22 de dec. de 2018

GUÍAS DE LECTURA

   Como cada curso, os coordinadores de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo, elaboran unhas guías, paras as diferentes idades, con libros do 2018 recomendados.
   Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo.




21 de dec. de 2018

BO NADAL!!!

Desexámosvos a todas e todos un FELIZ NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO!!!


FELICES LECTURAS E AVENTURAS!!!

Festival de Nadal

   Para rematar este trimestre, o tan esperado polas familias Festival de Nadal, no que participan todos os alumnos e alumnas do centro.
   UN GRAN ÉXITO 




E MOITO MÁIS...

CALENDARIO 2019

   Un ano máis todo o almnado do centro elaborou as manualidades que ilustran o calendario. Este ano adicado a mulleres que dalgún xeito foron importantes.



20 de dec. de 2018

Contacontos de Nadal

Hoxe, na biblioteca, os nenos e nenas de Infantil asistiron a un contacontos moi especial, SABELA, CARLOTA e CANDELA de 3º curso de Primaria dramatizaron " El Camello Cojo" de Gloria Fuertes.


GRAZAS POR FACERNOS DISFRUTAR DUN MOMENTO ESPECIAL!!!

18 de dec. de 2018

MULLERES DE PREMIO

Que semanas tan emocionantes!!! Dúas científicas, unha escritora e unha futbolista CON PREMIOS.

ANDREA MACEIRAS, premio Lazarillo 2018.
Escritora nacida en A Coruña  gañou o premio Lazarillo coa súa obra Rusgalía, "unha aposta á ciencia ficción e á imaxinación".
O galardón é un dos máis importantes dirixidos a literatura infantil e xuvenil en España.
Andrea Maceiras convértese na sétima autora galega que obtén o premio. Agustín Fernández Paz, foi o primeiro en 1990, Marilar Aleixandre (1999), Gloria Sánchez (2000), An Alfaya (2005), María Solar (2014) e Ledicia Costas (2015 e 2017).

Outras obras súas publicadas son: "Proxecto Bolboreta", "Volverás, golfiño" ou "O que sei do silencio".


ALICIA ESTÉVEZ, premio Wonenburguer 2018.
A Xunta de Galicia otorgou o Premio Wonenburguer 2018 a experta en Acuicultura Alicia Estévez Toranzo, investigadora pontevedresa especializada en Patología Bacteriana. 
Dirixe o Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago, é licenciada en Bioloxía e Farmacia e catedrática en Microbioloxía da USC.


 MABEL LOZA, premio á Investigación Innovadora 2018.
Doctora en Farmacia e catedrática de Farmacoloxía da USC, Mabel Loza recibiu o Premio á Investigación Innovadora 2018 do Foro de Empresas Innovadoras pola súa aportación a I+D+i , publicacións internacionais, proxectos e formación de investigadores.

ADA HEGERBERG, Balón de Ouro 2018 
Ada Hegerberg, futbolista noruega, dianteira do Olympique de Lyon, recibiu o galardón futbolístico por primeira vez na historia a unha muller. Ada pronunciou estas palabras: "A todas as nenas do mundo, crede en vós".
  PARABÉNS A TODAS!!
 

MARÍA LOIRA ACADÉMICA

María Loira, unha buenense foi elexida para formar parte da Academia de Ciencias de la Salud Ramón y Cajal.

María é odontóloga, presentou a súa tese doctoral obtendo Cum Laude con Mención Europea.

Consulta a noticia en
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12/16/recepcion-concello-academica-maria-loira/2017756.html

NORABOA!!!

16 de dec. de 2018

XA CHEGA O NADAL

                                                                 XA CHEGA O  NADAL!!! 

   Esta semana andaremos todos/as (mestres e alumnos) traballando no festival de Nadal. Temos que coller moitas enerxías, por iso escoitaremos unha canción que nos transmitirá todo o espírito navideño que precisamos.


                            BO NADAL DENDE O CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS!!!

14 de dec. de 2018

PILABOT

 O noso centro participa no Concurso Pilabot que promove a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec.

 Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas, polo que solicita axuda.
 Na entrada podedes depositar, previo pesado, nun contedor as pilas de forma colectiva. O alumnado levará unhas caixas individuais para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. 

A Reciclar, a reutilizar e a reducir!!!

MARIE CURIE

   O alumnado de 5º de infantil fixo a presentación do seu traballo sobre Marie Curie.




AUTORES EN BUEU

Nos próximos días teremos en Bueu varias presentacións de libros:

-Venres 14: JUAN GÓMEZ-JURADO. Autor tamén de literatura xuvenil. Na biblioteca temos varios libros de Alex Colt.

 - Sábado15: LUIS DAVILA firmará os seus libros na librería Miranda


- Mércores 19: "Música no faiado" de MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ. Presentación na sala Amalia Domínguez Búa.

ANIMÁDEVOS A ASISTIR!!!

13 de dec. de 2018

TEATRO E PINTURA

    "A GALIÑA AZUL" de Carlos Casares foi a obra que o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foron ver a Pontevedra. Foi xenial!
Aproveitaron a saíada para unha visita a exposición de Goya e Dalí. Para rematar cun taller de pintura no café Moderno.







CONTACONTOS

   Para celebrar o día dos dereitos humanos cos máis pequenos, nenas de 3º de primaroa escolleron contos que falan de dereitos fundamentais da infancia: FAMILIA e XOGAR.
    CARLOTA E SABELA  LERON "CLARA TIENE UNA GRAN FAMILIA". NEVES, CANDELA E LUCÍA "EL AMIGO PERFECTO"



70 ANOS DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

   Alumnado de 5º e 6º de primaria participou nos festexos que o Concello de Bueu organizou para celebrar unha data tan sinalada.
   Un taller de papiroflexia para realizar as figuras, a elaboración dunha alfombra e a lectura dos artigos da declaración foron as actividades que compartiros os alumnos dos diferentes colexios de Bueu.
  TODOS OS SERES HUMANOS NACEMOS LIBRES E COA MESMA DIGNIDADE E DEREITOS...


10 de dec. de 2018

CRIMINOLOXÍA E CRIMINALÍSTICA

  Para rematar o Mes da Ciencia, tivemos unha desmostración práctica. Lupita A. Coss, criminóloga e criminalista mexicana, amosounos de xeito práctico o seu traballo.
  De forma interactiva, alumnado do colexio, disfrutou dos métodos que a Policía Científica pon en práctica para resolver os casos.
  Ciencia ao servizo da seguridade cidadán.



MOITÍSIMAS GRAZAS POR UNHA ACTIVIDADE XENIAL, LUPITA.!!!

3 de dec. de 2018

GOZAMOS ESCOITANDO MÚSICA

   Esta semana rendemos homenaxe a  AINHOA ARTETA, coa canción  " SHE ".


   Ainhoa Arteta Ibarrolaburu,  a súa afección á música iníciase á temperá idade de cinco anos ao escoitar por vez primeira un disco de Maria Calas. O seu debut operístico tivo lugar nos noventa en Estados Unidos. Da súa intensa actividade destaca o seu recital na Casa Branca.

                                       DISFRUTADE COA MÚSICA¡¡¡¡