Amosando publicacións coa etiqueta PDI imaxinARTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI imaxinARTE. Amosar todas as publicacións

27 de xuño de 2023

Premio para Luís Davila!

 Luís Davila, o noso veciño de Cela, recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo pola defensa da nosa lingua e a nosa cultura a través do humor gráfico.

Luís Davila é deseñador gráfico, ilustrador, pintor e viñetista. Coñecido, especialmente, polas súas viñetas de "O Bichero". 


Parabéns por este recoñecemento!

13 de xuño de 2023

Creamos con... Leonardo Rial


O xoves 8 de xuño realizamos un obradoiro creativo coa técnica de gravado con Leonardo Rial Otero no seu Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea en Vilariño.


Con anterioridade, na clase, gravamos sobre cartóns de leite os nosos debuxos.

Un gravado é unha obra artística que se realiza ao transferir unha imaxe desde un ferro ou matriz sobre unha lámina de papel aplicando presión ao papel e a matriz. Esta técnica permite realizar múltiples copias da mesma imaxe impresa como unha edición limitada e numerada. Polo xeral, os gravados colócanse nunha prensa onde se aplica a presión necesaria.










Grazas a Leonardo e ás suás colaboradoras por este fantástico obradoiro artístico!

A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cangas acolle ata o 16 de xullo unha exposición de gravados da Mostra do Primeiro Mini Print Internacional Galicia adicado ao Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel.

3 de xuño de 2023

As Familias Contan... Teatro con Elena, Noa, Violeta e Lois

 Noelia e Ángeles son as mamás de Elena e Noa, respectivamente, escribiron e deseñaron unha obra de teatro musical titulada ARTISTAS que representaron o venres 2 no noso salón de actos para todo o alumnado e un grupo de convidados especiais, entre eles, Luis Davila e a súa familia.

Artistas é un percorrido musical pola biografía de catro creadores plásticos: Maruja Mallo, Frida Kahlo, Margaret Keane e Luis Davila representados por Elena, Violeta, Noa e Lois.

Excelentísima obra con adaptacións musicais impresionantes. Pasión, enerxía, orixinalidade e marabillosas actuacións... 

A VIDA É PURO TEATRO! 

VIVA O TEATRO!



Mil grazas por compartir arte e tempo con nós!

27 de mar. de 2023

Arte floral!

A ANPA Cabo Udra, coa colaboración do Colectivo Independente de Alfombristas de Bueu, elaborou na entrada do centro unha alfombra floral  para promover a paz no mundo. Empregaron elementos vexetais, cunchas...

Esta actividade forma parte de Flowers of Peace, iniciativa internacional promovida pola Asociación Nacional das Infiorate Artísticas, Infioritalia, en colaboración coa Asociación Nacional Ciudad de la Infiorata (Italia).

O proxecto nace dunha idea de Eduardo Carbone, experto mundial en alfombrismo, e consiste na elaboración dun tapiz. O boceto, común a todos os colectivos que se unan a iniciativa, é  co símbolo da paz e unhas dimensións mínimas de 1m x 1m que poderá ser personalizado insertando o nome do pobo que o realizou.


 Parabéns por participar nesta iniciativa artística e solidaria!

21 de dec. de 2022

Calendario colaborativo anual 2023: Pablo Picasso

 Xa podedes gozar do calendario colaborativo anual adicado a Pablo Picasso, xa que no ano 2023 conmemórase 50 anos do seu pasamento. Foi ilustrado con interpretacións libres de cadros do artista por todo o alumnado do colexio.

Podedes mercalo na secretaría do centro ou en calquera libraría do noso concello.

As imaxes dos cadros de Picasso foron utilizadas con fins estrictamente educativos. Si calquera dos seus contidos está suxeito a dereitos de autor, rogamos que nolo fagades saber para poder retiralos axiña. 












Feliz e próspero 2023!
 

16 de set. de 2022

Somos artistas!

Este curso o novo Proxecto Documental de centro versará arredor das Artes Plásticas e a súa relación con outras ciencias, co nome de imaxinARTE. 

Estades preparados e preparadas pois... 

Todo o que poidades imaxinar é real! (Pablo Picasso)