30 de xan. de 2014

30 XANEIRO DÍA DA PAZ.

Ao longo destes últimos días estivemos a traballar nunha morea de actividades. Hoxe cando chegamos do patio,reunímonos todos no salón de actos e:
           Escoitamos a historia de NELSON MANDELA, que nos explicaron os nenos e nenas de 6º de Primaria.
           Cantamos todos xuntos a canción ACUARELA de Toquinho.
           E TIVEMOS SORPRESA FINAL!
ACTIVIDADES NO SALÓN


MURAL REALIZADO POR TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO

22 de xan. de 2014

ACUARELA

Esta é a canción que imos cantar o Día da Paz. Subtitulamos en galego. Cantarémola no salón de actos. Deixámovola aqui para que vaiades practicando



PROXECTO DE TRABALLO CON FINS MERAMENTE EDUCATIVOS. ROGAMOS QUE NOS COMUNIQUEN CALQUERA PROBLEMA PARA RETIRALO INMEDIATAMENTE.MOITAS GRAZAS.

15 de xan. de 2014

CLUB DE LECTURA


Ola a tod@s!

Este martes comenzou a andaina do club de lectura  cos nenos e nenas de 6º curso.
Esperamos que vaia moi ben e se "mergullen" de cheo no seu UNIVERSO PITÁGORAS.

9 de xan. de 2014

PREMIO NADAL 2014

  A escritota CARMEN MORAGA recibiu na noite de Reis o Premio Nadal 2014  pola súa obra "La vida era eso", unha novela que trata sobre a pérdida e a superación. Conta a relación de parella da protagonista, abortada pola prematura morte do marido, a través de comentarios, chats, correos electrónicos, aos que se suman breves flashback e  soños.
 Carmen Amoraga xa fora finalista do Premio Nadal das letras españolas con Algo tan parecido al amor no 2007. Tamén quedou finalista no 2010  do Premio Planeta de Novela con El tiempo mientras tanto.