31 de out. de 2022

Minutos musicais!

Esta semana, que empeza coa noite de  Samaín, escoitaremos "A DANZA MACABRA" do compositor francés Camille Saint-Saëns.

Camille Saint Saëns, inspirado nunha antiga lenda, compón un poema sinfónico basado no poema homónimo de Henri Cazalis, que narra como o Día de Defuntos a morte levántase do inframundo tocando o violín para danzar ao longo de toda a noite cos demais mortos e ao amencer, co canto do galo (interpretado polo óboe) volven as súas tumbas. 


A gran pintora mexicana Frida Kahlo está moi relacionada coa figura da catrina. 

O día de Defuntos, 2 de novembro, celébrase en México dun xeito moi especial, con flores, velas, comida... Está declarado como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade desde o ano 2008. 


"Autorretrato con collar de espiñas e colibrí"

Representación de Frida Kahlo con catrina de Enrique Pacheco:


Feliz semana!


29 de out. de 2022

Premio Nacional de Narrativa 2022

 O Premio Nacional de Narrativa 2022 foi concedido a Marilar Aleixandre, unha científica madrileña que escribe en galego, polo seu libro "As malas mulleres".

Novela histórica sobre a situación no cárcere de mulleres durante o século XIX.  Esta é a historia dunhas mulleres que se axudan unhas a outras.

Parabéns!





27 de out. de 2022

OBRADOIRO DE ESCRITURA

 Os nenos e nenas de 3º de Primaria, despois de ver e escoitar moi atentamente o conto  O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS de Oliver Jeffers, escribiron as súas propias adaptacións deste libro.

Foi moi divertido! Canta creatividade!








23 de out. de 2022

Día das Bibliotecas

 O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS baixo o lema "BiblioTEcoida"


Durante a Hora de Ler gozamos de moitas sorpresas na Biblioteca!

 Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria visualizamos unha curta do conto "O incríble neno devorador de libros", escrito por Oliver Jeffers contado por antigos alumnos e alumnas e actualizada polos nenos e nenas de 6º de Primaria.



En 4º, 5º e 6º de Primaria vimos a premiada curtametraxe: "Os fantásticos libros voadores do Señor Morris Lessmore"


O cine é a sétima arte porque suma varias expresións artísticas: música, danza, artes plásticas... 






Estade moi atentas e atentos haberá máis sorpresas...


Minutos musicais!

Nesta semana de Samaín escoitaremos a canción do grupo Mamá Cabra O SAMAÍN, do seu disco "Patatín, Patatán".

Cabazas, bruxas, morcegos, pantasmas, monstros, zombis, esqueletos... estades preparados e preparadas para pasar MOOOOITO MEDOOO?


(Vídeo elaborado pola biblioteca do CEIP Mestres Goldar. Grazas por compartir!)

Estamos esperando polas vosas creacións terroríficas con cabazas, follaco, materiais reciclados... 

Todo é posible coa vosa creatividade!

"TODO O QUE POIDA SER IMAXINADO, É REAL" , frase de Pablo Picasso.

O proxecto deste curso titúlase imaxinARTE, relacionando as Artes Plásticas e todas as Ciencias.


Coñeces este cadro pintado ao óleo? A que dá moito medo?

Acertaches, trátase de O BERRO pintado ao óleo polo artista noruegués Munch en 1893. Podes atopalo no Museo Nacional de Noruega.

Feliz e terrorífica semana!

 

17 de out. de 2022

17 de outubro: Día das Escritoras

O alumnado voluntario de 6º de Primaria, durante a Hora de Ler, realizou unha lectura en voz alta de libros ou capítulos escritos por escritoras por todas as aulas do centro.








Engalanáronse diferentes lugares da localidade con textos de autoras:

Mil grazas pola vosa atención!👏

Anímate a escribir, dentro de ti hai unha gran escritora ou un gran escritor! ADIANTE!

16 de out. de 2022

Minutos musicais!

Durante esta semana escoitaremos unha versión da canción popular  A saia da Carolina, Carolina de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Anímaste a cantar e a bailar?


Representación escultórica de Carolina, esculpida por Besada, medidas 140x30x43, protagonista dunha coñecida canción popular galega:

«A SAIA DA CAROLINA
TEN UN LAGARTO PINTADO
CANDO A CAROLINA BAILA
O LAGARTO DALLE Ó RABO…»

FELIZ SEMANA!

Día das escritoras 2022

O luns 17 conmemórase o Día das Escritoras, por ese motivo temos expositores con libros espallados por todo o centro e os voluntarios e voluntarias lectoras de 6º de Primaria sorprenderánnos cunha actividade durante a Hora de Ler. 


Un ano máis, sumámonos á iniciativa da Biblioteca Nacional de España para reivindicar o legado das mulleres escritoras ao longo da Historia.

Este ano 2022 dáse a feliz coincidencia de que o Premio Nobel de Literatura foi concedido á escritora francesa Annie Ernaux e as galardoadas co Premio Planeta (un dos máis importantes premios literarios en castellano) son as escritoras Luz Gabás, gañadora, e Cristina Campos, finalista.



14 de out. de 2022

Visita de Os Bolechas!

Dos libros á nosa biblioteca!

Os Bolechas visitáronnos para festexar a apertura deste curso da biblioteca, por xentileza da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Gozamos coa visita duns personaxes creados por Pepe Carreiro que saíron dos seus libros aos diferentes ámbitos culturais de Galicia.

Grazas por compartir con nós tempo, lecturas e xogos!



10 de out. de 2022

Minutos musicais!

Esta semana escoitaremos o tema musical "Somewhere only we Know" de Lily Allen da película The Little Prince (2015) baseada no libro O Principiño escrito por Antoine de Saint Exupéry no ano 1943.

No Principiño podemos ler: "O esencial é invisible para os ollos. Só se pode ver ben co corazón"... fermosísima parábola.

No catálogo da biblioteca podes atopar diferentes adaptacións deste fermosísimo libro.

Este libro está fermosamente ilustrado con acuarelas pintadas polo propio Saint-Exúpery.


A partir de hoxe xa podedes facer préstamo e gozar na biblioteca durante os recreos!

FELIZ SEMANA!


5 de out. de 2022

Os Bolechas: presentación

Os nenos e nenas voluntarias de 6º explicaron por todas as aulas quen son Os Bolechas. Creados no ano 2000 por Pepe Carreiro, ilustrador e debuxante galego.




Moitas grazas pola vosa atención! 

Seguide moi atentos e atentas porque pode haber algunha sorpresa!


 


 

2 de out. de 2022

Minutos musicais!

O outono xa está aquí!

Cambiamos de estación, xa non fai tanto calor, empezou a chover, os días son un pouquiño máis curtos e as noites máis longas...

Esta semana gozaremos coa audición dun concerto para violín e orquestra, titulado OUTONO que pertence a obra de As CATRO ESTACIÓNS, compostas por Antonio Vivaldi, compositor e violinista italiano.


Visualiza este corto de Disney:


imaxinARTE

Esta pintura de Giussepe Arcimboldo, OUTONO, pertence aos catro cadros adicados ás Estacións,  personificación con produtos típicos desta época. A cara está formada por peras e mazás, o queixo é unha granada, a ourella é un cogumelo cun pendiente que parece un figo, os labios e a boca están formados por castañas, o cabelo por un racimo de uvas e a parte superior por unha cabaza.


 

 FELIZ SEMANA!