27 de mar. de 2015

SEMANA DA POESÍA E VOLUNTARIADO LECTOR

Con motivo do "Día da poesía" esta semana centrámonos na lectura de poemas.Os nenos e nenas do VOLUNTARIADO LECTOR saíron hoxe a distintos establecimentos da vila e recitaron poemas escollidos para a ocasión: Na frutería as"Nanas de la cebolla" de Miguel Hernández ,na librería: "María Soliña", "A Rosalía","El lagarto y la lagarta",...
Para a farmacia decantáronse por unha " lectura científica" sobre os microbios e os medicamentos.
GRACIAS A TODAS E TODOS POLAS VOSAS FANTÁSTICAS LECTURAS!!!







UNS CIENTÍFICOS MOI ESPECIAIS!!!

Onte, na biblioteca do cole, tivemos a visita duns "científicos" moi especiais: a mamá e o tío de Hugo de 5º de Infantil.Con eles poidemos construir un arco da vella, experimentar coas densidades de distintos elementos, facer un volcán...e un montón de experimentos máis.

                                              REALMENTE IMPRESIONANTE !!!








                      MOITÍSIMAS GRACIAS ,DISFRUTAMOS MOITO COA CIENCIA!!!

25 de mar. de 2015

PACO NOGUEIRAS NO COLEXIO

PACO NOGUEIRAS, músico  e poeta visita o noso cole por cortesía da editorial KALANDRAKA.
Contos e cancións mesturados fixéronnos pasar uns momentos moi divertidos.
Xunto con él lemos,  cantamos e bailamos  "VIOLÍN" "OSOS" , "CHIBOS, CHIBÓNS", CRICTOR e QUEN É ESE BECHO?

  






UNHA APERTA AMIGA!!!

23 de mar. de 2015

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º cursos recibiron a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Con él falamos de personaxes de cómic, debuxamos, ...e finalmente asinounos os nosos exemplares de MARCOPOLA!!!!




                                         MOITÍSIMAS GRACIAS !!!!

21 de mar. de 2015

ECLIPSE SOLAR

O inverno despedíuse cun eclipse total de sol que nós só vimos como parcial.
Onte, 20 de marzo, a lúa comenzou a cubrir a parte superior dereita  do sol, a pesares das nubes o "eclipse" púdose observar perfectamente en Galicia , empezou ás 9:05 H, o máximo foi ás 10:09 H 
e rematou ás 11:18 H.
O fenómeno astronómico  non se volverá a repetir ata o 21 de agosto de 2017.

9 de mar. de 2015

"DÍA DA MULLER"

Celebramos o "Día da muller" coa visita dunha bióloga ,experta en MICOLOXÍA ,que nos falou dos fungos: a súa producción,variedades,propiedades e utilidades.


4 de mar. de 2015

ROSALÍA NAS ONDAS DO MAR

Homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO dende os CENTROS DE ENSINO DO MORRAZO.

2 de mar. de 2015

SALÓN DO LIBRO!

Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, no Pazo da Cultura de Pontevedra, celebrarase  o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil .
Un mes no que haberá contacontos, teatro, música, obradoiros e, sobre todo, moitas actividades relacionadas coas materias da temática deste ano:

                             'Da ciencia á ficción'.