Amosando publicacións coa etiqueta Semana clima. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana clima. Amosar todas as publicacións

30 de set. de 2019

GRETA THUNBERG, PREMIO NOBEL ALTERNATIVO

Greta Thunberg, activista medioambiental sueca de 16 anos, gañou o pasado 25 de setembro, o Premio Right Livelihood, coñecido como o "Nobel Alternativo" por "inspirar e amplificar as demandas por unha acción climática urxente baseada en feitos científicos".

Consulta a noticia no FARO DE VIGO.


CADA XESTO CONTA, COIDAR A TERRA É COIDAR A CASA DE TODOS!

27 de set. de 2019

VENRES 27: MICROACCIÓNS SEMANA POLO CLIMA E OS MARES

Hoxe, ás 12,00 horas realizamos un parón no centro, coa participación das familias, para reinvindicar que temos que coidar o planeta e os mares.
O xoves realizamos cartaces para concienciarnos que temos que mellorar as nosas actitudes cara a Terra. De forma colaborativa explicamos as nosas propostas e o alumnado voluntario de 6º recitou un poema do libro POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro.











MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NESTA SEMANA POLO CLIMA!

23 de set. de 2019

LUNS 23. MICROACCIÓNS SEMANA POLO CLIMA

Hoxe, luns 23, inicio do outono e minuto de silencio pola Terra, sumándonos á iniciativa de teachers for future na semana de movilización polo clima, concertadas tamén, cos colectivos Madres por el Clima e Families For Future BCN.



Este pequeno encontro de concienciación ambiental, foi  presentado por Eva e Brais.




 O noso agradecemento ás familias pola súa participación. MOITAS GRAZAS.