31 de out. de 2017

SAMAÍN

Hoxe celebramos o SAMAÍN, que (como di a canción  de Mamá Cabra) en outros sitios lle chaman HALLOWEEN!!!
A entrada encheuse de cabazas , polos corredores andiveron almas en pena e algún que outro vampiro!!
 Na biblioteca  os alumnado de 3º de primaria  dramatizaron o conto 
"A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS"da editorial OQO.

UN DÍA DE MEDO!!!





Aquí vos deixamos a EXPOSICIÓN de cabazas que ,como todos os anos,as familias participan activamente.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

                      

SAÍDA A OURENSE!!

O pasado venres o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria disfrutaron dun fermoso día na cidade de Ourense!!
Visitaron  a Exposición H2Ohda Obra Social A Caixa, logo fixeron un  seu percorrido polo casco histórico para achegarse ata a Catedral e as Burgas.
Remataron a xornada, despois de comer, coa visita ás Termas de Outariz onde se bañaron todos e todas!! Un día cheo de AUGA!!!



UN DÍA FANTÁSTICO!!!

30 de out. de 2017

XAVIER FONSECA!!

Hoxe visitounos Xavi Fonseca,responsable do programa de charlas sobre ciencia nos centros educativos de cangas do Morrazo.
 Xavier é tamén "home do tempo" no canal da Voz de Galicia e investigador sobre o CAMBIO CLIMÁTICO.
Falounos do cambio climático, das estacións, do tempo...un montón de cousas interesantes!!!






Realmente interesante! Grazas Xavier!!!

27 de out. de 2017

GÚSTANOS A NOSA BIBLIOTECA !

Estes días a biblioteca no recreo  é unha festa!
Nenos e nenas do cole achéganse para ler, facer empréstito e xogar cos xogos de mesa que temos para eles.

Deixámosvos unha mostra:










É unha ledicia velos  disfrutar!!!



Os maís pequenos comezaron hoxe o empréstito para a casa con cadansúa bolsiña nova!!!

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!

24 de out. de 2017

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!

Hoxe, coincidindo co "Día das bibliotecas", a biblioteca do cole abre as súas portas!!!

Para celebralo , os nenos e nenas "Voluntarios lectores" de 6º de primaria quixeron agasallarnos con"Sofía e o paraugas máxico", edebé. Un conto que nos fala da importancia da auga !
Ao remate do conto leron a" Carta europea da auga": unha declaración (12 artigos) que establece os principos para facer unha boa xestión da auga, principios que seguen vixentes e que nos comprometen a cuidar deste recurso indispensábel para a vida.



 Como colofón, os "Voluntarios" da biblioteca fixeron entrega das mochilas viaxeiras ás titorías así como unha copia da carta europea da auga para traballar e reflexionar sobre ela.


 Os nenos e neas novos recibiron cadanseu carné da biblioteca!

Grazas ao noso equipo de "Voluntarios" e grazas a todos e todas por achegarvos ata a nosa biblioteca e compartir !!!


23 de out. de 2017

CARTA DE BELUSIÑA!!

Hoxe todas as titorías recibiron unha carta da nosa mascota"Belusiña" informando da apertura da BIBLIOTECA!!!


Xa está todo preparado para comenzar . A túa pinga é importante!!






MÓLLATE!!!

16 de out. de 2017

OS BELULECTORES 2017/18

Xa comenzamos o club de lectura "Os belulectores"!!

Este curso o libro escollido para o inicio é "Veinte mil leguas de viaje submarino". Julio Verne. Clásicos a Medida Ed.ANAYA
O Club ,como xa ven sendo habitua,l desenvólvese na Hora de Ler dos luns na biblioteca.
Este curso todo o alumnado de 6º de primaria se animou a participar!!
                   
                                Esperamos sexa un éxito!!!

5 de out. de 2017

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Antonio García Teijeiro recibe con "Poemar o mar" o

 Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017!!




Para saber máis preme

"Un poema pode cambiar o comportamento  dun neno".

MÓLLATE!!

Nas titorías xa están a traballar no proxecto documental  que este curso decidimos porlle o título de                                                                    MÓLLATE!!



Aquí deixamos a mostra duns murais realizados polos máis  cativos do cole!