O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizou diferentes experiencias no BiblioLab aplicando o Método Científico.
Visita o blog de Primaria para ler a noticia:
http://primariamontemogos.blogspot.com/2019/11/continuamos-con-experiencias.html
Nós somos unhas auténticas científicas e uns auténticos científicos!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
29 de nov. de 2019
EXPERIMENTOS NO LABORATORIO
28 de nov. de 2019
SEMANA DA CIENCIA
Esta Semana da Ciencia recibimos a visita no colexio de familias de Infantil e Primaria para realizar experimentos no laboratorio.
Foi unha experiencia divertida e fascinante chea de CIENCIA.
MOITÍSIMAS GRACIAS ÁS FAMILIAS E O ALUMNADO POLA SÚA PARTICIPACIÓN E INTERESE.
Máis información e fotos nos blogs de Infantil e Primaria:
http://primariamontemogos.blogspot.com/2019/11/novembro-mes-da-ciencia-na-biblioteca-e.html
http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2019/11/ciencia-divertida.html

CULTURGAL 2019
A 12ª edición de Culturgal dará comezo o vindeiro venres 29 de novembro. Unha morea de actividades pensadas para o disfrute de toda a familia.
25 de nov. de 2019
25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA
Hoxe conmemoramos no centro o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Ás 12.00 horas o alumnado de 6º de Primaria leu o Manifesto contra a VIOLENCIA diante do mural coas mensaxes: DILLO A QUEN MALTRATA
A continuación, realizamos unha MARCHA SILENCIOSA arredor do centro.
O alumnado maior do centro visualizou a película FIGURAS OCULTAS.
Lemos libros.
MOITAS GRACIAS ÁS FAMILIAS, O ALUMNADO POR PARTICIPAR NAS INICIATIVAS

24 de nov. de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana entramos ao cole coa canción QUE NADIE, de Manu Carrasco e Malú, para decir ben alto NON Á VIOLENCIA.
" Sé forte para que ninguén che derrote, se nobre para que ninguén che
humille, se humilde para que ninguén che ofenda, e segue sendo ti para que ninguén che esqueza".
22 de nov. de 2019
SEMANA DA CIENCIA
PREGUNTA DA SEMANA
Le a noticia desta semana 200 ANOS DO MUSEO DO PRADO e responde:
-TÍTULO DUNHA OBRA QUE ESTÉ NO MUSEO DO PRADO QUE CHE GUSTE.
-TÍTULO DUNHA OBRA QUE ESTÉ NO MUSEO DO PRADO QUE CHE GUSTE.
Contacontos: ADA MAGNÍFICA, CIENTÍFICA
Hoxe, na biblioteca, Neves, Anxo, Candela, Sabela, Carlota, Sheila, Lucía e Yoel de 4º de Primaria contaron e dramatizaron o conto: ADA MAGNÍFICA, CIENTÍFICA.
Historia moi apropiada para este MES DA CIENCIA, que nos da a coñecer a dúas científicas Ada Lovelace e Marie Curie e nos fala do MÉTODO CIENTÍFICO.
Magnífica posta en escea.
Historia moi apropiada para este MES DA CIENCIA, que nos da a coñecer a dúas científicas Ada Lovelace e Marie Curie e nos fala do MÉTODO CIENTÍFICO.
Magnífica posta en escea.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA REPRESENTACIÓN E A VOSA ATENCIÓN!!
21 de nov. de 2019
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA
19 de nov. de 2019
20 de NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
O 20 novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal do Neno e da Nena, que cada ano lembra a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989. Este 2019 coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).
Consulta o catálogo da Biblioteca para prestar materiais sobre este tema.
ENCONTRO INTERXERACIONAL
Hoxe foi un día moi especial, recibimos a visita das persoas integrantes do Taller de Memoria para asistir á representación teatral da obra "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" por 6º de Educación Infantil e realizar unha sesión de encontro interxeracional con xogos co Bee-Bot, oca, quebracabezas, magformers,...
MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS!!!
200 ANOS DO MUSEO DO PRADO: María Isabel de Braganza
O Museo do Prado, en Madrid, cumple hoxe 200 anos. Foi inaugurado o 19 de novembro de 1819, fundado por MARÍA ISABEL DE BRAGANZA reunindo pinturas da colección real.
É unha das pinacotecas máis importantes do mundo.
É unha das pinacotecas máis importantes do mundo.
18 de nov. de 2019
CALENDARIO 2020
Xa está aquí o calendario 2020!
Traballo realizado cooperativamente polo alumnado do centro sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Desexamos que vos guste.
Traballo realizado cooperativamente polo alumnado do centro sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Desexamos que vos guste.
15 de nov. de 2019
PREMIO CERVANTES
O poeta catalán Joan Margarit gañou o Premio Cervantes 2019, o galardón máis importante das letras en español que concede o Ministerio de Cultura. Está considerado como o Nobel das letras hispánicas, será entregado o 23 de abril, Día do Libro.
Le a noticia pinchando no nome do poeta e responde:
Como se chama o poeta catalán gañador do Premio Cervantes?
Le a noticia pinchando no nome do poeta e responde:
Como se chama o poeta catalán gañador do Premio Cervantes?
MAGOSTO 2019
Hoxe foi un día especial onde compartimos xogos e castañas todo o alumnado do cole máis os voluntarios do centro XOÁN XXIII de Cangas, que exerceron de magníficos monitores e monitoras dos xogos: futbolín de man e fútbol pa, labirintos, a chave, pesca, zancos, paradisco, escalada , hoquei, a ra, a castaña por detrás, aros e birlos, minizancos, torre xigante,...
Resultou unha xornada moi enriquecedora e divertida.
Resultou unha xornada moi enriquecedora e divertida.
"O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS"
O alumnado de 6º de Infantil dramatizaron o conto: "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS" escrito por Iago López, ilustrado por Macus Romero e publicado en Xerais.
Son unhas magníficas e magníficos actrices e actores.
PARABÉNS POLA VOSA REPRESENTACIÓN E POLO VISTOSO ATREZO!
Máis fotos no blog de Infantil
Son unhas magníficas e magníficos actrices e actores.
PARABÉNS POLA VOSA REPRESENTACIÓN E POLO VISTOSO ATREZO!
Máis fotos no blog de Infantil
COORDINADORA PARA O ESTUDO DOS MAMÍFEROS MARIÑOS-CEMMA
O mércores 13 de novembro tivemos a visita de dous biólogos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) que nos explicaron a diversidade de especias que viven na nosa costa, dos ecosistemas, das artes de pesca, de peixes, das tartarugas, das baleas e sobretodo dos arroaces xa que na praia de Area de Bon apareceron varados dous cetáceos.
CEMMA é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación e a recuperación de animais feridos.
CEMMA é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación e a recuperación de animais feridos.
MOITAS GRAZAS POLA CONCIENCIACIÓN E EXPLICACIÓNS!
11 de nov. de 2019
AUDICIÓN DO MAGOSTO
Esta semana celebraremos en moitos lugares e por suposto no noso cole O MAGOSTO. Ide practicando este RAP, de Paco Nogueiras que tanto nos gusta!!!
8 de nov. de 2019
MARGARITA SALAS, CIENTÍFICA
A bioquímica Margarita Salgas (Canero, Asturias, 1938), faleceu en Madrid aos 80 anos.
Foi unha das maiores científicas españolas do século XX.
Investigadora do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, en Madrid, Salas seguía traballando no seu laboratorio. "Non concibo a vida sen investigación”, sinalou Salas ao recoller o pasado xuño en Viena o Premio Inventor Europeo concedido pola Oficina Europea de Patentes e Marcas.
Entre os logros da súa carreira, Salas conta co descubrimento da ADN polimerasa do virus bacteriófago phi29, que ten unha aplicación crucial en biotecnoloxía: permite amplificar o ADN de maneira sinxela, rápida e fiable. Por iso úsase en medicina forense, oncoloxía e arqueoloxía, entre outras áreas. Esta tecnoloxía foi ademais a patente máis rendible do CSIC.
https://www.csic.es/es/actualidad-del-csic/fallece-margarita-salas-una-de-las-mayores-cientificas-espanolas-del-siglo-xx
PREGUNTA:
NOME DO CIENTÍFICO ESPAÑOL, GAÑADOR DUN PREMIO NOBEL, CON QUEN TRABALLOU MARGARITA SALAS.
(Non esquezas responder como si fora un comentario. Pon o teu nome)
7 de nov. de 2019
MÉTODO CIENTÍFICO
No inicio deste mes de novembro, MES DA CIENCIA, o alumnado voluntario da Biblioteca, explicou polas diferentes titorías que é a CIENCIA e o MÉTODO CIENTÍFICO.
MOITAS GRACIAS POLAS VOSAS EXPLICACIÓNS!
CONTACONTOS: SOPA DE CALABAZA
Esta mañá Leyre, Sabela, Elena e Iria contáronnos na biblioteca o conto: SOPA DE CALABAZA, escrito por Helen Cooper, editorial Juventud.
Unha preciosa historia sobre a amizade, o compromiso e a superación dos problemas e as diferencias con tres amigos como protagonistas e a súa sopa de calabaza.
Unha preciosa historia sobre a amizade, o compromiso e a superación dos problemas e as diferencias con tres amigos como protagonistas e a súa sopa de calabaza.
PARABÉNS POLA VOSA LECTURA!
5 de nov. de 2019
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Como sabedes Novembro é o mes da CIENCIA nas nosas bibliotecas. E por iso esta semana imos entrar ao son dunha canción do grupo COLDPLAY, chamada THE SCIENTIST.
TOLEADE COA CIENCIA!!!
4 de nov. de 2019
PILAR PALLARÉS: PREMIO NACIONAL DE POESÍA
A poeta galega Pilar Pallarés, recibiu o PREMIO NACIONAL DE POESÍA, coa súa obra "TEMPO FÓSIL" na que reflexiona sobre a pérdida, o derribo da casa familiar en Culleredo, a emerxencia climática que sofre o planeta e o drama dos refuxiados.
Noraboa!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)