29 de out. de 2023

Minutos musicais!

 Semana de medo! 

Semana de terror! 

Semana de sustos!

Semana de escuridade!

Semana de lecturas terroríficas!

Semana de receitas espantosamente saudables!

Semana de música arrepiante!

Esta semana escoitaremos o tema O Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona!

Uxía Lambona e a Banda Molona, formada por cinco músicos e unha cantante, recollen os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular desde a Carolina rapeada ata o Jato rockeiro.

Uxía Lambona e a Banda Molona nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir aos nenos e nenas, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular.

25 de out. de 2023

Club de Lectura 6º Primaria

 Coincidindo co Día das Bibliotecas, 24 de outubro, iniciaron  a súa andaina as dúas seccións do Club de Lectura de 6º de Primaria, Os Belulectores.

O primeiro libro que imos ler é Alma de elefante, escrito por Andrea Maceiras e publicado por Xerais.


 Gozade coa lectura!

 

Lecturas Compartidas!

Os nenos e nenas de 2º de Primaria visitaron a clase de 4º de Infantil para compartir lecturas entre iguais.

Foi unha experiencia fantástica durante a Hora de Ler! 

Unha actividade máis dentro da Semana da Biblioteca!
 
 
Para saber máis desta actividade visita o blog de Infantil.

24 de out. de 2023

Futbolistas

Iniciamos unha semana moi especial, o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas.

Este curso o Proxecto Documental anual versa sobre os deportes; leva por nome En Xogo!

O luns recibimos a visita de tres xogadoras de fútbol sala do equipo  Marín Futsal: Jessi (mamá de Ainhara), Carolina e Ana. 

Conversamos sobre a importancia de realizar deporte, comer sa, estudar, xogar en equipo... Amablemente responderon ás nosas preguntas sobre os seus inicios no deporte, no fútbol, no fútbol sala, os seus xogadores e xogadoras favoritas, o seu sitio no campo, a onde viaxan e como se desprazan, o lugar de entrenamento...

Enviámoslles os nosos mellores desexos para que logren grandes éxitos e consigan a Copa da Raíña!

Moita sorte! Seguro que asistirán moitos rapaces e rapazas aos vosos partidos para animarvos!

Mil grazas por compartir o voso tempo!

 




Escoita a entrevista a Jessi "Café" na radio.


22 de out. de 2023

Minutos musicais!

 Esta semana, que celebraremos o Día das Bibliotecas, escoitaremos Tan só con leres un libro de Mamá Cabra, grupo de música galego.

 Porque con leres un libro mil mundos podes achar


Feliz semana e boas lecturas!

19 de out. de 2023

Día das Bibliotecas 2023

 

Goza con esta pequena selección de libros arredor das bibliotecas e os libros:



16 de out. de 2023

Obradoiro de Booktrailers

 A finais do curso pasado recibimos a gran noticia de que nos concederon o SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA.

Grazas á asignación económica, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria realizaron un obradorio para gravar e editar booktrailers guiados por María e Roi, profesionais de Gingko.

Elixiron un libro, escribiron un breve resumo, un pequeno guión, o stroryboard, buscaron atrezo e localizacións e aquí está o resultado...









Podedes visualizar que grandes artistas son!

Booktrailer de " Los calzoncillos de Oso Blanco" de Tatsuya Kameyama y Atsuko Nakagawa


Booktrailer de "Matilda" de Roald Dahl.


Booktrailer de "Atrapamiradas" de Marina Núñez.


Booktrailer de "Maruxa" de Eva Mejuto.



Booktrailer de "Invisible" de Eloy Moreno.


Booktrailer de " Hasta que podamos abrazarnos" de Eoin McLaughlin

Parabéns por esta actividade e polo traballo en equipo!


Día das escritoras 2023

Cita a cegas coa lectura!

Cada titoría foi recollendo o seu agasallo para unha cita a cegas coa lectura de obras de escritoras durante a Hora de Ler de hoxe!

Foi un momento compartido de lectura ben fermoso!




Os libros para o expositor de obras de escritoras foron seleccionados polo voluntariado de 6º de Primaria. Parabéns pola elección!

15 de out. de 2023

Minutos musicais!

Esta semana escoitaremos a Katrina and the Waves, banda inglesa formada en 1981, coñecida polo éxito de 1985 "Walking on Sunshine"


A banda foi representate do Reino Unido no Festival de Eurovisión de 1997 con "Love Shine a Light". Coa súa participación, o Reino Unido acadou a súa 5ª vitoria no Festival de Eurovisión.

Feliz semana!

Recreos na biblioteca!

 Volvemos a gozar dos recreos na biblioteca!

 Ler, compartir... Biblioteca, punto de encontro!








8 de out. de 2023

Minutos musicais!

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. 

O grupo traballa con repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. 

Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.

Esta semana escoitaremos o seu tema Aire.



Premio Nacional ao Club de Lectura!

Temos a gran sorte de compartir con toda a comunidade educativa a alegría de ser un dos terceiros premios na convocatoria de clubs de lectura escolares a nivel nacional concedidos polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso 2022-2023.

Énchenos de satisfacción e sentimos orgullo polo labor que as persoas que formaron e formamos parte do Equipo de Biblioteca levamos realizando desde hai moitos anos a prol da lectura.

Anímate a formar parte dos nosos clubs de lectura!

Máis información nas páxinas do blog:

Club de Lectura Os Belulectores

Club de lectura de adultos






6 de out. de 2023

Apertura musical!


 O venres 6 de outubro gozamos na apertura da biblioteca, cunha gran actuación musical de Carmen, 6º de Primaria, violín e Rodrigo, 3º de Primaria, percusión

Interpretaron tres pezas de música folk.

Parabéns por este fantástico concerto!







5 de out. de 2023

Abrimos a biblioteca!


 O venres 6 de outubro apertura da biblioteca durante a Hora de Ler!

4 de out. de 2023

Concerto didáctico da Banda de Música de Bueu

 Este mércores gozamos dun concerto didáctico a cargo da Banda de Música de Bueu.

Puidemos coñecer diferentes tipos de instrumentos musicais e a función do director coa batuta. Incluso puxemos a voz a algunhas composicións de música actual.

Foi un gran encontro xa que na banda tocan antigos alumnos do colexio!

Grazas por esta marabillosa actuación e por compartir o voso tempo con nós!





1 de out. de 2023

Minutos musicais!

 Esta semana escoitaremos, durante o tempo de entrada, unha canción de Bob Marley, titulada Three Little Birds. É un canto pola vida e a positividade. Incluída no seu disco Exodus (1977), a mensaxe é clara: "Aínda que pareza que todo se derrube, non te preocupes, todo vai ir ben"

Bob Marley é unha das figuras musicais máis importantes do século XX. 

Está considerado como un dos pais da música reggae (mestura de ritmos xamaicanos, rock, blues e soul). Coas súas cancións quería cambiar o mundo. Considerábase a si mesmo un revolucionario e a súa arma para cambiar o mundo era a música "Describimos a nosa música como un camiño á conciencia. A nosa música é revolucionaria".

Convertido en icona pop, a súa prematura morte en 1981, non fixo máis que converter en perpetua a lenda dun home que, a través da súa mensaxe, pacifista e antirracista, conseguiu coarse na conciencia de millóns de persoas.

Levántate esta mañá, sorrí co sol nacente. Tres paxariños pousados xunto á miña porta... Dicindo esta é a miña mensaxe para ti, non te preocupes por nada porque cada pequena cousa vai saír ben.

Feliz primeira semana de outubro!