29 de dec. de 2021

"O BUEU QUE SOMOS", calendario

O concello de Bueu acaba de editar un calendario cun total de quince láminas do artista local e exalumno do noso centro Josuha Xanbreo para poñer en valor o patrimonio do noso pobo.

Destaca efemérides relacionadas con datas relevantes tanto de mulleres e homes da historia de Bueu, como outras de nivel galego e mundial que fan fincapé en valores como o respecto polo medio ambiente, a igualdade, a cultura, o deporte...

Podes descargalo de balde na páxina do Concello. (Preme na ligazón) 


Parabéns Josuha polas fermosas ilustracións!

23 de dec. de 2021

MÍRIAM FERRADÁNS: gañadora do Premio Fernández del Riego

 A nosa benquerida escritora e exalumna MÍRIAM FERRADÁNS acaba de gañar o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo DALIAS publicado en Nós Diario. Para a súa lectura preme no título.

Un artigo onde nos descubre un costume da xente da illa que cada 31 de outubro sae de Bueu en barco con flores para poñer no cemiterio de Ons. 

"... Cando era nena pensaba que as illas eran flotantes e que estaban ancoradas á terra por cordas xigantes polo de evitar que fuxisen mar adentro...

Que sorte ter unha Illa ancorada á terra!"


MOITÍSIMOS PARABÉNS!
FERMOSO AGASALLO DE NADAL!

Dalias, flores:




Bo Nadal!

Todas as persoas do CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 

desexámosvos un Bo Nadal e un ano novo cheo de éxitos e felicidade!

19 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 A audición desta semana na que todos e todas estamos ansiosos pola chegada das vacacións e do Nadal, escoitaremos a panxoliña "FESTEXANDO O NADAL".


                              FELIZ SEMANA E FELICES FESTAS!!

16 de dec. de 2021

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2021

Compartimos con vós a GUÍA DE LECTURAS DOS EQUIPOS de DINAMIZACIÓN da LINGUA GALEGA DO MORRAZO: 

MERGULLÁNDONOS NO GALEGO

Nela atoparedes recomendacións lectoras para Infantil, Primaria, Secundaria e persoas adultas.

Grazas a Fernanda Patricia do IES As Barxas, de Moaña, polas ilustracións.

O mellor agasallo... UN LIBRO!

Felices lecturas!



 


15 de dec. de 2021

LEDICIA COSTAS e BERTA DÁVILA

Ledicia Costas foi galardonada co Premio Merlín de Literatura Infantil coa súa obra "O NENO DE LUME".

Berta Dávila, pola súa banda, obtivo o Premio Xerais de Novela e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con "OS SERES QUERIDOS""UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR".

ANÍMATE A LER ALGUNHA DAS SÚAS NOVELAS!

NORABOA ÁS PREMIADAS! 



13 de dec. de 2021

" A FOLLA AZUL"

Rematamos a lectura de " A FOLLA AZUL" un libro que nos gustou moitísimo a todas e todos e a ninguén deixou indiferente. 

Animádevos a participar nun Club de Lectura é unha experiencia fantástica!




12 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 Nesta última semana de trimestre, escoitaremos a panxoliña de Iván Vale "CHEGOU O NADAL". 

                                         ANIMÁDEVOS A CANTALA!!!


                                                FELIZ SEMANA!!!

5 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

Nesta semana, a audición que propoñemos é a Marcha do Ballet "O Crebanoces", un ballet en dous actos con música do compositor ruso Tchaikovski. É un dos ballets máis representados e coñecidos.

 Todo un  clásico no  Nadal!!


FELIZ SEMANA




4 de dec. de 2021

3 DE DECEMBRO: Día internacional da Diversidade Funcional

DERRUBANDO LÍMITES!

Cada día desta semana estivemos traballando diferentes capacidades con actividades, xogos, dinámicas, lecturas...

O luns, os nenos e nenas atoparon na entrada do centro unha pregunta: QUE PASARÍA SE...? 

Cada día foise unindo unha imaxe de discapacidade física, intelectual, visual, auditiva, mudez... 

O obxectivo da proposta foi concienciar ao noso alumnado a través do diálogo e poñéndose no lugar dos demais.

O venres 3, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, o mural estaba completo. Nas imaxes podían ler os códigos QR coa información dos protagonistas da semana: Joaquín Rodrigo, Susana Rodríguez... e a mensaxe:

CON ESFORZO PODEMOS LOGRAR GRANDES METAS!





3 de dec. de 2021

EL NATURALISTA COJO, capacidades diferentes


Nesta semana en que conmemoramos o Día da diversidade funcional, os nenos e nenas de 2º de primaria abrimos a ventana máxica de internet para coñecer a unha persoa excepcional que nos deixou completamente abraiados: Manu Sobrino, El Naturalista Cojo.

Antes de coñecelo, e logo de averiguar que un naturalista é unha persoa que ama e estuda a natureza, a profe fíxonos a seguinte pregunta: 

-"Se un naturalista ten que ir polo monte, polas beiras dos ríos, achegarse a unha marisma... Será quen de facelo se ten que desprazarse en cadeira de rodas?" 

Naturalmente, todos e todas respondemos axiña con un sonoro:

- "Nooooon!!! É imposible!!"

Claro: hai pedras, costas, obstáculos no camiño... 

Se aínda é difícil ás veces para nós camiñar por eses lugares, como poderiamos facelo con cadeira de rodas? 

O que non sabiamos nese momento é que era Manu quen nos ía dar a verdadeira resposta a esta pregunta... E deixounos sen palabras!

As fermosas imaxes obtidas tras horas e horas de observación deste incansable naturalista en diversas paraxes naturais marabillábannos. 

Ante os nosos ollos desfilaban fermosísimos instantes da vida salvaxe: un corvo mariño soleando a súa plumaxe trala pesca diaria, a pequena píllara das dunas que protexe ás crías finxindo estar ferida para desviar a atención dos depredadores, a impresionante aguia pescadora, o picapeixe, os impresionantes lagartos arnais, o pícaro raposo ou a acrobática lontra facían saír exclamacións de admiración en todos nós. 

Pero o que máis nos abraiou foi a forza de Manu: non só a forza dos seus fortes brazos, entrenados día a día para superar baches, pedras e polas caídas nas sendas que percorre, senón a forza da súa vontade.

El sempre di: "La vida te pone obstáculos; los límites los pones tú". E nestes vídeos descubrimos a súa fortaleza persoal, o seu constante espírito de superación, e tamén a arma secreta que a todos e todas nos dá un inmenso poder: a solidariedade! Porque vendo a Manu percorrer a ruta dos muíños do Folón e do Picón, nun primeiro experimento de ruta inclusiva, puidemos comprobar como coa axuda dos demais non hai barreiras nin obstáculos posibles. 

Grazas, Manu, por ensinarnos tantas cousas!



Escribindo cartas a  Manu:




28 de nov. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!!

Nesta semana na que se celebra o "Día Internacional das Personas con Diversidade Funcional" propoñemos a audición do 1º movemento do "Concerto de Aranjuez" para guitarra e orquestra, obra cumbre do músico e compositor español Joaquín Rodrigo.

Joaquín Rodrigo quedou practicamente cego cando tiñla tan só tres anos, a causa da difteria, esta circunstancia faría-como el mesmo dixo- que se adicase á música.

No ano 1996, Joaquín Rodrigo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, outorgado por vez primeira a un compositor. 

FELIZ SEMANA!!


25 de nov. de 2021

25 de NOVEMBRO: II MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana estivemos lendo libros relacionados cos Dereitos da Infancia e contra a Violencia de Xénero.

Hoxe realizamos a II Marcha contra a Violencia de Xénero arredor do centro.

A continuación o alumnado de 6º de Primaria deu lectura ao seu Manifesto e gardamos un minuto de silencio. 




NON á VIOLENCIA... SI ao DIÁLOGO!!!

24 de nov. de 2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

TOUPICIENCIA. A XANELA DE MAXÍN

Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.


 Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.
 Pincha na imaxe para acceder ao vídeos.

21 de nov. de 2021

Minutos musicais!

Nesta semana que celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER" escoitaremos a canción de Rozalén, que xa se está a converter nun himno por estas datas, "La puerta violeta".

Deixámosvos un video feito polo alumnado de 6º de primaria o curso pasado e outro  en Lingua de signos.

 

 
      
  Feliz semana!!                             

19 de nov. de 2021

20 N "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA"

Con motivo do "Día Internacional dos Dereitos da Infancia" o alumnado de 6º de primaria len o libro "Tengo derecho a ser niño" de Alain Serres da editorial BLUME.


                 MOITÍSIMAS GRAZAS NENOS E NENAS!!!!

18 de nov. de 2021

EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA

O alumnado de Infantil investigou sobre os volcáns creando un.

Participaron enchendo o patio de pompas, incluso deseñaron os seus propios artefactos pompeiros.

Visitaron a exposición de material de laboratorio no corredor da Biblioteca.


GOZADE COA CIENCIA!

17 de nov. de 2021

SEMANA DA CIENCIA: BURBULLEANDO!!

Este ano celebramos a Semana da Ciencia cunha experiencia para todas e todos, sinxela e divertida presentada polo alumnado voluntario de 6º de Primaria. 

Marcos e Elena de 4º de Educación Primaria, explícannos o  por que: "As burbullas saen porque o deterxente (Fairy) axuda a separar as moléculas da auga (diminúe a súa tensión superficial). A glicerina retrasa a súa evaporación."

Animádevos a facelo!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


15 de nov. de 2021

XUNTANZA CLUB DE LECTURA DE ADULTOS!

Martes 16 de novembro, na Biblioteca de Beluso, celebraremos a nosa primeira xuntanza do club de lectura nesta nova andaina.

Esperámosvos!



14 de nov. de 2021

Minutos musicais!!

A proposta musical para esta primeira semana de novembro é unha canción do grupo "Dvicio" titulada "Hazlo por ti" que denuncia o exceso de plástico que invade o noso planeta e afecta á vida de todos os seres vivos que nel vivimos. 

Os útimos datos din que cada  ano producimos 300 millóns de toneladas de residuos plásticos e 8 millóns van parar aos océanos. 

Segundo a ONU "para 2050 podería haber máis plásticos que peixes no Mar".

Esta nas  mans de cada un de nós  loitar por un planeta máis SOSTIBLE!!!


".


          FELIZ SEMANA!!!

12 de nov. de 2021

MAGOSTO 2021

Polo San Martiño, trompos ao camiño!

Hoxe gozamos con divertidos xogos para celebrar un MAGOSTO DIFERENTE.
Xogos populares como por exemplo a corda, os bolos, a mariquitilla, a castaña por detrás, os trompos, o aro, a billarda...
 
Que xornada tan divertida:
 
 
Merendas con sabor a castaña! Visualiza o vídeo 

Grazas a Corredoiras e a Manolo Otero pola súa colaboración.

11 de nov. de 2021

OUTONO!

O outono xa está aquí! Os días son, pouco a pouco, máis curtos, vai facendo máis frío, as folliñas van caendo...

Os castiñeiros dan o seu froito e celebramos o magosto. 

Mirade que manualidades de ou con castañas fixemos! Acercádevos a ler as receitas! 

Podedes ler e gozar coas recomendacións lectoras para esta estación!





10 de nov. de 2021

HORA DE LER AO SOL!

Facendo noso o verán de San Martiño, saímos ao patio a gozar dos libros.

A conexión coa terra, o tacto brando da herba ou a escolla dunha atalaia de pedra, a liberdade de escoller onde abrir as páxinas e gozar da lectura, crea unha máxica atmosfera imaxinativa.

Ben puideran os esquivos lagartiños que perseguían as raiolas mornas do sol, as delicadas bolboretas danzarinas ou as barulleiras pegas ter saído dalgunha das nosas páxinas?





7 de nov. de 2021

Minutos musicais!

Hai un refrán que di: "Polo San Martiño, fai o magostiño". Seguindo a tradición, nesta semana na que celebramos o San Martiño e o Magosto, propoñemos a escoita dun rap moi coñecido por todos e todas vós: "O Rap do Magosto" de Paco Nogueiras do seu disco Brinca vai.


                                

                                           FELIZ SEMANA!!!

31 de out. de 2021

Minutos musicais !!

Nesta semana na que celebra, do 31 de outubro ao 12 de novembro, a Conferencia das Naciones Unidas sobre o Cambio Climático (COP26), en Glasgow (Reino Unido), escoitaremos a canción "Cambio climático" de Shaka y Dres.

O cambio climático é un tema que nos preocupa moito e polo que todos e todas debemos loitar. 



FELIZ SEMANA!!!



29 de out. de 2021

SAMAÍN TERRORÍÍÍÍÍÍFICOOOO!

 Ao longo desta semana gozamos coa lectura de libros de medo, de morcegos, arañas, vampiros, vampiras, lobos, bruxas, curuxas, catrinas, pasteis de cabazas, avoas dentro de cabazas,  sopas...





A Santa Compaña voltou para asustarnos coa súa música e traxes negros grazas ao alumnado de 5º de Primaria que a representou polos corredores. 




Bailamos todos xuntos "Un poco loco" da película COCO de Luis Ángel Jaramillo e Gael García:


Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
Aquí podedes ver un vídeo resumo:


SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E FIGURAS DE FOLLACO

Na entrada do colexio podedes visitar unha fantástica exposición de cabazas e manualidades elaboradas con follaco. 

Moitas grazas familias pola vosa colaboración, sen ela  non sería posible esta actividade!

Visualiza a presentación:




27 de out. de 2021

OS BELULECTORES

O alumnado de 6º de Primaria participa nos dous grupos de "CLUB DE LECTURA".

Iniciamos a súa andaina co libro A FOLLA AZUL, escrito por Andrea Maceiras e publicado por Xerais.

 





LECTURAS TERRORÍFICAS!

Durante esta semana, durante a HORA DE LER, trae unha lanterna para ler os teus libros favoritos de medo, de pantasmas, meigas, curuxas, vampiros, arañas, gatos negros, lobos, cabazas...

EMOCIÓNATE COA LECTURA!


24 de out. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

 Ao longo desta semana na que celebramos o Samaín, escoitaremos "Na cova do rei da montaña". Unha peza de música orquestral composta por Edvard Grieg en 1875 como música incidental para a sexta escena  da obra de teatro Peer Gynt. 


                                      FELIZ SEMANA!!!

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS,  recordando a destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

Alberto Moital, concelleiro de Patrimonio, Arquivo e Bibliotecas, invitounos a participar no xogo "Cita co libro" na biblioteca Torrente Ballester de Bueu.

Trátase dun xogo de pistas que consiste en adiviñar que libro se agocha nunha serie de caixas.

Anímate e participa do 21 ao 29 de outubro!



UNHA BIBLIOTECA CON RAÍCES NO CAMPO!

Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS visitamos a Biblioteca Pública de Beluso para coñecer a súa historia e as súas instalacións.

Da man de Belarmino Barreiro, arquiveiro municipal, soubemos que a Sociedade de Labregos El Progreso de Beluso, traballando todos xuntos, construíron unha casiña para as súas reunións con pedra do monte Borrallido.

Pouco a pouco, con diferentes aportacións, foise creando unha biblioteca a mediados do ano 1934. Aquí estiveron Castelao, Alexandre Bóveda, Johan Carballeira...

Despois da Guerra Civil (1936-1939) o edificio pasa ao Estado. Chegando a estar abandonado. Na década de 1970 pasa a ser unha Biblioteca estatal e arredor de 1996 encárgase do seu coidado o Concello de Bueu.

A BiBLIOTECA PÚBLICA DE BELUSO nace do campo, dos labregos, dos nosos tataravós, bisavós de persoas que pensaban que os libros son moi moi importantes para adquirir CULTURA.




A continuación, da man da bibliotecaria, Rosi, recibimos formación de usuarios e coñecemos a biblioteca.










Durante a visita, o alumnado de 1º de Primaria fíxolle unha interesante entrevista a Rosi. Descubrimos que a nosa Belusiña ten un compañeiro na biblioteca de Beluso. 

ANIMÁDEVOS A VISITALA E  DESCUBRIR A SÚA MASCOTA!

Moitísimas grazas Belarmino, Rosi e  Alberto Moital por acompañarnos neste día tan importante!