Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

26 de xan. de 2024

Regala palabras para a paz!

Ven, colle un papel e escribe PALABRAS pola PAZ! Leva a que necesites!

Porque a paz constrúese cada día con fermosas palabras, pequenos xestos, saudando, axudando, sorrindo, con amabilidade, xenerosidade, empatía, escoitando...


Visita a biblioteca ou o recuncho de lectura da entrada con bibliografía seleccionada polas voluntarias da biblioteca e relacionada coa Paz e Non violencia.






2 de feb. de 2023

Escritura e arte pola PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Non Violencia e a Paz con diferentes actividades.
Recreamos diferentes cadros de forma individual cada un cunha mensaxe de paz. Ao rematar o día cada un de nós levou para casa un cadro repartidos de forma aleatoria.
 

 
De xeito colaborativo cada titoría reproduciu un dos cadros e escribiu preciosas e creativas mensaxes de paz colectivas ilustradas libremente para o acto conmemorativo.

Para rematar bailamos todos xuntos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra con música de Leroy Anderson (O reloxo sincopado). Todos aprendemos a súa fermosa letra.

31 de xan. de 2022

CONTACONTOS POLA PAZ

 O alumnado de 6º seleccionou entre a bibliografía da Paz diferentes historias para contar a todas as titorías no seus espazos.

Foi unha HORA DE LER diferente e moi divertida!

Como nos gusta escoitar historias!



Está nas túas mans que a violencia desapareza! 

Máis no blog de Infantil.

28 de xan. de 2022

Día da Paz e Non Violencia!

 Hoxe celebramos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E NON VIOLENCIA que cada 30 de xaneiro desde 1964 conmemora a morte de Mahatma Gandhi.

Gandhi foi un pacifista que defendeu a non violencia e o diálogo.

Como el dixo 

"NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO"

Pero... que é a paz?

O alumnado de 6º de Primaria compartiu un mural onde explicaron o seu significado.

A PAZ É RESPECTAR E AMAR!

 

Relacionado co Proxecto documental deste curso: A MEMORIA DO NOSO, bailamos e cantamos  todos xuntos a danza "O xogo da carrasquiña".


Todas as titorías decoraron con debuxos, palabras, frases... PARAUGAS DE PAZ. Están preciosos cubrindo a entrada do cole.


Coidemos a Paz, fomentemos o diálogo!

Goza coa lectura do álbum ilustrado "PALABRAS CON CORAZÓN", realizada polo alumnado de 6º de Primaria, escrito por Kate Jane Neal, editado en Cubilete (Bruño). Está a túa disposición na biblioteca.

Coas palabras dialogamos,

coas palabras sentimos,

coas palabras transmitimos,

as túas palabras teñen un gran poder!

A Biblioteca Escolar ten a palabra!

27 de xan. de 2022

Palabras con corazón!

A Biblioteca Escolar ten a palabra!

Coas palabras dialogamos,

coas palabras sentimos,

coas palabras transmitimos,

as túas palabras teñen un gran poder!

...

Escoita "PALABRAS CON CORAZÓN", unha lectura do alumnado de 6º de Primaria do álbum ilustrado que está a túa disposición na biblioteca, escrito por Kate Jane Neal, editado en Cubilete (Bruño).




 Preciosa lectura!



 

4 de feb. de 2021

PLANTANDO ÁRBORES!

Plantando árbores, sementando futuro!

Esta mañán, grazas a que o tempo deu unha tregua, plantamos todos os cursos árbores. 

En África unha árbore é un símbolo de PAZ. O venres os voluntarios e voluntarias de 6º déronnos a coñecer a unha gran muller chamada WANGARI MAATHAI: A MULLER ÁRBORE e o MOVEMENTO CINTURÓN VERDE. Ela dicía que todos temos que plantar unha árbore e coidar e repectar os bosques.

                                                                         
       

Sabedes que árbores plantamos?
Lede estes versos de Rosalía de Castro, conteñen unha pista :

"Vino unha mañán de orballo,
á mañecida,
durmindo ó pe dun carballo,
enriba da herba mollida."



MIL GRAZAS Á COMUNIDADE DE MONTES POR CONTRIBUÍR
NESTA PLANTACIÓN!
Agora toca agardar... observar... ter paciencia... 

2 de feb. de 2021

CANTANDO IMAGINE!

 Marabilloso traballo colaborativo arredor da canción de John Lennon con ilustracións de 4º de Primaria e voces de 3º, 5º e Brais de 6º.

Parabéns!

Visita o blog de inglés: The World of English Beluso.




30 de xan. de 2021

IV CONEXIÓN BIBLIOTECA: WANGARI MAATHAI: A MULLER ÁRBORE

Hoxe, venres 29 de xaneiro conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA .
O voluntariado de 6º preséntanos a unha muller excepcional: WANGARI MUTA MAATHAI durante a IV CONEXIÓN BIBLIOTECA co centro e coa comunidade educativa.

No ano 2004  concedéronlle o Premio Nobel da Paz por “a súa contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz”.
Foi a primeira muller africana e a primeira ambientalista en conseguir este galardón. Gran defensora dos Dereitos Humanos, o empoderamento das mulleres e do medio ambiente
Frases súas:
-"A maneira de promover a paz é promover a xestión sostible e a distribución equitativa dos recursos"
-"Cando plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e as sementes da esperanza"
-"A Natureza une as culturas do mundo"

Na biblioteca atoparás libros sobre a súa vida, incluso un feito no noso centro!

Goza con esta lenda africana narrada por Wangari Maathai: "Serei un colibrí"

MIL GRAZAS ÁS NENAS E NENOS VOLUNTARIOS POR ESTAR SEMPRE DISPOSTOS A COLABORAR!














28 de xan. de 2021

Debuxando IMAGINE

Gozade con estas fantásticas ilustracións realizadas por todo o alumnado da canción IMAGINE de JOHN LENNON e YOKO ONO.

Recordade que este ano cumple 50 anos!

Clickade na imaxe e disfrutade!

















FERMOSÍSIMAS!

27 de xan. de 2021

Conexión Biblioteca co IES Illa de Ons: Imagine

Hoxe, o alumnado de 6º de Primaria, realizou unha Conexión Biblioteca para dar a coñecer o libro Imagine (Ed. Flamboyant) ao alumnado do IES Illa de Ons, con motivo da celebración dos 50 anos desta canción, todo un símbolo da paz e da igualdade. 

Compartimos aquí a lectura do libro polo alumnado voluntario da biblioteca escolar.


Moitísimas grazas ao IES Illa de Ons por facilitar o contacto virtual entre o alumnado!




Mil grazas aos voluntarios e voluntarias por participar nesta iniciativa!

Máis información nos blogues do IES ILLA DE ONS e de English.



25 de xan. de 2021

SEMANA DA PAZ: 250 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE BEETHOVEN

 Nesta semana adicada á PAZ e con motivo do "250 Aniversario do Nacemento de Beethoven" o alumnado voluntario de 6º de primaria prepararon un traballo sobre o xenial músico e compositor alemán.

 Escoitade atentamente!


Beethoven compuxo a 9ª Sinfonía (1824),cando xa se atopaba completamente xordo, sendo unha das obras de música clásica máis recoñecidas da historia. Considerada un símbolo de fraternidade e igualdade , dende o ano 1985 é o Himno da Unión Europea e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 2001.

Deixámosvos un vídeo onde os nenos e nenas de 6º de primaria interpretan con metalófonos e carillóns a melodía do "Himno da Alegría" baseada  no cuarto movemento  da tamén coñecida como Sinfonía "Coral".


MOITÍSIMAS GRAZAS AOS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA!!


24 de xan. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 Esta semana, na que celebramos o "Día da Paz e non violencia" (30 de xaneiro), as audicións serán: o "HIMNO DA ALEGRÍA" baseado na 9ª Sinfonía de Beethoven, intepretado por Míguel Ríos, Ana Belén , Joan Manuel Serrat e Víctor Manuel  e "IMAGINE"  , canción que cumple 50 anos, xa que foi composta no ano 1971 por John Lennon, e que continúa a ser un himno da PAZ mundial.




FELIZ SEMANA e PAZ a TOD@s!!!


31 de xan. de 2020

DÍA DA PAZ 2020

Conmemoramos este día con diferentes actividades:
-O alumnado de 5º de Primaria presentou o seu traballo de investigación "AKAMASOA, A CIDADE QUE XURDIU DO LIXO. PEDRO OPEKA". En diferentes cursos realizaron pequenos traballos de investigación.


-Actividade colectiva, un mural con veleiros con mensaxes de YOU CAN CHANGE THE WORLD, TI PODES CAMBIAR O MUNDO.


-Cantamos  a canción de María Fumaça: O VELEIRO VERDE
-Exposición de Bibliografía:

TI PODES CAMBIAR O MUNDO!