+ lectura - televisión, para tomar o tren da imaxinación! |
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
20 de dec. de 2013
VACACIÓNS DE NADAL
Dende a Biblioteca desexámosvos un Feliz Nadal e un 2014 de boas lecturas!
18 de dec. de 2013
REGALA GALEGO!
Un ano máis, recomendamos as guías de lecturas que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo en colaboración cos Equipos de Biblioteca dos colexios da zona editan por estas datas.
LEMBRADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BO AGASALLO!
LEMBRADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BO AGASALLO!
O CALENDARIO DO COLE.
Así ven os nenos e as nenas do CEIP MONTEMOGOS algunhas obras de pintores galegos ben coñecidos por todos.
13 de dec. de 2013
CLEOPATRA NA NOSA BIBLIO!
Onte e máis hoxe,na Hora de Ler, Lucía(unha alumna de 6º curso)contóunos coa axuda do seu compañeiro Óscar a vida da raíña Cleopatra. Partindo dun libro que temos na biblioteca sobre a biografía da raíña de Exipto, Lucía elaborou a súa propia historia.
Un traballo realmente interesante. Parabéns!
Un traballo realmente interesante. Parabéns!
AMBIENTE DE NADAL EN BUEU
Sábado 14 decembro
IV CONCERTO DE PANXOLIÑAS “XA CHEGA O NADAL”
Lugar: Centro Social do Mar.
Hora: 20:30
Entrada libre
FOLIADA DOS ELELELOS
Lugar: Pub Aturuxo.
Hora: 21:30
Entrada libre
Domingo 15 de decembro
TEATRO VERBAS: “CANCIÓN DE NADAL” DE DICKENS
Lugar: Centro Social do Mar.
Hora: 19:00
Entrada libre
9 de dec. de 2013
NELSON MANDELA: UN SÍMBOLO DE LIBERDADE!
Mañán, 10 de de decembro,celébrase o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS non podemos senón reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os case trinta inxustos anos pasados na cadea.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.
Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
5 de dec. de 2013
UN FIN DE SEMANA LONGO. PODEMOS VER...
EXPOSICIÓN
SOPROS DE NADAL
Museo de Pontevedra
Pasantería, 2-12 36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 85 14 55
Do 28 de Novembro de 2013 ao 12 de Xaneiro de 2014
Do 28 de Novembro de 2013 ao 12 de Xaneiro de 2014
Conta a lenda que, en torno a mediados do S. XIX, un vidreiro moi pobre, non podendo permitirse comprar as mazás, noces e galletas coas que tradicionalmente se adornaba a Árbore de Nadal, decidiu imitar as súas formas soprándoas en vidro. Nacían así as bólas de Nadal de vidro.
3 de dec. de 2013
A VISITA DUN PINTOR.
XOSÉ Mª BARREIRO estivo no colexio. Contounos moitas cousas da súa vida e a súa obra. A charla foi moi interesante. Dámoslle as gracias por ser tan amable.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)