Unha vez máis, este venres gozamos dos acompañamentos lectores.
Hoxe foi unha lectura chuviosa!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Para conmemorar o Día do Libro saímos a ler ao patio, todos e todas, pequenos e maiores, durante o tempo da Hora de Ler.
Foi unha marabillosa Hora de Ler ao Sol!
Durante este mes de abril, mes dos libros a nosa bilioteca convértese nun fervedoiro de actividades coa gran axuda dos voluntarios e voluntarias.
Expositores de libros diferentes, de imaxes, tacto, realidade aumentada... polos corredores.
Actividade colaborativa de escritura creativa: Cal é o teu personaxe de libro favorito? debuxo e breve descrición do personaxe principal do seu conto favorito.
Familias, co gallo do Día do Libro, estades convidadas o luns 24 de abril a gozar dunha tarde de xogos e lectura na biblioteca de 16,00h a 17,30 h!
Esperámosvos!
Abril, mes dos libros!
O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro.
A orixe desta celebración remóntase a principios do século XX.
O 23 de abril de 1616 faleceron Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, e noutros 23 de abril tamén naceron ou morreron outros escritores eminentes da literatura universal. Por ese motivo a UNESCO decidiu homenaxear aos libros e aos seus autores e autoras nesta data simbólica e poñer en valor a lectura como motor de progreso social e cultural das persoas e dos pobos.
Para festexalo realizaremos diversas actividades:
Abril, mes dos libros!
O próximo 23 de abril celébrase, en todo o mundo, o Día Internacional do Libro.
A orixe desta celeberación remóntase a principios do século XX xa que o 23 de abril de 1616 faleceron Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, e noutros 23 de abril tamén naceron ou morreron outros escritores eminentes da literatura universal. Por ese motivo a UNESCO decidiu homenaxear aos libros e aos seus autores e autoras nesta data simbólica e poñer en valor a lectura como motor de progreso social e cultural das persoas e dos pobos.
Para festexalo, esta semana, escoitaremos ao grupo Migallas cunha canción do seu libro-disco “Canta Connosco!”, ilustrado por Óscar Villán titulada “O libro máxico”.
Imaxínate voando nunha alfombra... Imaxínate que eres un astronauta... Todo pode suceder si abres un libro...
Anímate e ven pola biblioteca!
Hoxe celébrase o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.
A Asesoría de Bibliotecas Escolares ven de publicar un díptico cun texto de Xosé Ballesteros:
"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"
Que semana tan emocionante, Día da Terra, Día do Libro!
Os voluntarios e voluntarias lectoras de 6º dramatizaron "A ÁRBORE DA ESCOLA", escrito por Antonio Sandoval, editado por Kalandraka. Precioso libro que unifica o amor pola Natureza e os libros.
As familias e o personal non docente estiveron con nós virtualmente a través dunha CONEXIÓN BIBLIOTECA especial DÍA DO LIBRO.
PORTADAS DE LIBRO!
As nenas e nenos de 1º representan portadas de libro:
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!