súa lectura. Está no andel de Producións Propias!


26 de set. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

 Nesta semana escoitaremos o 1º movemento do concerto para violín e orquestra "O outono" de Antonio Vivaldi.

                                          

                                                            Feliz semana !!!

24 de set. de 2021

HOMENAXE A XOSÉ NOVAS


Este sábado 25 de setembro, ás 13 horas, terá lugar no Parque de Beluso, que leva o seu nome, a colocación dunha placa conmemorativa polo centenario do seu nacemento. 

23 de set. de 2021

23 de setembro: Día Internacional da Lingua de Signos

Hoxe é o Día Internacional da Lingua de Signos, polo que nos xuntamos no patio do recreo para cantar "Todos somos capitáns" de Magín Blanco en lingua de signos. 



21 de set. de 2021

XOSÉ NOVAS: PERSOA SENLLEIRA DE BELUSO

CENTENARIO DO NACEMENTO DE

Xosé Novas Regueira, tamén coñecido como Joe Novas, naceu en Beluso o 21 de setembro de 1921.

No ano 1993 crea unha fundación para promover actividades culturais e benéficas, chamada "FUNDACIÓN XOSÉ NOVAS", chamada así en honra ao seu pai.

Foi nomeado Fillo Predilecto de Bueu e adicóuselle unha praza pública en Beluso, onde se ubica o parque infantil e o pavillón.

Para máis información le o FIADEIRO nº 27, ano 2021 ou visita a biblioteca pública.


Tal día coma hoxe cumpriría 100 anos!

20 de set. de 2021

COMUNICANDO COAS MANS!

 23 de setembro: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

Apoiamos e protexemos a identidade lingüística e a diversidade cultural de todas as persoas xordas e outros usuarios da lingua de signos.

Esta semana cantamos "TODOS SOMOS CAPITÁNS" de Magín Blanco. 

Intentamos saudarnos e despedirnos en Lingua de Signos. Consulta a páxina:

https://www.fundacioncnse.org/educa/bancolse/

Abecedario Dactilolóxico:

 

Para máis información visita o blog do Departamento de Orientación:

https://celamontemogosorienta.blogspot.com/2021/09/23-de-setembro-dia-internacional-da.html



 

 

19 de set. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

 Nesta semana na que celebramos o DIA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS escoitaremos e cantaremos a canción "TODOS SOMOS CAPITÁNS" de Magín Blanco pertencente ao seu disco "A nena e o grilo nun barquiño", unha canción  interpretada en lingua de signos.


                                                      FELIZ SEMANA!!

13 de set. de 2021

Proxecto Documental 2021/2022: A MEMORIA DO NOSO

Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!

A MEMORIA DO NOSO é o título do proxecto documental que ten por obxectivo coñecer e pór en valor a nosa historia, os nosos costumes, o noso xeito de falar, o léxico... os fíos invisibles que nos unen como comunidade.

Investiga sobre a túa localidade!


Coñeces este lugar? Seguramente pasas por aí todos os días😀
MOITO ÁNIMO para esta nova etapa!




12 de set. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 Nesta semana escoitaremos "FIGA" o último traballo do grupo galego TANXUGUEIRAS, canción escollida polos eurofans como favorita para representar a España no Festival de Eurovisión. Agardamos que así sexa!


         FELIZ SEMANA!!

8 de set. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Ola a todos e todas!

Comezamos un novo curso e con el as audicións semanais que iremos poñendo neste blog para que todos e todas poidades escoitar cando gustedes.

Recibimos o curso con moita ilusión e optimismo coa canción CELEBRATION. 

"Celebremos que estamos xuntos e que estamos todos. Hai moito que celebrar."


                                        

                         BENVID@S e FELIZ COMEZO!!!