Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

4 de xuño de 2025

Visita á Ecogranxa Ríomouro

 As nenas e nenos de Infantil visitamos o pasado martes 3 de xuño a Ecogranxa Ríomouro en Poio.

O autobús e parte do prezo da excursión foron subvencionados pola Deputación de Pontevedra dentro do programa ambiental "Vive o Rural 2025".



Na ecogranxa interactuamos cos animais e participamos nos seus coidados, alimentándoos, peiteándoos, recollendo ovos...

Na horta, plantamos leitugas, sachamos, regamos e coñecemos o nome de diferentes plantas.

E tamén realizamos xogos colaborativos.

A merenda e a comida estaban riquísimas! E, por suposto, eran moi saudables!

Foi unha xornada moi especial e divertida!







11 de xuño de 2024

Visita a Apípolis!

Os nenos e nenas de Infantil, estivemos investigando o mundo das abellas e da apicultura.

Empregamos diferentes fontes de información: libros, preguntando na casa, charla cun apicultor.

Fixemos unha exposición ben fermosa coa información, manualidades, utensilios, un niño de velutinas...

Visitamos a granxa Apípolis en Xeve. Entramos no apiario como profesionais apicultores, degustamos, tocamos os produtos das abellas, cociñamos riquísimas galletas con mel.

Foi unha xornada moi divertida!














6 de feb. de 2024

Club do Mar Bueu

 O martes 6 de febreiro, os nenos e nenas de Infantil, visitamos o Club do Mar de Bueu e o Museo Massó relacionado co proxecto documental deste curso.

Percorremos as instalacións do Club do Mar de Bueu, remamos e diferenciamos entre traiñeira, traiñeiriña e batel. Tamén soubemos que as embarcacións deste club levan por nome diferentes estados do mar: Maruxía, Mareira, Viruxe, Xifral...

Grazas a Valente e Adrián polas súas fantásticas explicacións e por acompañarnos durante a visita.


A continuación, en grupos, visitamos dúas salas do Museo Massó. Gozamos dunha fantástica visita!



16 de nov. de 2023

Visita e concerto en Pontevedra!

 O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria visitaron Pontevedra e asistiron á actuación Vaia ritmo! no teatro de Afundación en Pontevedra, concerto de Odaiko Percussion Group. A través da sorpresa, do humor e a interacción co público, presentáronnos diferentes elementos de percusión que nos levaron a melodías cheas de ritmo e diversión.


 Foi toda unha sorpresa sacar unha foto cos integrantes do grupo!

13 de dec. de 2018

TEATRO E PINTURA

    "A GALIÑA AZUL" de Carlos Casares foi a obra que o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foron ver a Pontevedra. Foi xenial!
Aproveitaron a saíada para unha visita a exposición de Goya e Dalí. Para rematar cun taller de pintura no café Moderno.







1 de out. de 2018

ANDAINA POR CABO UDRA

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria realizaron un percorrido didáctico por Cabo Udra, visitando a  aula de Natureza e o espazo natural.
 Puideron ver flora e fauna característica da zona: saltóns, araña-tigre, toxos,..
Baixaron e subiron andando demostrando a súa forma física.