Amosando publicacións coa etiqueta Coidemos o noso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coidemos o noso. Amosar todas as publicacións

29 de set. de 2021

HOTEL DE BICHOS: produto final

Este documento é a exposición final da investigación feita polo alumnado de 4º de Primaria (curso 2020-2021) sobre os insectos e a súa importancia nos ecosistemas.
Goza coa súa lectura. Está no andel de Producións Propias!


19 de xul. de 2021

HÓSPEDE NO HOTEL DE BICHOS!

Este verán tivemos a gran sorte de contar cunha visitante no noso hotel de bichos, nada máis e nada menos que unha VACALOURA!

vacaloura, tamén chamada escornabois (Lucanus cervus) é un insecto, un dos escaravellos de maior tamaño de Europa. Pertence á Familia Lucanidae, que na Península Ibérica consta de 9 especies. En Galicia temos 5, onde esta especie é a máis espectacular.

As vacalouras macho válense das súas mandíbulas para loitar entre elas na procura das femias. As femias, pola súa banda, teñen unhas mandíbulas moito máis curtas, polo que é sinxelo diferenciar esta especie en canto ao sexo.

Nos ecosistemas galegos, a vacaloura xoga un papel moi importante para contribuír ao enriquecemento do solo dos bosques e á rexeneración e formación do humus, tanto por medio da súa alimentación como grazas aos seus detritos. 
Aliméntase de madeira descomposta de grandes árbores caducifolias (sobre todo carballos e castiñeiros) e serve de alimento a especies como as aves nocturnas, os petos carpinteiros, ourizos, teixugos ou raposos.

Coidemos a Natureza!







Que preciosidade!


17 de out. de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS 2020: MÍRIAM FERRADÁNS

"O ESFORZO COTIÁN DAS MULLERES"

Este curso adicámoslle o Día das Escritoras a nosa escritora, poeta, exalumna, veciña, amiga MÍRIAM FERRADÁNS FERRADÁS.

Naceu en Bon, Beluso o 16 de xaneiro de 1982. É graduada en Traballo Social pola Universidade de Vigo.

Como poeta ten publicadas:

- "Deshabitar unha casa" (2016)

- "Nomes de Fume" (2017). Obra traducida ao catalán como "Noms de fum".

- "Agosto" (2019)

- Poemas en diferentes obras colectivas, por exemplo, o poemario "Do tacto", recollido en "Roseira de Cen Follas" (2019) que recibiu o premio de Poesía Leiras Pulpeiro.

Gañou diferentes premios de poesía, entre outros, o Francisco Añón e o Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Nos últimos días foi finalista no Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo artigo "Aprender a contar" publicada en Sermos Galiza.

Participa en obras colectivas e en revistas especializadas.

Foi entrevistada no blog lecturafilia: https://lecturafilia.com/2019/01/12/entrevista-miriam-ferradans-a-literatura-non-so-axuda-a-entender-o-mundo-e-un-organismo-un-ser-vivo-capaz-de-realizar-as-tres-funcions-vitais/

Para celebrar este día tan especial enviounos este fermoso agasallo para todos e todas nós:


A continuación, escoitade este Poema que viu a luz nun Obradoiro con Míriam na nosa biblioteca, adicado a todo o alumnado do noso centro:

MOITÍSIMAS GRAZAS MÍRIAM POR ESTAR SEMPRE DISPOSTA A PARTICIPAR CO NOSO COLE!
"Hablar de verdad, es amar,
y amar de verdad, no es brillar, es arder."
Poema de Christian Bobin que inicia a plaquette "AGOSTO"