30 de xan. de 2018

A XACIA LUVIÑAS

Continuando coas actividades  do "Día da Paz", Neves, Lucía e Carlota (2º de primaria) contaron, na biblioteca, "A xacia Luviñas" . Unha historia que nos fala do amor e respecto á natureza .


Rematamos todos e todas acariñándonos e cantado a "Cantarela dos nenos".


FELIZ DÍA DA PAZ!!!

26 de xan. de 2018

CONTOS POLA PAZ (Voluntariado lector)

Continuamos durante toda a semana con lecturas pola paz!
O mércores, na Hora de Ler, foron Lucía e María as que se animaron a contarllle ao alumnado de 3º e 4º de primaria ""El cocodrilo Cirilo"S.M.


O xoves, Noemí e Uxía  contáronlle a Infantil, 1º e 2º de primaria "Por cuartro esquinitas de nada" Ed.Juventud.




E hoxe, tamén Uxía e Noemí contaron a 3º e 4º de primaria "O lapis máxico de Malala"Xerais


MOITÍSIMAS GRAZAS POR AGASALLARNOS CUNHAS LECTURAS TAN  FERMOSAS!!

23 de xan. de 2018

SEMANA DA PAZ!!

 Ao longo desta semana e ata o día 31 deste mes levaremos a cabo  diferentes actividades pola PAZ: Música, lecturas, exposicións, murais...
Hoxe na biblioteca , Eva e Yanira (alumnas de 3º e 4º de Primaria) quixeron contarlle ao alumnado de Infantil o conto titulado "El amigo perfecto" , un conto sobre a amizade que nos gustou moitísimo!



MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR!!!

16 de xan. de 2018

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!!

Seguindo co proxecto REVITALIZA de compostaxe, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, que iniciamos antes das vacacións de Nadal, hoxe o alumnado de Infantil realizarou un obradoiro sobre compós na biblioteca.



Ademais temos na entrada do colexio uns paneis informativos sobre todo o proceso de compostaxe e a súa importancia.

ANÍMADEVOS A VISITALA!!