23 de dec. de 2022

Festival de Nadal

O xoves 22 celebramos o Festival de Nadal con representacións teatrais, panxoliñas... e con moitas ganas de estar toda a comunidade educativa gozando dunha xornada de convivencia.

Parabéns a todas e todos os artistas protagonistas do Festival de Nadal 2022!


Todas e todos xuntos escoitamos as badaladas no pavillón desexándonos un FELIZ ANO 2023!


Grazas á colaboración da ANPA Cabo Udra visitáronnos os Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar cos seus respectivos paxes, para recoller as nosas cartas e facernos entrega dun pequeno agasallo. 

Bo Nadal e Feliz 2023!


Contacontos de Nadal: Un, dous, tres Nadal é

Os voluntarios e voluntarias lectoras de 6º de Primaria queren compartir con vós este libro con versos encadeados de personaxes de Nadal, "Un, dous, tres Nadal é" escrito e ilustrado por Nadia Budde, editado por Kalandraka:




22 de dec. de 2022

Bo Nadal e próspero ano 2023!


A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Montemogos desexámosvos un Bo Nadal e un venturoso 2023.

Paz, saúde e tempo de lectura!
 

21 de dec. de 2022

Invitación Festival de Nadal 2022

Convidamos a toda a comunidade educativa a participar no Festival de Nadal 2022 o xoves 22 de decembro a partir das 9:30 horas.



Esperámosvos!


Calendario colaborativo anual 2023: Pablo Picasso

 Xa podedes gozar do calendario colaborativo anual adicado a Pablo Picasso, xa que no ano 2023 conmemórase 50 anos do seu pasamento. Foi ilustrado con interpretacións libres de cadros do artista por todo o alumnado do colexio.

Podedes mercalo na secretaría do centro ou en calquera libraría do noso concello.

As imaxes dos cadros de Picasso foron utilizadas con fins estrictamente educativos. Si calquera dos seus contidos está suxeito a dereitos de autor, rogamos que nolo fagades saber para poder retiralos axiña. 












Feliz e próspero 2023!
 

18 de dec. de 2022

Minutos musicais!

 A audición desta semana,  na que todos e todas estamos desexando a chegada das vacacións de Nadal, escoitaremos a panxoliña "NADAL EN GALEGO", de A Quenlla- Fuxan os Ventos, que podedes levar prestado da biblioteca.


 Capela dos Santos Reis en Bueu. Urbano Lugrís.

O seu deseño foi encargado polo Concello a mediados do século pasado a Urbano Lugrís, un dos pintores galegos máis importantes da época e representante destacado do movemento surrealista. 

A paixón polo mar está moi presente en toda a obra do artista. Vieiras, buguinas, áncoras, baleas e outros motivos mariños servíronlle a Lugrís para adornar o arco que preside a porta de acceso ao recinto. Foi un proxecto que lle permitiu desenvolverse ao máximo como creador xa que puido combinar deseño, pintura, escultura, arquitectura e, mesmo, a dirección dos traballos.

O feito de estar dedicada aos Reis Magos (os Santos Reis que lle dan nome) fai deste pequeno templo un caso excepcional non só en Galicia, senón tamén en España e o resto de Europa, debido a que son contados os templos erixidos para honrar a Melchor, Gaspar e Baltasar.


 

16 de dec. de 2022

Concurso de postais de Nadal!

Todos os nenos e nenas do colexio deseñaron e escribiron creativas postais navideñas para o concurso!




 Parabéns por este traballo tan bonito!


Club de Lectura Os Belulectores

Rematamos o primeiro trimestre e con el a lectura no club de "O neno de lume", escrito por Ledicia Costas, publicado por Xerais,  acadando unha valoración moi positiva e convidando a todas as amigas e amigos a súa lectura. 

Sabedes o motivo da degustación dunha riquísima tarta red velvet?😋 
Anímate á lectura desta fantástica novela!
 
Podedes ler as valoracións na páxina do blog de O club de lectura. Un adianto:

Uma

O libro " O neno de lume" trata varios temas: o bullying, a amizade, a empatía, temas científicos coma é a meteoroloxía, temas de repostería...

Unha particulidade é que a autora nos fala en segunda persoa. Un detalle que fai que nos metamos na historia.

A comida tamén aparece pero de dúas maneiras diferentes: unha é comer por necesidade e a outra é comer por pracer.

A miña valoración é moi positiva. É un libro moi recomendable. 


Un pracer compartir tempo e lecturas!
 

Recreos na biblio!

 Fantásticos recreos creativos e lectores na biblioteca!










Esperámosvos no próximo trimestre!

Mil grazas por encher de vida a nosa biblioteca e aos voluntarios e voluntarias a súa axuda!

13 de dec. de 2022

Recomendacións de lectura Nadal 2022

 Xa están aquí as recomendacións de lectura para este Nadal 2022!

Compartimos con todos e todas vós as GUÍAS DE LECTURA elaboradas pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, da que formamos parte.

Libros, xogos e música queren estar nas vosas cartas para Papá Noël e os Reis Magos.

Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías!

Grazas a Josuha XanBreo pola súa colaboración nas ilustracións! 

Maxín de aventuras! 

En galego, mil historias para descubrir!

Hoxe conta... CLARA e IRIA

 Clara de 4º e Iria de 5º de Primaria emocionáronnos coa lectura do precioso álbum ilustrado:


 

Mil grazas por compartir o voso tempo de lectura!

Hoxe conta... Ainhoa e Mara

 O luns as nenas e os nenos de Infantil escoitamos moi atentas e atentos a lectura de Ainhoa e Mara do libro:


Mil grazas por preparar lecturas para compartir!


11 de dec. de 2022

Minutos musicais!

 Ludwing van Beethoven naceu nunha cidade de Alemaña chamada Bonn no ano 1770. A data exacta do seu nacemento é unha incógnita aínda que podemos deducir que foi un 16 de decembro grazas a súa carta de Bautismo. Este ano cumpriría 252 anos.

Visualiza a súa biografía:


Escoita esta selección de música para piano. Empezamos por "Para Elisa" . No minuto 02.30 "Sinfonía nº 5", no minuto 09:26 "Claro de Luna" e a partir do minuto 14:41 "Sinfonía nº 9".


Partitura orixinal escrita por Beethoven con tinta negra e marrón con anotacións.


Feliz semana!


7 de dec. de 2022

Contacontos con... UXÍA GONZÁLEZ MORÁN

Esta mañá visitou a nosa biblioteca, por xentileza do CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu, a actriz e contacontos Uxía González Morán.

Gozamos da súa interpretación de diferentes historias e participamos en xogos de dramatización e de rol.


 



 

Mil grazas por facernos ver que homes e mulleres podemos facer e desexar as mesmas cousas!

4 de dec. de 2022

Minutos musicais!

Esta breve semana escoitaremos unha canción moi especial e fermosa de Maldita Nerea titulada Extraordinario, canción que fai visible a personas extraordinarias...

Está adicada a persoas con diversidade funcional; é un recoñecemento a superación de obstáculos aos que se enfrentan cada día.


Na sección artística semanal seguimos coa Sétima Arte: o Cine. Recomendámosvos dúas películas: 

Campeones, 2018, dirixida por Javier Fesser. Protagonizada por: , , , , , , , , , , , , , , , .

  • Valentina, película de animación , guón , dirección e produción Chelo Loureiro; deseño de personaxes David Pintor...

     Anímate e goza coa sétima arte!  Feliz semana!




HOXE CONTA... Arturo, Andrea e Mara!

 O xoves durante a Hora de Ler, gozamos na biblioteca coa lectura de Andrea e Mara de 4º de Primaria e Arturo de 6º de Infantil, dunha bonita historia dun libro da biblioteca persoal de Andrea e Arturo.


Agasallaron ás titorías de Infantil e a Belusiña cunha fermosa ilustración da protagonista do libro.

Mil grazas por ler para nós! Encántanos escoitar historias!