Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro 2020. Amosar todas as publicacións

22 de xul. de 2020

23 de xullo de 2020: DÍA DO LIBRO

Este ano 2020 está cheo de sorpresas: DÍA DO LIBRO en pleno verán!
Un libro é unha porta aberta á imaxinación, á fantasía, a lugares por explorar,...
Todo comeza nunha libraría, como di a campaña para pór en valor estes espazos: #TodoComezaNunhaLibraria.
Merca nas librarías da túa localidade!

FELIZ DÍA DO LIBRO!

2 de maio de 2020

Día 48. 02.05.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Esta semana a audición musical está relacionada co "Día do libro"(23 de abril) e o"Día da danza"(29 de abril).Estamos a falar do ballet clásico  ¨Don Quixote¨ Composto por Ludwig Minkus e representado por vez primeira no Teatro Bolsoi de Moscú no ano 1869.
O ballet, en tres actos, está baseado na novela de Cervantes, e en particular no episodio narrado no capítulo XIX da segunda parte, na que se relata os amoríos entre o barbeiro Basilio e a xoven Quiteria (Kitri no ballet), ademais das aventuras de Don Quixote e Sancho arredor da xoven parella.
Déixovos o final do primeiro acto, espero que o disfrutedes:
     BOA SEMANA!!!

29 de abr. de 2020

HISTORIAS DE LIBRO

Nos títulos dos libros están agochadas pequenas ou grandes historias para ser contadas.
Sodes quen de adiviñar aos seguintes narradores e narradoras de historias?






MOITAS GRACIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!

24 de abr. de 2020

#HISTORIAS DE LIBRO

Gracias por participar!

#HISTORIAS DE LIBRO

Gracias por participar!

"HISTORIAS DE LIBRO"

"Cada libro que lemos queda gardado
 no noso peito 
como semente, paxaro ou xabarín" 

Este ano as actividades relacionadas co Día do Libro celebrámolas na casiña, gozando da lectura porque os libros sempre están nas nosas vidas. Fan que riamos, que choremos, que nos emocionemos, que pasemos medo...


Propoñémosvos ser imaxinativos e crear:


 "HISTORIAS DE LIBRO"
Busca na túa casa ou no ordenador portadas de libros. A partir dos títulos inventa e conta unha pequena historia, unha frase, un poema... 

Sería fantástico facelo en familia!

Envía a  túa aportación a biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com.

23 de abr. de 2020

ACEPTA O RETO LECTOR! #DíaDelLibro

A Asociación Juan XXIII retou ao noso cole a realizar lecturas de libros de inclusión, diversidade, aceptación de diferenzas... Entra no blog de Orientación para máis información.

Ánimo,  grava a túa lectura e envíaa a biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


ACEPTA O RETO!

Día 39: 23.04.20 Hora de Ler na distancia con... SORPRESA!

Hoxe é unha data especial, é o Día Internacional do Libro. 📗📘📙📚📕

🎁Daí que vos agasallemos coa lectura de "O principiño" de Antoine de Saint-Exupéry

Poñede moita, pero que moita atención! Aí vai! 😉