31 de mar. de 2017

FRAN ALONSO!!!

Rematamos o mes de marzo "MES DA POESÍA"coa visita de Fran Alonso na nosa biblioteca.
Con él descubrimos que a poesía ten catro "Patas" como o seu gato :1-As palabras.2-O ritmo.
3-O silencio 4-A maxia.
Con él recitamos e xogamos coas palabras, porque "os poemas  nacen das palabras que están no pensamento".



 GRACIAS FRAN POLOS TEUS POEMAS!!!

28 de mar. de 2017

75 ANOS DA MORTE DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Tal día como hoxe, o 28 de marzo de 1942,  morría o poeta Miguel Hernández, unha das voces máis importantes da literatura española do século XX.
Queremos adicarlle unha pequena homenaxe, desde a nosa biblioteca, recitando o poema." EL CORAZÓN ES AGUA" e un fragmento de "NANAS DE LA CEBOLLA" nun videopoema que podedes ver no canal 3,2,1 ...POESÍA!!!
Pola súa parte, os "Voluntarios lectores", na Hora de Ler, recitáronlle aos seus afillados e afilladas o  poema "El corazón es agua".
Na entrada do colexio, instalamos un recuncho de lectura con libros e versos do poeta,estes últimos,para ler e agasallar.



24 de mar. de 2017

VOLUNTARIADO LECTOR!!

Continuamos con actividades en torno á poesía por parte do noso alumnado "VOLUNTARIO LECTOR" .
Hoxe recitaron e animaron uns poemas para o alunmando de infantil,1º e 2º de primaria.



 
GRACIAS POR RECITARNOS UNS POEMAS TAN FERMOSOS!!!

23 de mar. de 2017

POEMAS ANIMADOS !!

Hoxe os nenos e nenas VOLUNTARIOS LECTORES de 6º de primaria agasalláronnos cun recitado de  fermosos poemas na biblioteca.Unha actividade que quixeron titular "Poemas animados":





MAÑÁN  HABERÁ MÁIS! MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

20 de mar. de 2017

SEMANA DA POESÍA!!!

Ademais de animarvos a que continuedes enviándonos videopoemas para actividade 3,2,1...Poesía, que levamos a cabo ao longo de todo o mes e da que tedes información neste blog ,nesta semana , desenvolveremos diversas actividades en torno á POESÍA.
http://bibliomontemogos.blogspot.com.es/2017/02/321poesia.html
Hoxe luns estivo con nós Miriam Ferradáns, poeta e ex-alumna do colexio, para dar un pequeno recital a todos os nenos e nenas e facer un taller co alumnado de 5º e 6º de primaria.





Ademais de agasallarnos poemas,agasallounos cunha chapa fermosísima.
MOITÍSIMAS GRACIAS, MIRIAM!!!

15 de mar. de 2017

IMOS AO CINE!!!

Hoxe o alumnado de educación infantil achegouse ata o cine de Seixo a ver a película "Ballerina".
 É un deses cines en perigo de extinción, a antiga sala de proxección  data do ano 1943!!!



 GÚSTANOS  O CINE!!!

10 de mar. de 2017

SEMANA DA PRENSA.

Ao longo desta semana,con motivo da "Semana da prensa" estivemos traballando con ela  nas aulas.
Aquí vos deixamos algunha mostra:





SALÓN DO LIBRO!!

 "O MUNDO QUE QUEREMOS" é o lema escollido este ano para o Salón do libro que se inaugura hoxe  10 de marzo ata o domingo 2 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este ano inclue un ciclo de cine  infantil para os fins de semana de marzo. Proxectarán oito títulos nos que a temática do Salón está moi presente: "Pompoko","O teito do mundo", "Neve e as árbores máxicas", "Brave", "WALL-E", "Zootrópolis", "O principiño", "Buscando a Dory".

Premer na imaxe para ver o programa

8 de mar. de 2017

MARZO "MES DA MULLER"

Este ano,relacionado co noso PDI, na entrada do colexio temos unha pequena exposición sobre "Mulleres Dcine". Partindo dela propoñemos un concurso no que os nenos e nenas poderán participar cubrindo un breve cuestionario sobre unha desas mulleres famosas.

 



 Lecturas de mulleres destacadas na historia, polos recunchos para autoempréstito, na Hora de Ler.



Celebramos o  "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"  asistindo,os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, ás estreas das curtas realizadas polo alumnado dos colexios e institutos do concello a favor da igualdade. Estas curtas forman parte do proxecto ExpresArte! patrocinado polo Concello de Bueu, CIM de Bueu e a Deputación de Pontevedra.O acto tivo lugar no Centro Social do Mar de Bueu .







Os demais nenos e nenas visionaron a película ZOOTRÓPOLIS no colexio.
Agardamos estrear no colexio, en datas próximas, as curtas protagonizadas polos nosos alumnos e alumnas: "Sara e Bruno" e "Igualdade sen fin,igualdade interminable" !!