Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións. Amosar todas as publicacións

28 de mar. de 2022

Exposición de escultura

 Folerpas de papel

caen 

 devagar

      sobre

         fachos

            prendidos

Fermoso e poético título para unha "Exposición de escultura" do noso exalumno Ramiro Agulla.

Animámosvos a visitala na Sala de Exposicións Amalia Domínguez en Bueu, durante este mes de marzo.

Xa quedan poucos días!

É un gozo para os sentidos! Observa e escoita moi atentamente durante a túa visita. As formas, os elementos, a música, a luz... forman parte da exposición.

Entras como un espectador... e acabas formando parte deste universo escultórico.


 



8 de nov. de 2020

"O SISTEMA SOLAR"

 O alumnado de 5º de Educación Primaria inicia, esta semana, unha serie de Exposicións Orais sobre O SISTEMA SOLAR apoiándose nas maquetas realizadas.

 

          Moi bo traballo Candela e Sabela! Parabéns!

11 de feb. de 2020

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA!

O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro de cada ano como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. 
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030.

Dúas voluntarias de 6º, durante a Hora de Ler, expuxeron as investigacións realizadas por Christina Koch e Maitane Alonso.


 Estes días tivemos expostos materiais sobre este tema:


"OS ANIMAIS DO PLANETA"

O alumnado de 3º de Primaria fixo unha gran presentación dos ANIMAIS DO PLANETA. 


Explicaron a súa clasificación, a reproducción, a alimentación e observamos in situ o esqueleto dun can! 
Máis información no blog de Primaria
PARABÉNS FOI UNHA PRESENTACIÓN MAGNÍFICA!