Amosando publicacións coa etiqueta semana cultural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana cultural. Amosar todas as publicacións

16 de maio de 2024

Novos Ventos

 A Asociación Cultural Novos Ventos, dentro das actividades previstas na XXXVI Semana Cultural e das Letras Galegas, impartiu unha charla obradoiro arredor da muiñeira e o traxe tradicional.

Bailamos, vestimos pezas de roupa do traxe tradicional, compartimos a nosa lingua...







Artes de pesca

 Dentro das actividades da XXXVI Semana Cultural e das Letras Galegas, o patrón maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, José Manuel Rosas Otero, impartiu unha charla obradoiro arredor das artes de pesca.


Grazas por explicarnos como traballan os mariñeiros!

22 de maio de 2023

III Día da Muiñeira 2023

Terceiro ano consecutivo que celebramos o Día da Muiñeira!

Primeiro recitamos e despois bailamos todas e todos xuntos no patio de Primaria unha muiñeira, baile e composición musical tradicional galega.

Que divertido é bailar todas e todos a un tempo!


Recital de Poesía Letras Galegas 2023

A mañá do xoves 18 co gallo das Letras Galegas e homenaxeando a Francisco Fernández del Riego celebramos o Recital de Poesía.

Con dous fantásticos presentadores, Mara e Salvador, todos e todas recitamos poemas de Antonio García Teijeiro, Leire Blanco e Rosalía de Castro.

Mil primaveras máis para a Poesía!
Como nos gusta recitar e escoitar!
Parabéns a todas e todos pola vosa participación!



19 de maio de 2023

Exposición: eXXperimenta en feminino.

 Durante esta quincena podemos ler e aprender coa exposición itinerante:

Catorce paneis informativos que contan a historia de mulleres  destacadas na historia da ciencia, da tecnoloxía, da enxeñaría; científicas, investigadoras, pioneiras que todos e todas deberiamos coñecer.

Esta iniciativa está patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Ten como obxectivo espertar en rapazas e rapaces a vocación científica no campo STEM.







Empezamos a investigalas!

Estade atentos e atentas ao próximo concurso de preguntas...

18 de maio de 2023

O fío do que pendo: Uxia Morán

 A actriz Uxía Morán presentou un espectáculo visual, artístico, dinámico, participativo... que nos fixo reflexionar a todos os espectadores arredor da importancia de falar e valorar a nosa lingua: O FÍO DO QUE PENDO.

Dun xeito participativo, dramatizamos o conto Facer dedo, de Guilherme Karsten, editado por Kalandraka.












EN GALEGO TODO É MELLOR!

Coral Polifónica de Beluso. XXXV Semana Cultural

 A coral Polifónica de Beluso ofreceu un pequeno concerto con cancións en diferentes idiomas para mostrarnos que a música é unha linguaxe universal.

 


Grazas por visitar e traer a música coral ao noso centro!

11 de maio de 2023

Visita á Casa de Rosalía de Castro

 As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria visitaron a casa de Rosalía de Castro en Padrón.

Coñeceron a historia da casa, a biografía da autora, os espazos polos que transitou a nosa escritora universal.

Foi unha mañá chea de poesía! 

 




8 de maio de 2023

Migallas Teatro

Iniciamos a XXXV Semana Cultural e das Letras Galegas cun fantástico espectáculo de Migallas Teatro titulado "Camiño de historias", mestura de música e contacontos, salientando a importancia da lectura, da nosa lingua e da tradición oral.

Foi moi divertido gozar destas historias contadas de xeitos diferentes acompañadas pola  música de Migallas en directo!






Mil grazas!

Mil primaveras máis para a Lingua Galega!


Programa XXXV Semana Cultural e das Letras Galegas!



 Goza coas actividades propostas pola XXXV Semana Cultural e das Letras Galegas!

27 de maio de 2022

CREAMOS CON... MÍRIAM FERRADÁNS

 Hoxe tivemos o luxo e o pracer de gozar coa presenza de Míriam Ferradáns na nosa biblioteca, para guiarnos, nun obradoiro de creación escrita.

O alumnado de 3º e 6º de primaria convertíronse en poetas por uns momentos.

Grazas Míriam por acompañarnos unha vez máis!!!











26 de maio de 2022

II DÍA DA MUIÑEIRA: Muiñeira de Lugo!

Celebramos, por segundo ano consecutivo o DÍA DA MUIÑEIRA

Bailamos todos xuntos no patio de Primaria a Muiñeira de Lugo.

A palabra muiñeira, procede de muíño, lugares onde as persoas se xuntaban para moer os grans de trigo, millo, cebada... e como había que esperar... bailábase, cantábase, tocábase algún instrumento.

É fantástico bailar todos xuntos no patio!











Festival de Poesía. Letras Galegas 2022

Esta mañá primaveral recitamos, cantamos, gozamos coa POESÍA.

A primeira hora acudimos todas e todos ao noso Salón de Actos para recitar e escoitar.

Con dous presentadores magníficos, Carlota e Álvaro, fomos subindo ao escenario para recitar e incluso cantar diferentes poemas de Manuel María, García Teijeiro, Leire Bilbao e, por suposto do autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán.

 
Podes visualizar o festival completo neste vídeo:










PARABÉNS!