31 de xan. de 2019

CARREIRA "SAVE THE CHILDREN"

    O 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA, estaba prevista unha carreira a  prol da organización SAVE DE CHILDREN, con recadación para unha escola nun campo de refuxiados.
 SUSPENDEUSE POR MOR DO TEMPO.
   É interesante destacar que as fundadoras desta ONG foron mulleres, Eglantyne Jebb e a súa irmá Dorothy Buxton.



LECTURAS POLA PAZ

   Durante a Hora de Ler , os voluntarios lectores de 6º de primaria, repartíronse polas diferentes titorías para ler contos relacionados coa PAZ.








27 de xan. de 2019

MÚSICA POLA PAZ

   Esta semana para conmemorar o día da PAZ, escoitaremos e cantaremos ...

DISFRUTADE COA MÚSICA

25 de xan. de 2019

XANEIRO: MES DA PAZ

CONCURSO: "MULLERES POLA PAZ"

Este ano imos coñecer a 5 mulleres, das 17, premiadas co NOBEL DA PAZ.
Para participar hai que cubrir o cuestionario que está no corredor da biblioteca. Buscade a información para solucionalo  na carpeta de RECURSOS CONCURSO MULLERES POLA PAZ que está nos ordenadores portátiles. 
RECURSOS:

RECURSOS MULLERES POLA PAZ
DE TODAS

TERESA DE CALCUTA

RIGOBERTA MENCHÚ

WANGARI MAATHAI

MALALA YOUSAFZAI

JODY WILLIAMS

Una visión realista da paz mundial (Vídeo)

Noticias Jody Williams el país (buscar artigo de Marife Moreno)

Jody Williams bbc mundo

Mundo empresarial Jody Williams
(Están a vosa disposición nos ordenadores portátiles)

              
CUESTIONARIO:
            

1- Por que lle deron o Premio Nobel da Paz a Teresa de Calcuta?
 
3-De donde era Rigorbeta Menchú?

4-A que idade comezou a traballar nunha plantación de café Rigoberta Menchú?

5-En que países estudou Wangari Maathai?

6-Que movemento creou Wangari?

7-Cantos anos tiña Malala Yousafzai cando recibiu o Premio Nobel da Paz?

8-Segundo a súa famosa frase, que 4 cousas decía Malala que poden cambiar o mundo?

9-Que é para Jody Williams a Paz Sostible?

10-Que tramo do Camiño de Santiago fixo Jody Williams?





ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
VEN POLA TÚA BIBLIOTECA!!!


20 de xan. de 2019

SEGUIMOS COAS AUDICIÓNS

  Esta semana estamos un pouco rockeiros /as, por iso imos a coñecer un pouco ao grupo DOVER.
  DOVER  foi un grupo español de rock alternativo que cantaba en inglés. Foi fundado en Madrid en 1992 e separáronse en 2016. O grupo estaba composto polas irmáns e líderes do grupo Cristina Llanos (vocalista) e Amparo Llanos (guitarrista principal), o batería Jesús Antúnez e Samuel Titos no baixo. Gravaron oito discos que superaron case os dous millóns de copias.
  A banda gañou, entre outros, o premio ao grupo revelación nos Premios Ondas de 1997,​ e mellor artista español nos Premios MTV Europa de 2000.