29 de abr. de 2016

AS FAMILIAS CONTAN!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria poideron escoitar unha historia de "bichiños " da man da mamá de Paulo que se acercou ata a nosa biblioteca .

                           MOITÍSIMAS GRACIAS!!

EN UN LUGAR DE BELUSO...

Rematamos o mes de abril compartindo a lectura das creacións gañadoras do concurso de microrrelatos "En un lugar de Beluso..."que pon o ponto final as actividades desenvolvidas en torno 
á figura de Cervantes e da súa obra cumbre "Don Quijote".
Con todos eles elaboraremos un libriño que quedará de recordo na nosa biblioteca.



GRACIAS POR PARTICIPAR. GÚSTANOS COMPARTIR!!

27 de abr. de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS: DON QUIJOTE!

Como colofón ás "lecturas compartidas" de "Don Quijote" na biblioteca, na Hora de Ler, todo o alumnado do colexio escoitou atentamente a lectura de Félix Juncal- Alcalde de Bueu- que gustosamente aceptou a nosa invitación para tal evento.


                  MOITÍSIMAS GRACIAS!!

26 de abr. de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS: DON QUIJOTE!

Continuamos coas actividades adicadas ao IV CENTENARIO CERVANTES con "lecturas compartidas" de "Don Quijote". Nesta ocasión foi Suso Portela, veciño de Beluso, xornalista e presidente da Fundación Novas quen compartiu cos nenos e nenas de 4º,5º e 6º cursos a lectura do "Ingenioso hidalgo".

 MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

25 de abr. de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS: "DON QUIJOTE"

Hoxe ,na Hora de Ler ,o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria poideron compartir a lectura  dun fragmento de "Don Quijote" da man de Lupe.
Moi contentos pola visita da súa ex-profe escoitaron atentamente "En un lugar de la Mancha...

                              MOITÍSIMAS GRACIAS !!!

22 de abr. de 2016

23 de abril"DÍA DO LIBRO"

Celebramos o Día do libro con actividades en torno a  "Don Quijote  de la Mancha" nas titorías: lecturas, murais, curtametraxes, actividades LIM...
Ao longo da vindeira  semana, na biblioteca, "lecturas compartidas"  a cargo de distintas persoas invitadas:a profe Lupe, Suso Portela (Presidente da Fundación Novas) e Félix Juncal (Alcalde de Bueu).



Ademais hoxe, venres 22 de abril, as nenas e nenos de 6º de primaria,invitados polo Departamento de Lingua castelá do IES Johan Carballeira ,asistiron aos actos que se levaron a cabo con motivo do IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES:
-Dramatización cap.XXIII (Estancia de Quixote en Serra Morena).
-Baile : Loita Don Quixote!
-Entrega de premios(marcapáxinas, carteis, stopmotion e videos).





Finalmente acompañados por alumnas de Literatura Universal ,na aula de informática, investigamos sobre a vida e obra de Cervantes.


Desde aquí reiteramos as gracias por facernos partícipes desta celebración.
 Unha experiencia enriquecedora!!!



19 de abr. de 2016

CUESTIONARIO: CERVANTES Y SU ÉPOCA

AS FAMILIAS CONTAN!!

Seguimos con moitos contos!Nesta ocasión Marina, a mamá de Mario, contounos a historia de
  "A bolboreta Doreta"un conto sobre o ciclo vital deste  "bichiño" que tanto nos gusta.


                                             MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

18 de abr. de 2016

IV CENTENARIO MIGUEL DE CERVANTES!

Neste mes de abril "MES DOS LIBROS" ao cumplirse 400 años da morte de Cervantes (23 de abril de 1616) a maioría das actividades xirarán en torno ao xenial escritor e á súa obra máis universal "Don Quijote de la Mancha".
Na entrada do colexio temos unha exposición sobre Cervantes: cronograma, biografía, obra, frases destacadas de "Don Quijote" e uns puzzles moi especiais con personaxes da obra para que todo o alumnado poida divertirse  e aprender.
Estará ao longo desta quincena de abril para que todas e todos poidamos coñecer, investigar e disfrutar!
 ESTADES TODOS CONVIDADOS A VISITALA

AS FAMILIAS CONTAN!!

Continuamos coas actividades neste"Mes dos Libros"!
Hoxe foi a mamá de Cristina quen fixo de "contacontos" para os nenos e nenas de Infantil:"La mosca Tosca","El saltamontes Sonsoles","Mosquito Federico" e "Abejorro Modorro,rey de las abejas".

GRACIAS POR COMPARTIR!!!

15 de abr. de 2016

"AS FAMILIAS CONTAN"

  Ao longo do mes de abril, as familias participan na celebración do MES DOS LIBROS facendo achegas diferentes: contando contos, experiencias, dramatizando...
  Nesta semana contamos con ÁLVARO, o pai de Mara, que nos achegou un pouco máis á lonxana Antártida.
  Tamén con ESTHER,  a mamá de Óliver, que nos contou : "OLLOBRUSCO" 
 e "OS RATOS DA CASA".

MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

6 de abr. de 2016

OS VOLUNTARIOS LECTORES NO SALÓN DO LIBRO!!!

Onte,día 5 de abril os nenos e nenas "VOLUNTARIOS LECTORES" achegámonos pola tarde  ao  Salón do Libro de Pontevedra para contar dous contos de "bichiños": " A VIAXE DAS BOLBORETAS" e "EU NON FUN!
 Aproveitamos para dar unha volta polo salón,ver os traballos doutros colexios, saudar á mascota"ORBIL" e ver libros de Bichos!

 





UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA QUE ESPERAMOS REPETIR EN SUCESIVAS EDICIÓNS!!!





 

1 de abr. de 2016

UN POEMA DE BICHIÑOS!

Hoxe, na Hora de Ler, nenos e nenas "Voluntarios lectores"de 6º de primaria déronlle unha sorpresa aos seus afillados lectores e prepararon un poema- "DEZ XOANIÑAS"-de Xoán Babarro González, axudados polo alumnado de 1º de primaria que colaboraron dramatizando o poema.

 
GRACIAS POR COMPARTIR !

SALÓN DO LIBRO !

 
Do 1 ao 23 de abril terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o XVII Salon do libro infantil e xuvenil.Este ano os protagonistas serán os animáis de todas as partes do mundo: fantásticos,domésticos ,salvaxes,...e bichiños!

 O martes día 5 de abril ás 18:00H os nenos e nenas " VOLUNTARIOS LECTORES" de 6º de primaria participarán con dúas sesións de contacontos:"A viaxe das bolboretas" e "Eu non fun".

 ESTADES TODOS E TODAS CONVIDADOS!!!