Amosando publicacións coa etiqueta Museo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Museo. Amosar todas as publicacións

30 de xuño de 2024

Actividades de verán no Museo Massó!

 O xoves 4 e o sábado 6 de xullo pásate polo Museo Massó e goza dos obradoiros de verán!

Inscrición gratuíta!




5 de abr. de 2022

Visita ao Museo Massó

Esta mañán,  o alumnado de Infantil gozou coa visita e un obradoiro no Museo Massó de Bueu.

Observamos cadros de Urbano Lugrís, unha réplica da nao Victoria, as máquinas da antiga conserveira e todo sobre a caza e a industria arredor das baleas.

Quedamos impresionadas coa colección de libros do Museo. Paseamos entre incunables, libros de láminas, diarios... 


Anímate a coñecer o Museo. Está moi preto de ti!



8 de feb. de 2021

MUSEO MASSÓ: MASSOMAKION

 O Museo Massó difunde esta proposta para xogar na casa: MASSOMAKION. (Pincha e segue as instrucións no blog do Museo)

A partir das figuras xeométricas que compoñen o Stomakion de Arquímedes,  poderás compoñer, como se fose un tangram, catro figuras que forman parte dos deseños de catro marcas que comercializou a conserveira Massó Hermanos S.A.

Se precisas máis información sobre "O deseño gráfico na colección do museo Massó" solicita este libro na túa biblioteca.