30 de abr. de 2021

Transición ecolóxica

No día de hoxe, o alumnado de 1° e 2° de Primaria estivo moi atento ás propostas para reducir residuos durante a videoconferencia Transición Ecolóxica, de Míriam Leirós, organizada por Faro da Escola.

Míriam Leirós, que é mestra e lidera Teachers for Future Spain, falounos da necesidade de reducir a cantidade de plásticos, bricks, aluminio... Este é un obxectivo do noso colexio para axudar ao planeta e que estamos acadando grazas ás familias.



CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º de Primaria quere mostrarvos os seus fantásticos circuítos eléctricos. 
Podedes visitar a exposición o día que vos corresponda no laboratorio.

PARABÉNS A TODAS E TODOS!





26 de abr. de 2021

O SALÓN DO LIBRO de PONTEVEDRA

 EMERXENCIA LITERARIA!

 OS LIBROS SALVAN O PLANETA

XXII SALÓN INTERNACIONALDO LIBRO INFANTIL E XUVENILDE PONTEVEDRA.

Do 23 de abril ao 9 de maio de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra e Illa do Covo.

ANÍMATE A VISITALO! Consulta o programa: https://www.salondolibro.gal/programa-eventos/



25 de abr. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 O día 29 de abril celébrase o "Día Internacional da danza" . Esta semana escoitaremos o tema "YOU ARE THE ONE" da película musical "GREASE". 

Todo un clásico que invita a bailar!! Animádevos!!


            BOA SEMANA!

23 de abr. de 2021

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO. CONEXIÓN BIBLIOTECA

Que semana tan emocionante, Día da Terra, Día do Libro!

Os voluntarios e voluntarias lectoras de 6º dramatizaron "A ÁRBORE DA ESCOLA", escrito por Antonio Sandoval, editado por Kalandraka. Precioso libro que unifica o amor pola Natureza e os libros.

As familias e o personal non docente estiveron con nós virtualmente a través dunha CONEXIÓN BIBLIOTECA especial DÍA DO LIBRO.



ENCÁNTANOS LER!!! 
Os nenos e nenas de 6º de Infantil e de 2º de Primaria comparten con todos e todas nós algúns dos seus libros favoritos e tamén unha fermosa canción do grupo Migallas, que nos fala da maxia de ler.
Moitas grazas á profe HELENA por poñer a música.



OS NOSOS LIBROS FAVORITOS!
As nenas e os nenos de 4º de Infantil preséntannos os seus libros favoritos:


PORTADAS DE LIBRO! 

As nenas e nenos de 1º representan portadas de libro:


FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

EVA E IRENE!

Moitas grazas por elixirnos para as vosas prácticas. Un pracer traballar con profesionais coma vós. 

FELICES LECTURAS!


EVA MEJUTO: PREMIO CLUBS DE LECTURA

Con motivo da celebración do Día do Libro 2021, a escritora Eva Mejuto foi recoñecida co Premio dos Clubs de Lectura 2021, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida durante o curso 2019/2020.

Parabéns desde o CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS!



22 de abr. de 2021

CONTOS CANTADOS: "A RATIÑA PRESUMIDA" por 1º de Primaria

As nenas e nenos de 1º de Primaria dramatizan unha adaptación, acompañados por instrumentos musicais, o conto clásico: A RATIÑA PRESUMIDA


NORABOA, PRECIOSA REPRESENTACIÓN TEATRAL!

21 de abr. de 2021

PORTADAS DE LIBRO!

Os nenos e nenas de 1º de Primaria representaron diferentes portadas de libros de xeito moi artístico: 






                                        






          PARABÉNS !!


19 de abr. de 2021

CONTOS CANTADOS: "LÚA" por 3º de Primaria

As nenas e nenos de 3º de Primaria cóntannos cantando o libro LÚA de Antonio Rubio, ilustrado por Óscar Villán, editado por Kalandraka.


PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR LECTURAS!!

Encontro con María Reimóndez

Esta mañán, grazas á Editorial Xerais, o alumnado de 4º de Primaria gozou dun encontro virtual coa autora María Reimóndez e o seu libro "A formiga destemida". Compartimos unha charla arredor do respecto aos animais e ao medio ambiente.

 

 
 
MOITAS GRAZAS MARÍA!

ABRIL: MES DOS LIBROS "DIFERENTES"

Este mes de abril imos potenciar lecturas diferentes: libros en distintos formatos, libros de imaxes, libros raros,  historias inventadas a partir de obxectos, fotografías, audiolibros...  leremos LIBROS DIFERENTES.

Os nenos e nenas de todas as aulas baixarán libros ao patio: LIBROS FÓRA! para explorar novos espazos onde gozar coa lectura e a compañía dun amigo ou amiga.

Animádevos a compartir lecturas, a cantar historias, a xogar coas portadas, a presentar os vosos libros favoritos, a celebrar O MES DOS LIBROS!!!

GOZADE COA COMPAÑÍA DUN LIBRO!








QUE FERMOSO É DIVERTIRSE CUN LIBRO!

18 de abr. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Esta semana celebramos o "Día da Madre Terra" (22 de abril) polo que a audición proposta é a canción "MOVING" do cantante catalán Macaco. Unha canción que pretende alertar e sensibilizar sobre o cambio climático que se está a producir no noso planeta.

  Unha mensaxe en favor da Natureza e da conservación do Planeta.

No video participan, de maneira desinteresada, artistas recoñecidos como os actores Javier Bardem e Javier Cámara e os cantantes Juanes, Rosario, Bebe, Juan Luis Guerra entre outros. 




COIDAR O PLANETA DEPENDE DE NÓS!!


16 de abr. de 2021

Espazos que invitan a ler

Hoxe, o alumnado de 3° atopou novos lugares no patio do recreo que invitan a ler. 


                                                   



VISITA A CABO UDRA DE 5º PRIMARIA

 Esta mañán as nenas e nenos de 5º de Primaria baixaron ata cabo Udra para coñecer o seu pasado histórico.

Co paso do tempo a paisaxe foi transformada pola acción humana: poboado castrexo, chouzos, barracóns da Batería de Artillería J2, construída nos anos 30 do século XX.

Coa limpeza realizada no cabo quedaron á vista o búnker de telemetría, a polvoreira e os lugares onde estaban os canóns.

Moitas grazas a Manolo Otero por acompañarnos e polas súas fantásticas explicacións.

Gozamos coa andaina: 





Que clase tan diferente nun lugar privilexiado!

Descubrimos que a aula de Natureza emprega enerxías renovables.



Deixamos un video coa ruta que fixemos e fotos da saída:

14 de abr. de 2021

CONTACONTOS VIRTUAL

 O luns 12 de abril, o alumnado de 6º de Infantil conectou telematicamente coa EEI CEO AZUL de Bueu para presentar a súa adaptación do conto MARUXA, de Eva Mejuto e Mafalda Milhôes.





12 de abr. de 2021

Máis encontros nas aulas

O venres con Henrique Rivadulla, autor de Cando soa a buguina, e hoxe con Ledicia Costas, autora de Os minimortos. O Faro de Vigo estanos a ofrecer encontros con escritoras e escritores dos libros que lemos. É un bo medio para falar de literatura e compartir tempo con alumnado doutros colexios 📚



11 de abr. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Ao longo desta semana propoñemos a audición do 1º movemento de "A Primavera", un concerto para violín e orquestra composto polo músico italiano Antonio Vivaldi (Venecia, 1678- Viena, 1741)que forma parte da súa obra máis coñecida "As catro estacións". Unha obra programática  na que Vivaldi  a través da música expresa o paso das estacións do ano.


         BOA SEMANA!!!

9 de abr. de 2021

HOTEL DE BICHOS!

BENVIDOS  AO NOSO HOTEL DE BICHOS! 

Hoxe tivo lugar a gran inauguración do HOTEL DE BICHOS.

Os nenos e nenas de 4º de Primaria expuxeron un marabilloso traballo sobre os bichos e a súa importancia nos ecosistenas,


GRAZAS POLA EXPLICACIÓN!

8 de abr. de 2021

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Esta mañán estivemos plantando árbores no monte Carafixo.
Unha árbore é calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.
O osíxeno que necesitamos para vivir é procesado polas árbores durante a fotosíntese, toman dióxido de carbono da atmosfera e liberan osíxeno.
Onde se instala unha árbore crece vida ao seu arredor!



Grazas a Pablo, comuneiro de Beluso, e as persoas da ANPA pola súa colaboración! 
 
Os nenos e as nenas de 1º comparten este video polos camiños de Montemogos:

7 de abr. de 2021

Encontro con Ledicia Costas

Un ano máis, da man da editorial Xerais, a escritora Ledicia Costas compartiu o seu tempo con nós. Nesta ocasión, o alumnado de 4° de Primaria, a través dunha videoconferencia, puido comentarlle as súas impresións sobre o libro Vampira de biblioteca e resolver as súas dúbidas sobre o mesmo.

Ledicia explicou todo o que o alumnado preguntou en relación co libro e así quedou claro por que elexiu unha vampira e non un vampiro, por que a vampira é intolerante ao sangue, por que o avó se chama Marciano, por que fala da biblioteca de Coimbra ou por que se decantou polo nome de Eleonora para a vampira. 

Foi un encontro moi, moi entretido arredor dun libro: a lectura ten a capacidade de xerar momentos únicos.

Grazas, Ledicia!



 

4 de abr. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 A proposta musical para esta semana é o tema do grupo galego MILLADOIRO que leva por título "ABRIL".


                                                             BOA SEMANA!!!

2 de abr. de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O IBBY (International Board on Books for  Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen



"Cando lemos, á nosa mente médranlle ás"

Cal é o teu libro favorito?