29 de mar. de 2019

RECREO INCLUSIVO

Que día tan fermoso para rematar marzo!
Gozamos de moitas conmemoracións especiais: Día da Muller, da Poesía. das Árbores, da Auga, do Teatro, Semana da Prensa, empezou a primavera e hoxe foi un día moi especial no patio...











E... xa chega ABRIL...

28 de mar. de 2019

VISITA DA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU

Hoxe, recibimos a visita  da Asociación de Alfombras de Bueu.
https://www.facebook.com/pages/category/Community-Organization/Asociaci%C3%B3n-Alfombras-Bueu-659429704166632/

Na Biblioteca explicáronnos a orixe da tradición dos tapices florais que se iniciaron na Idade Media. En Bueu hai unha reportaxe que as recolle no ano 1913.

Visualizamos lugares onde tamén son tradicionais e as que eles realizaron en diferentes partes do mundo: no Vaticano, en Bruselas...

Partindo das ilustracións de instrumentos musicais do conto "A banda de Vilacendoi" escrito e ilustrado por Xulio Gayoso, editado por Kalandraka, elaboramos fermosos tapices con diferentes materiais: cáscaras, café... Foi un traballo colaborativo moi fermoso!

















MOITAS GRACIAS POR  ESTE TRABALLO COLABORATIVO!

21 de mar. de 2019

MARZO CON M DE MULLER E DE POEMA

MARZO CON M DE MULLER E DE POEMA
TETRAEDRO. JORGE LOIRA
Hoxe é 21 de marzo, DÍA DA POESÍA o noso cole está cheo de recunchos con poemas.
Recibimos unha visita moi especial MARÍA LOIRA, como científica e como lectora de poemas do seu irmán JORGE LOIRA http://jorgejloiragago.com/
Conversamos sobre o seu traballo como odontóloga, a importancia de falar varios idiomas, o que significou para ela formar parte da Academia de Ciencias Ramón y Cajal e de POESÍA, sobretodo da escritas polo  seu irmán. Contounos que os seus versos  nacen das experiencias cotidianas, do día a día. 
Recitamos fragmentos da súa obra TETRAEDRO. Un voluntario recitou "Pepitas de Luz" . Jorge foi amigo de Gonzalo Torrente Ballester, que incluso chegou a dicir que deixou un posto vacante na literatura española.








O alumnado de 4º de Primaria realizaron un fermoso traballo sobre a poesía e a pintura de Jorge Loira e entrevistaron a María.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE DÍA TAN ESPECIAL CON NÓS!


20 de mar. de 2019

MULLER PREMIO ABEL DE MATEMÁTICAS

  Unha muller gaña o premio ABEL de Matemáticas!!!

A estadounidense Karen Uhlenbeck gaña o Premio Abel polas súas revolucionarias investigacións na intersección co mundo da física.

Karen Uhlenbeck, profesora emérita na Universidade de Texas en Austin (Estados Unidos), convertiuse na primeira muller en recibir o Premio Abel, considerado o Nobel das Matemáticas.

 “Me dijeron que nadie contrataba a mujeres, porque las mujeres debían estar en casa y tener bebés”, recuerda Uhlenbeck de su juventud.

Le a noticia:  https://elpais.com/elpais/2019/03/19/ciencia/1552992900_461327.html

15 de mar. de 2019

SEMANA DA PRENSA

   Sorpresa! Iniciamos a  Semana da Prensa, sendo nós noticia. Somos gañadores, xunto con outro cole, da fase provincial dun concurso da ONCE, que recoñece o traballo inclusivo durante o tempo de recreo.





    Tamén atopamos fotografías de alumnado do centro e familias desfilando no ENTROIDO cos disfraces confeccionados nas diferentes titorías.
.


   Cada curso durante esta semana, traballou con xornais nas aulas de diferentes maneiras: coñecendo as seccións, resumindo noticias, redactando con linguaxe periodística.
 Unha iniciativa, con moito éxito este curso, é a levada a cabo por unha titoría que len diferentes xornais todos os días.
 Como exemplo a seguinte presentación:



13 de mar. de 2019

"MEMORIA DO SILENCIO"

O martes 12 de marzo, no club de lectura de adultos,  tivemos o pracer de estar conversando con Eva Mejuto da súa última novela "Memoria do silencio", editada por Xerais.
Foi unha conversa moi interesante, falamos da investigación levada a cabo para crear historias, das irmáns Touza, da primeira directora de orquestra holandesa Frieda Belinfante, da estructrua da novela, do que podemos chegar a facer as persoas... foi moi didáctica e divertiva.
 Rematamos a sesión degustando uns melindres...



MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR ESTA TARDE CON NÓS!!
(Máis información no apartado de Club de Lectura de Adultos)

11 de mar. de 2019

LÚA

  Bo día, esta semana seguimos coas audicións na entrada do cole, poderemos escoitar a canción que tanto nos gusta LÚA, incluída no libro disco XIQUI XOQUE, FIU FIU, María Fumaça, Editorial Galaxia, 2014.


GOZADE COA MÚSICA¡¡¡

8 de mar. de 2019

BIBLIOFAMILIAS

Este ano, como novidade, na entrada do centro están a disposición de todas as familias unha pequena biblioteca con bibliografía arredor de temas, pensamos, do voso interese: trastornos do sono, vacinas, enuresis, intelixencias múltiples...
Podedes pasar e realizar o autoempréstito.
Tamén gustaríanos ter un banco de libros da vosa propiedade para intercambio tanto de temas relacionados coa familia como libros noutros idiomas.
Desexamos que esta iniciativa sexa do voso interese!
Animádevos a participar!


7 de mar. de 2019

DÍA DA MULLER 2019

Xa iniciamos marzo, mes especial, Marzo con M de MULLER, primaveral, poético...
Na estantería da entrada podedes disfrutar de libros relacionados coa IGUALDADE
No expositor tendes información de catro mulleres de Bueu: María Mundín (A Mundina), Amalia Domínguez Búa, Matilde Bares e Mª Eugenia Bolívar. 
 Animádevos a buscar no mapa do Concello lugares vinculados a elas! 









Visualizamos as películas "Figuras ocultas" en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e "BRAVE" en Infantil para poñer en valor a intelixencia e o valor das mulleres.