Este curso o noso tradicional recital poético convirtiuse nun fantástico Festival de Poesía e Música para homenaxear á autora Luísa Villalta, Letras Galegas 2024.
Música e palabras, palabras e música para pór en valor a nosa lingua!
Convidamos a unhas persoas moi
especiais para a nosa comunidade educativa como son os asistentes ao Taller de Memoria,
entre elas están avoas, tías, amigas veciños da nosa comunidade
educativa.
Con dúas fantásticas presentadoras, Daniela e Violeta (voluntarias de 6º de Primaria), iniciamos e rematamos o festival cunha actuación musical.
A melodía inicial correu a cargo de Carmen, Noa, Rami e Elena interpretando unha peza musical de Mozart e o broche de ouro final puxérono Carmen e Noa, violín e piano, cunha melodía de Mendelssohn.
Todos os cursos recitamos poemas, cantigas, de diferentes autores, Antonio García Teijeiro, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Luísa Villalta...
Moitísimas grazas pola participación e asistencia ao Festival!
Como agasallo ás voluntarias e voluntarios de 6º de Primaria, nesta última semana, participamos nun obradoiro de Lettering con "Brushpen" a cargo de Belén L. Méndez, NACU.
Comezamos falando da caligrafía, da historia das letras, da diferenza entre caligrafía e lettering...
Tamén intentamos corrixir a nosa postura corporal para sentarnos a escribir tanto a man coma no ordenador, insistindo nunha boa hixiene postural.
Que bonitas e como nos gustan as letras ben feitiñas!
Xa nos gustaba o lettering, pero a partir de agora... máis!
Grazas Nacu por compartir a túa paixón pola caligrafía!
Unha boa noticia... estamos entre as 10 experiencias recoñecidas pola Xunta de Galicia na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar dos centros de Primaria, desenvolvido en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dentro do Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.
Parabéns ás mozas e mozos de 6º de Primaria e as Familias que colaborastes coa biblio!
Continuando coas actividades arredor de Abril, Mes dos Libros, Aixa e Mara, compartiron a lectura dun fermoso libro: A árbore xenerosa para o alumnado de Infantil e os seus compañeiros de 5º de Primaria.
Agasalláronnos cun bonito marcapáxinas en forma de árbore.
Mil grazas por compartir lecturas e manualidades con nós!
Para conmemorar o Día do Libro saímos a ler ao patio, todos e todas, pequenos e maiores, durante o tempo da Hora de Ler.
Foi unha marabillosa Hora de Ler ao Sol!
Durante os recreos do mes de abril, os voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria, encárganse de preparar e sacar as nosas benqueridas BELUTECAS aos patios de Infantil e Primaria con recursos da biblioteca para celebrar un recreo diferente.
Esta mañá un grupo de voluntarias de 6º de Primaria, Sabela, Daniela, Carmen, Sofía e Lucía estiveron montando en equipo, un carriño para o recuncho de creativa na biblioteca.
Os nenos e nenas voluntarios de 6º de Primaria visitaron todas as aulas do cole para ler poemas e/ou libros rimados previamente seleccionados ao seu gusto durante esta semana.
Alumnado voluntario de 6º de Primaria visitou, o martes día 19 de marzo, os dous Centros de Día do Concello de Bueu para dramatizar unha obra de teatro arredor da vida e obra de Rosalía de Castro.
Unha xornada de encontros moi emotivos e gratificantes!
23 de febreiro: Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.
Fantásticas actividades para conmemorar esta data sinalada: creatividade artística, recitado, voluntariado, obra de teatro, actuación musical...
- Camiños de Poesía
Cada titoría elixiu un poema que ilustrou colaborativamente. O fío condutor foi a cociña, as comidas que aparecen nos poemas da nosa poeta universal: os zonchos, a limoada, os boliños do pote...
Todas estas ilustracións forman Camiños de Poesíado que podedes gozar en diferentes localizacións da nosa parroquia. En Rúa Nova de Arriba, en Bon de Arriba e Bon de Abaixo, en Area de Bon, en Cabo Udra, na igrexa, en Cabalo, na Praia de Beluso e todas xuntas ao lado da Casa do Pobo, na biblioteca pública.
Grazas aos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria pola súa colocación!
Anímate a buscar as diferentes ubicacións!
Parabéns a todas e todos polas ilustracións e polo ben que recitades os poemas de Rosalía!
--Representación teatral: Rosalía
Dentro do Programa Lectura e Familias, Noelia e Ángeles, mamás de Elena e Noa, crearon unha peza teatral musical, Rosalía, na que nos van narrando, dun xeito moi ameno a vida e obras de Rosalía con música moi actual.
Foi representada por alumnado voluntario de 6º de Primaria.
Gozade da súa actuación e magnífica dirección visualizando este vídeo:
Parabéns por esta magnífica dramatización!
--Actuación musical: Novos Ventos
A parte musical correu a cargo do grupo Novos Ventos que interpretou diferentes temas de música tradicional: unha alborada, un pasodobre, unha muiñeira...
Este grupo ten as súas raíces no noso cole, xa que parte dun grupo de música e baile que iniciou a súa andaína no noso centro, levando o seu ben facer por toda Europa durante a década dos oitenta.
Algúns dos seus compoñentes actuais formaron parte da iniciativa.